Teatro
O Concello de Cervo anuncia que o luns 30 de decembro “será máxico con Kiko Pastur. Ás 19:00 horas, na carpa instalada na Praza do Souto”.
É unha actividade incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo, que conta coa colaboración da asociación Airiños do Xunco.
O Concello do Valadouro anuncia a representación do espectáculo titulado Monstrólogo, de Trécola Producións, que é unha “comedia teatral con monicreques e moita risa. Unha gran eminencia no campo da monstroloxía anda de xira por Galicia para darmos a coñecer tipos, habilidades e curiosidades dos monstros. Sentímolos debaixo da cama, no fondo do pasillo, na auga da piscina ou na casa vella, pero se nos achegamos a mirar... Zas! Desaparecen! Iso é porque cando imos cara ao medo, este escapa e vaise”. Será o luns 30 de decembro ás 17:30 horas na Casa da Cultura.
É unha representación para público infantil e familiar e despois da función haberá pintacaras para as persoas asistentes.
Burela acolle o novo espectáculo dos Bolechas, titulado Cantares de Reis, na Casa da Cultura. Será o luns 30 de decembro ás 18:00 horas.
Está dirixido a un público familiar e a entrada é de balde.
A Pontenova acollerá este domingo, día 29 de decembro, unha representación da súa Escola Municipal de Teatro, que ofrecerá a obra titulada Como está o mercado!
Será ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
A compañía Ubú Teatro representará a obra titulada O vixilante dos soños en Burela este sábado, día 28 de decembro. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre.
É unha representación para público familiar a partir de 3 anos de idade con este argumento: “desde pequeno Sonólicus quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa senón que se converte apra sempre no vixiante do sono e dos soños infantís”.
Será a partir de las 20:30 horas. Los magos participantes serán Dani Polo, Luigi Ludus e Lola Mento.
Dani Polo (Galicia). De sobra conocido y uno de los magos más talentosos de España.
Dani recorre Europa con sus ilusiones y entre dos premios destacan el primer Premio en el concurso del Festival Internacional de Almussafes 2017, un Premio Nacional de Magia y diferentes menciones especiales por parte de las sociedades mágicas de Francia, Italia y Latinoamérica. Más tarde, en 2018, recibo en el congreso Mágico Nacional de Francia (FFAP) el premio Ali Bongo como mago joven revelación del año en Europa.
Luigi Ludus (Málaga). Luigi es uno de los magos infantiles más importantes de Europa, ha participado en los mejores Festivales alrededor del mundo y también ha escrito varias notas y libros dedicados a la magia...
leer másA Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá a obra “En busca de Papá Noel”, representación a cargo de Trémola Teatro, o luns 23 de decembro ás 17:30 horas. Está dirixida Público infantil e familiar.
“A Marta encántalle o Nadal, é a súa época favorita do ano e por iso ten clarísimo que quere ir ata Laponia e coñecer ao mismísimo Papá Noel. Polo camiño atópase con dous amigos cos que vivirá moitas aventuras. Pensades que ao final conseguirán chegar a coñecer a Papá Noel? Acompáñanos a descubrir esta divertida aventura”, anuncia o Concello do Valadouro.
Burela acolle, na Casa da Cultura, a representación do musical 'La Isla de Maui', tributo a 'Vaiana'. Esta obra da compañía OnBeat Producciones rende homenaxe á película de Disney con música, maxia, baile e moito máis. Será este domingo, día 22 de decembro, ás 17:00 horas. O espectáculo está dirixido a un público infantil e familiar.
As entradas están a venda en Bazar de Tere, Salitre Burela e na web...
leer másO grupo de teatro Ardora, de San Ciprián (Cervo), representará a obra titulada Aire fresco na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 21 de decembro, ás 20:00 horas. A entrada é libre.
Aire fresco é unha comedia con esta trama: “A crise do covid puxo de relevo problemas común que todos temos na cotidianidade, pero que tenden a ser invisibilizados. As persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados pola pandemia, dada a súa vulnerabilidade. Esta obra busca concienciar á sociedade sobre a necesidade urxente de prestar unha atención adecuada a quen coidou e agora precisa ser coidado”.
A compañía Pínconús Teatro representará a comedia musical para público familiar titulada Pínconús no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova este sábado, día 21 de decembro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.
O autor do texto é o director da obra é José Campanari e a música foi creada por Piti Sanz.
Esta representación está incluída na programación de Nadal da asociación musical A Chocolateira, que anuncia que “este sábado, día 21 de decembro, ás 19:00 horas, despois de moitos anos de novo volve o tren facer parada na Estación da Pontenova”.