Teatro
O grupo teatral A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club en Alfoz este sábado, día 23 de novembro. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
O Concello de Alfoz explica que “esta semana estaba programada a actuación do Grupo de Teatro Ardora, de Cervo, coa súa obra "Aire fresco", pero por problemas do persoal do grupo a actuación tivo que ser aprazada a outro momento. No seu lugar teremos o pracer de ter ós máis veteranos do grupo A Adala, de Fazouro, coa súa nova obra "Marina Club". Unha comedia para todos os públicos que xira entorno a un club de alterne no que a amizade entre clientela e persoal salvan a unha rapaza cunha mentira piadosa. Na trama mestúranse enganos que ocultan unha crúa realidade, amizades que salvan, mulleres que descobren a Marx, unha monxa e un negocio que dá un xiro inesperado. Aínda que a obra...
leer másA compañía de teatro Excéntricas presenta a obra titulada “O auto do Castromil” este venres, día 22 de novembro. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas con entrada libre.
O Concello de Burela anuncia que “con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso que convoca a fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galicia. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas...
leer másEsta fin de semana o Concello de Foz trae dúas representacións para que pequenos e maiores disfruten ao máximo o venres e o domingo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o venres chegará a compañía Galeatro coa obra Wombo Combo, unha historia sobre a relación dos nenos cada vez máis coa tecnoloxía e o virtual é menos no real. Unha historia na que a vida mesma se nos expón nas contradicións e dificultades do hoxe. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas, para público a partir de 5 anos e gratuíta. E o domingo 17 chega a maxia da man do mago Joshua Kenneth. Na Sala Bahía ás 12:00 horas poderemos ver unha selección de imposibles, con elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. É para todos os públicos. O prezo é de 2 euros para os pequenos e de 3 euros para os adultos”....
leer másO Teatro Pastor Díaz acollerá o vindeiro sábado, 16 de novembro, La ratita presumida, de Tropos Teatro. Será ás 18 horas. A representación de monicreques está dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos.
Sipnose:
O amor non se pode escoller. Ás veces chega e logo vaise. Ás veces queda para sempre e ás veces non o atopas nunca. Outras, telo tan preto que nin o ves. A ratita Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina atopa unha moeda e decide comprarse un lazo na mercería do seu amigo Martín. E está tan guapa que empezan a choverlle os pretendentes. O Señor Pato, Don Sapito,
Don Gato... Cal será a mellor elección? A ratita non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida. Unha divertidísima versión do coñecido conto tradicional repleta de cancións ...
leer másA compañía teatral Excéntricas representará a obra titulada “O auto do Castromil”, de Manuel María, este domingo, día 17 de novembro, en Ribadeo. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.
Este espectáculo, que forma parte da programación cultural do Concello de Ribadeo, está dirixido por Quico Cadaval e o elenco está formado por Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez.
O grupo teatral Os Pícaros de Lagoa representarán a obra titulada “Era boa se colara!!!” este sábado, día 16 de novembro, en Alfoz. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
Está incluída no ciclo de teatro organizado polo Concello de Alfoz, que anuncia: “os nosos veciños do Grupo de Teatro Os Pícaros de Lagoa, fundado no 2017 na parroquia de Lagoa, veñen a representar a súa obra Era boa se colara!!!, unha comedia costumista que nos trae como moralexa que a xente de aldea é moi lista”.
A Casa da Cultura de Burela acollerá o espectáculo titulado Os Bolechas tocan nunha grande orquestra. Será este sábado, día 16 de novembro, ás 18:30 horas.
É unha actividade organizada polo Concello de Burela e incluída no programa de dinamización lingüística falaRedes.
O grupo teatral Ardora presentará a obra titulada Aire Fresco este domingo, día 17 de novembro, no Vicedo. Será ás 19 horas na Casa da Cultura.
“Non volo perdades, pasaremos un bo momento de risas observando situacións que todos vivimos algunha que outra vez”, anuncia o Concello do Vicedo sobre esta representación teatral.
A compañía Sarabela Teatro presenta en Burela a obra titulada Made in Galiza o día 15 de novembro, venres. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
Sobre esta obra -para público adulto, dirixida por Fina Calleja e que interpretan Fernando Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto- o Concello de Burela anuncia: “Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” Made in Galiza é un convite á República Independente da nosa lingua. Non imos perdela nin en soños! A obra de Sechu Sende (Padrón, 1972) abre as portas...
leer másEsta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro e a elección da raíña ou rei do Entroido. A Sala Bahía sigue sendo un centro cultural que aglutina todo tipo de eventos.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que este venres, día 8, “chegará a compañía Contraproduccións coa obra Apaga o candil, unha comedia de tradición galega, humor e retranca. Avelino González e Toni Salgado protagonizan esta produción. Será ás 20:30 horas. E o sábado 9 o protagonismo será para o Entroido e a elección do seu reinado para a edición de 2025. Os tres candidatos explicarán porque queren ocupar este posto; son Coral Rey Oliveros, Ainhoa Rey Vizoso e Derek Pérez González. A partir das 19:30 horas abriranse as portas para todo aquel que queira participar desta elección e á vez colaborar cos afectados da DANA en...
leer más