Teatro
O grupo teatral Sete Estrelas presentará a obra titulada Estrelamar no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este domingo, día 26 de xaneiro, ás 18:00 horas.
O prezo da entrada é de 2 euros e a recadación destinarase á excursión dos alumnos de 6º curso do colexio Landro.
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá sete representacións durante os meses de febreiro e marzo
O Concello de Viveiro presenta a programación do Teatro Pastor Díaz para os meses de febreiro e marzo de 2025, que comezará o propio día 1 de febreiro.
A primeira representación desta programación será 'Ándale! Bon appétit!' da compañía Ghazafelhos Teatro, unha comedia dirixida a a un público infantil a partir de 6 anos.
As representacións continuarán con ‘Desexo’ de Talia Teatro o 8 de febreiro, ‘As Gardiás’ de Teatro de Ningures o 15 de febreiro, ambas para público adulto.
En marzo será a quenda de ‘As formas do amor’ de Verdeveras o día 1, ‘A Cincenta que non quería comer perdices’ de Sarabela Teatro o 8, ‘O mundo máxico de Pinocho’ de Educa Teatro o 15, e ‘Los hombres que no mienten’ de Teatro Andanzas o 22.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández...
leer másA compañía teatral Elefante Elegante representará a obra titulada KYOKI este domingo, día 26 de xaneiro, en Ribadeo. Será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
O Concello de Ribadeo anuncia que “Elefante Elegante trae esta marabillosa obra onde os xestos, as cores e os obxectos falan do coidado ás persoas con demencia”.
KYOKI, que significa demencia en xaponés, é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.
O Concello de Trabada organiza un ciclo teatral con cinco obras. Empezará o día 1 de febreiro e rematará o 7 de xuño. Todas as representacións serán no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 21:00 horas sábados.
O programa é o seguinte: o día 1 de febreiro, grupo O Centiño coa obra A morte morrida; o 1 de marzo, A Adala de Fazouro con Unha morta moi viva; o 5 de abril, Trípode con A presa; o 3 de maio, Ardora con Aire fresco; e o 7 de xuño, O Batán con Promesas de galos.
O Cine Teatro Ribadeo acollerá un contacontos musical familiar este sábado, día 18 de xaneiro, ás 18:00 horas. De tal cuento tal astilla, que son Erica González e David Castro, presentarán El ladrón de bibliotecas. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos de idade.
“Unha tarde de risas e aprendizaxe para os peques da casa, colaborando coa viaxe de estudos do alumnado de 4º da ESO do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo”, anuncio o Concello ribadense.
O cómico Miguel Miguel presentará o seu novo show, titulado ¡Acojonado!, o venres 24 de xaneiro ás 21:00 horas no auditorio municipal de Burela. As entradas están á venda en Ataquilla.com.
O Concello de Burela anuncia que “Acojonado! é o novo show de Miguel Miguel, no que recupera todas as súas experiencias vividas en todos estes anos. É unha mestura do vivido, o que estamos a vivir, o que nos queda por vivir despois dos corenta e as principais consecuencias desta idade. Fala da mala sorte, dos problemas que ten agora a xente e os que tiña antes. Ser o pequeno de catro irmáns axudou moito a Miguel Miguel para sobrevivir cal ñu cruzando o Amazonas. Miguel Miguel está acolloado, e ti? Humor, risas, chistes e mesmo maxia dentro dun mesmo”.
Este domingo, 12 de xaneiro, volven os Seráns de Teatro, que organiza o Concello de Ribadeo.
O Grupo de Teatro A Adala Futura, de Fazouro, porá en escena Rosalía Café a partir das 19 horas na Escola de Vilaframil.
Mañá, sábado, a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho acollerá a presentación do libro Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo. No acto intervirán tamén Carlos Méixome Quinteiro e Mario López Rico. Esta actividade está organizada pola agrupación cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo.
O Grupo Humorístico Trípode representará a súa obra titulada A presa en Celeiro de Mariñaos, parroquia do concello de Barreiros, o día 18 de xaneiro, sábado.
Trípode Teatro anuncia: “convidados pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, visitaremos esta fermosa parroquia o vindeiro sábado 18 do presente mes de xaneiro para representar a nosa última obra, A presa. Será polas 20:00 horas no antiga escola da parroquia. Alí estaremos unha vez máis Melisa e Pitágoras, Pepita e Formigón, Amancio e Balbina, Greta e Bonifacio e a francesa Françoise, xunto coa nosa técnica de son Rocío. Pasaremos unha fermosa tarde de teatro en compañía de amigos. Unha boa maneira de pasalo ben xuntos. Grazas á Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos por convidarnos”.
O Concello de Cervo organiza unha viaxe para asistir a unha representación do Centro Dramático Galego en Santiago o día 17 de xaneiro, venres. Esta actividade forma parte da iniciativa Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego.
O autobús sairá da Casa do Mar de San Ciprián ás 14:00 horas, a función será ás 18:00 e a hora prevista para a saída desde Santiago é ás 20:00. O prezo da entrada é de 5 euros.
O Concello de Cervo anuncia: “lembrade que tedes que anotarvos para ir e podedes facelo chamando á Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57)”.
O humorista Roberto Vilar, natural do municipio de Xove, empezará en Viveiro a xira do seu novo espectáculo, titulado Continueixon, o día 25 de xaneiro, sábado. Será no Teatro Pastor Díaz ás 21:00 horas.
O novo show de Roberto Vilar para volver a xirar polos teatros galegos chega despois do éxito conseguido con Celebreixon. Continuexion é unha volta máis a ese show inicial onde as sorpresas e a música foron os protagonistas desta xira, sen esquecernos da comedia e do humor tan característico do protagonista, Roberto Vilar.