Teatro
O grupo teatral O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, organiza a oitava edición da súa gala solidaria o día 7 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz. Neste acto representarán a súa comedia titulada A morte morrida.
“No grupo teatral O Centiño, de San Martiño, levamos xa moitos anos celebrando pola época do Nadal unha gala solidaria co gallo de recadar fondos para as persoas máis necesitadas. Representamos algunha das nosas obras ou ben convidamos a amigos doutros grupos teatrais para que participen connosco. A entrada a esta Gala é libre e no descanso da mesma pasamos unha cesta para recadar os donativos que os asistentes estimen oportuno dar. Deste xeito queremos demostrar que o teatro, ademais de ser unha arte, é unha forma de facer feliz á xente, tanto aos espectadores, que poden desfrutar dun bo rato...
leer másO Concello de Burela informa de que as entradas para as dúas funcións de 'Somos criminais e punto final' están case esgotadas. O novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegará á Casa da Cultura de Burela este sábado, día 30 de novembro, ás 20:30 e ás 23:00 horas.
As derradeiras entradas dispoñibles poden ser adquiridas na web ataquilla.com.
Será no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas. O elenco artístico está formado por: Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmi Nuñez e Sete Eiroa
Sipnose: Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que os viu crecer, a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar o futuro e a importancia do pasado farán visible un conflito xeracional e de pertenza ao lugar de onde vimos.
Noso é a nova peza teatral para adultas de Os Náufragos Teatro, unha dramedia familiar...
leer másEste sábado, día 30 de novembro o grupo Teatro do Miolo, de Lugo, representará a obra titulada Saíndo do cerco, na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.
O Concello de Alfoz anuncia que é “unha comedia para todos os públicos desenvolta cando Suso entra nun centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da súa vida, esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira da residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida”.
É unha representación incluída no Circuíto de teatro profesional da Deputación de Lugo 2024.
Este domingo, día 1 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros será representada a obra teatral “Novo Amencer” a cargo do grupo Achádego, de Lugo.
O Concello de Barreiros explica que “todas as persoas estamos un pouco perdidas, buscando algo ao que aferrarnos e que lle dea sentido as nosas vidas, o problema é que hai moitas opcións e non sempre escollemos a axeitada. Novo Amencer é unha comedia que pon o foco nas falsas crenzas, nos líderes de barro, na inocencia e naqueles que se aproveitan dela para o seu propio beneficio. Unha divertida crítica distópica ambientada nunha comunidade moi peculiar na que non hai ninguén normal, como na vida mesma”.
A entrada será de balde e ata completar aforo.
O Concello de Ourol quere poñer en marcha a creación e montaxe dunha obra de microteatro feita por nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. O prazo de inscrición para participar está aberto ata este venres, 29 de novembro.
Serán 8 sesións de traballo e unha sesión de representación ante o público (un período de 2 meses) con reunións para ensaiar unha vez á semana durante 1 hora aproximadamente.
O Concello de Ourol explica que “esta actividade está destinada a nenos e nenas empadroados no concello de Ourol de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. Será necesario para levar a cabo o proxecto contar cun mínimo de 6 persoas e un máximo de 14. Ademais debe adquirirse o compromiso de acudir a todas ás sesións incluída á de representación xa que se non será imposible levar a cabo...
leer másO luns, 25 de novembro ás 12:30 horas na Casa da Cultura do Concello de Valadouro, terá lugar a representación de O Pano, a cargo de Bátega Teatro como reivindicación e homenaxe da loita do 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
O Pano é unha montaxe multidisciplinar que abrangue o drama, o musical e mesmo a ciencia ficción. A autoría e dirección corresponden a Raquel L. Cendán.
Está dirixida especialmente a público adolescente. A actividade está subvencionada pola Área de Cultura de Deputación de Lugo
Sipnose
Celia habita un espazo atemporal que evoca o século pasado. Vende cogomelos no mercado e lixa caixiñas de madeira, gústalle sentir a súa suavidade porque contrasta coa dureza da súa vida. Casou moi nova, mais o seu matrimonio foi tóxico e difícil....
O actor Quico Cadaval actuará na Tarde de Contos e Outras Lerias que haberá no Teatro das Cortes, no Vicedo, este sábado, 23 de novembro. Con esta xornada, para a cal a entrada é de balde, rematará a programación deste ano.
As actividades empezarán ás 18:00 horas con “Ofrendas e diálogos co porco de pedra dos Andrade”. E ás 19:30 horas terá lugar a actuación de Quico Cadaval.
Esta xornada está organizada pola asociación cultural Volta e dálle e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Vicedo.
Este sábado, día 23 de novembro, na Casa de Cultura do Valadouro ás 19:00 horas terá lugar a representación da obra O auto do Castromil, de Manuel María, a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. A entrada é de balde.
O Concello do Valadouro explica que “esta peza acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espírito antroidesco”.
A obra O auto de Castromil está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por...
leer másMag Lari estará en Ribadeo o 15 de decembro co seu espectáculo Strafalari. Será no auditorio Hernán Naval ás 17 horas. As entradas xa están á venda en entradium.com
O seu humor, os seus números, o seu vestiario e a súa maneira de facer son as que dan nome a Strafalari. Trátase dun novo espectáculo de maxia, cargado de participación e grandes ilusións.
Mag Lari é ilusionista desde hai 30 anos. Actuou en teatros de toda España e tamén en festivais internacionais de maxia en Francia, Portugal, Alemaña, Suiza e Xapón. No ano 2016 abriu a súa propia escola de maxia en Barcelona para formar a novos talentos. Presentou durante dúas tempadas o programa Pura Magia, de TVE; dirixiu o programa Magic for Humans, de Netflix, e o espectáculo Nada es imposible, do Mago Pop, representado en Madrid, en Barcelona e proximamente en...
leer más