Teatro

Etiquetas:
21/10/2024

A sexta edición de Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega este xoves 24, na Mariña lucense, ao seu fin. O Teatro Municipal Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación do espectáculo Ada Byron: la tejedora de números, unha proposta na que a compañía asturiana La Westia Producciones combina teatro e ciencia para dar conta da vida dunha das mulleres máis relevantes da historia da humanidade. 

A obra, dirixida a público adolescente e adulto, presenta a Ada Byron moi enferma, na cama, e que no seu delirio ve o seu pai morto (o poeta romántico lord Byron), con quen revisa a súa propia vida, na que as matemáticas adquiren un gran protagonismo. Nesa revisión vital, na que pai e filla se coñecen, xorden revelacións e reproches que fan...

leer más
Etiquetas:
21/10/2024

O Vicedo empeza as actividades dedicadas a celebrar o Samaín cun espectáculo de maxia este xoves, día 24 de outubro. Será na Casa da Cultura ás 17 horas.

O Concello do Vicedo anuncia: “esta semana, o xoves, teremos unha actividade que empezará a abrir boca para o Samaín.En Samaín toca...maxia é un espectáculo moi divertido, destinado principalmente ó público infantil e xuvenil, pero que todos poderemos desfrutar para pasar un bo rato na tarde. Animádevos a vir”.

Etiquetas:
21/10/2024

Grupos das catro provincias galegas participarán na sexta edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, que comezará o venres 1 de novembro, Día de Tódolos Santos.

O grupo Pico do Castro, de Foz, coa obra Mal do miolo, será o encargado de abrir este certame que se desenvolverá entre o 1 de novembro e o 8 de decembro. Participan nesta edición tres grupos da provincia de Lugo (Pico do Castro, de Foz; Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), e Ollomao, de Barreiros); dous das provincias de A Coruña (O Catre, de As Pontes, e Muiñeiras do vento, de Ferrol) e Pontevedra (Candelas, de Portas, e Avelaíña) e unha de Ourense (AT Coles).

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “as representacións serán todas ás 18 horas en domingos e festivos no multiusos Ponte de Cuñas. As entradas terán un custo de 4...

leer más
18/10/2024

A compañía Ubú Teatro representará a obra titulada Mudanzas, dirixida por José Campanari, na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 19 de outubro, ás 18:00 horas.

“Volve o teatro profesional á Casa da Cultura cunha obra familiar moi recomendable para público infantil e xuvenil. A compañía lucense Ubú Teatro presenta Mudanzas, unha obra moi divertida coa garantía dunha gran compañía de teatro”, anuncia o Concello do Vicedo.

Etiquetas:
17/10/2024

Este sábado, día 19 de outubro, o Grupo de Teatro A Mariña representará a súa obra titulada “Teatro contra o bullying. Eres único”. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 19:00 horas.

Esta representación está incluída dentro do circuíto de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

16/10/2024

O mago Charly Braun actuará na Casa da Cultura do Valadouro este venres, día 18 de outubro, ás 19:00 horas.

O Concello do Valadouro anuncia que “este venres, 18 de outubro, é unha data máxica: Maxia pola Igualdade, onde o gran mago Charly Braun ten como obxectivo visibilizar a través da Maxia que calquera persoa é capaz de facer o que se propoña, sexa home ou muller. Esta é unha actividade de Ler Conta Moito, o programa de dinamización das Bibliotecas da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Valadouro. Maxia pola Igualdade é un espectáculo para todos os públicos”.
 

Etiquetas:
16/10/2024

Mondoñedo acollerá a primeira Mostra de Títeres desde o venres 18 ata o domingo 20 de outubro.

O venres ás 18:30 horas na Praza do Concello representarase A Tómbola do Cromina, a cargo do grupo galego Mircromina Teatro de Títeres. En caso de choiva trasladarase á Casa da Xuventude.

O sábado ás 18:30 horas na Casa da Xuventude a compañía Titiritainas, de Ecuador, ofrecerá a obra Diente de leche.

E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Concello o grupo Espada de Madera, de Ecuador, representará El tío Carachos. En caso de choiva será na Casa da Xuventude.

Esta mostra está organizada por O Fantástico Taller dos Títeres, de Mondoñedo.

Etiquetas:
13/10/2024

A representación terá lugar ás 20:30 horas con entrada de balde 

Sinopse: Pirgopolinices é o novo Miles Gloriosus, o rexente da cidade durante o próximos catro anos. Non todo o mundo está de acordo e ninguén ten moi claro como chegou ao posto.

Palestrión, membro infiltrado e Periplectómeno, líder da oposición, coa axuda de toda unha equipa, tentarán conseguir papeis confidenciais que axuden a condenar as actitudes de Pirgopolinices. A través dun buraco feito entre as paredes dos dous despachos, Filocomasia tentará que non a descubran mentres pasa dun lugar a outro coa información para conseguir o que buscan.

Baseada na trama de enredo de Plauto, teatro Faíscas, pretende traer a escena unha realidade cómica moi presente.

 

12/10/2024

A compañía teatral Elefante Elegante presentará o seu espectáculo Kyoki, para público infantil e familiar, en Burela o día 26 de outubro, sábado. Será na Casa da Cultura ás 18:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

Está incluído na programación cultural do Concello de Burela, que explica que “Kyoki é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. Kyoki significa demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser...

leer más
10/10/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá o espectáculo Lago Comedy Club, do humorista Miguel Lago. O evento terá lugar o día 18 de outubro, venres, ás 21:00 horas, organizado por Etiqueta Negra Producciones.

Miguel Lago celebra con este espectáculo 25 anos sobre os escenarios como humorista, na que será a súa décimo sexta tempada consecutiva en teatros e auditorios.

As entradas están dispoñibles, cun prezo de a partir dos 17,80 euros, na plataforma Ataquilla.