Teatro
A compañía teatral Morraoconto representará en Viveiro a obra titulada Tromsø este sábado, 11 de abril. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Esta obra é unha comida para maiores de 16 anos cunha duración de 80 minutos. O autor é Rafa Martínez, que tamén a dirixe xunto a Esther Latorre, e o elenco artístico esta formado por Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga, Julia Ammerman e Lucía Iglesias.
A sinopse é a seguinte: “cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, día 10 de abril, ás 21:00 horas a representación da obra teatral Testosterona, protagonizada por Camila Bossa e Luis Iglesia.
O Concello de Burela anuncia que é “unha proposta escénica que mestura comedia e reflexión arredor dun tema de plena actualidade como é a desigualdade laboral por cuestión de sexo. A obra de Sabina Berman, dirixida por Xoque Carbajal, parte dunha situación sinxela pero cargada de significado. O director dun importante medio de comunicación debe decidir quen ocupará o seu posto entre dúas persoas candidatas, un home e unha muller. A partir deste punto, o espectáculo afonda en cuestións como a capacidade profesional, a experiencia, o talento ou os prexuízos, poñendo o foco nas dificultades ás que se enfrontan as mulleres á hora de acceder a postos de...
leer másOs coñecidos actores Camila Bossa e Luis Iglesia interpretarán a obra teatral titulada Testosterona en Ribadeo o día 19 de abril, domingo. Será ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
Esta representación de Malasombra Producións, escrita por Sabina Berman e dirixida por Xoque Carbajal, trata de “dous candidatos, un posto de poder e unha pregunta incómoda: que pesa máis, o talento … ou o xénero? Unha obra intelixente e mordaz sobre a desigualdade laboral que che fará pensar (e sorrir)”, anuncia o Concello de Ribadeo.
Este sábado, día 4 de abril, a partir das 21:00 horas na Casa de Cultura de Trabada o grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada Cousas de vellos.
“Un espectáculo que forma parte dos ciclos teatrais que o Concello organiza para achegar cultura e diversión á nosa veciñanza. Non perdas esta oportunidade de desfrutar dunha noite de risas e emocións en Trabada!”, anuncia o Concello de Trabada.
Con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil, o Concello de Alfoz organiza unha xornada “moi especial para as nenas e nenos da Escola Infantil de Alfoz. O vindeiro xoves 9 de abril desfrutarán no seu centro da actividade: Manual para deitarse … e durmir. Unha sesión de contacontos, cantigas e fantasía deseñada en exclusiva para o alumnado da escola, co obxectivo de fomentar o amor pola lectura e a maxia das historias dende as idades máis temperás. Porque nunca é cedo de máis para descubrir o pracer dun bo conto!”, anuncia o Concello de Alfoz.
Este domingo, día 29 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio Hernán Naval, de Ribadeo, Os Quinquilláns van representar a súa versión de Cousas, de Castelao.
É unha actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica: “con esta representación poñemos fin á exposición Sempre en Galiza. 1944-2024, que aínda se pode ver na Oficina de Turismo de Ribadeo. Tanto a exposición como a representación teatral é patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo”.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza engade que “Os Quinquilláns celebran o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do texto orixinal do rianxeiro universal: ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social... O retranqueiro burro dun dos contos,...
leer másO Concello de Cervo anuncia a representación da obra teatral Aire fresco, a cargo do grupo Ardora, de San Ciprián, que terá lugar este domingo, día 29 de marzo, ás 19:00 horas no Local Social de Lieiro. A entrada será libre ata completar aforo.
A presentación do evento contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, da concelleira Mali Méndez, así como de membros da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro, que organiza a actividade, e do elenco da obra, e celebrouse no propio local social onde terá lugar a representación.
O Concello de Cervo explica que “Aire fresco é unha comedia que, a través do humor, convida á reflexión sobre cuestións sociais de gran relevancia. A obra aborda como a crise da Covid puxo de manifesto problemas comúns da vida cotiá que a miúdo pasan...
leer másO actor e humorista Carlos Blanco levará o seu espectáculo A penúltima á Casa da Cultura de Burela o venres 27 de marzo ás 21:00 horas.
O Concello de Burela explica que A penúltima “é unha proposta na que o artista presenta imaxes e historias, combinando contidos novos con outros xa coñecidos, mantendo o humor como eixo principal. A función está dirixida a público maior de 14 anos. O prezo da entrada é de cinco euros e estarán dispoñibles no despacho de billetes unha hora antes do comezo”.
A actividade conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro comunitario este domingo, día 22 de marzo. Será nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante de 17:00 a 20:00 horas.
“Este domingo 22 temos unha nova oportunidade para xuntarnos arredor do teatro, compartir, crear e deixarnos levar pola experiencia colectiva. Da man de Raquel López Cendán, abrimos un espazo para explorar, xogar e descubrir o que pode xurdir a través do corpo, da voz e da escoita compartida. Unha tarde para experimentar sen présas, para rir, para probar e para construír comunidade a través do teatro”, anuncia o Colectivo Cultural Ollomao.
A compañía Galitoon presenta en Ribadeo este domingo, día 15 de marzo, o espectáculo de teatro infantil titulado Facendo o indio. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:00 horas.
Está organizado polo Concello de Ribadeo, que anuncia: “un espectáculo divertido e para toda a familia! Humor, música e moitas sorpresas no oeste máis tolo. Prepárate para rir moito”.












