Teatro

Etiquetas:
19/01/2022

O 5 de febreiro ás 18:00 horas a compañía Katarsis Educación-Teatro representará na Casa da Cultura de Burela "Pa Cama", un espectáculo non verbal dirixido a nenos e nenas desde 0 ata 5 anos protagonizado por Estíbaliz Veiga e Kevin Stewart.

Trátase dunha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose e desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican. Unha peza que se desenvolve coma se fora unha coreografía de...

leer más
Etiquetas:
18/01/2022

O Concello de Viveiro informa aos seus veciños e veciñas da actuación de Leo Bassi o próximo 29 de xaneiro no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. O artista, que presentará o espectáculo “Yo Mussolini”, visitará a cidade do Landro no marco da súa xira por España, actuando tamén noutros puntos de Galicia. 

Leo Bassi é un dos grandes “clowns” do mundo do espectáculo, sendo unha gran referencia no mundo circense. No espectáculo que representará en Viveiro, pretende alertar do perigo que implica o avance da extrema dereita. 

“A súa obra é un alegato á liberdade, a través da cultura transmite valores e recórdanos estes feitos para non repetir os erros do pasado”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura. 

As reservas de entradas realizaranse no teléfono 982560162 ou no e-...

leer más
Etiquetas:
18/01/2022

A Casa da Cultura de Burela acollerá a representación de Bravas con Isabel Risco. A función terá lugar o 11 de febreiro ás 21:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

Trátase do segundo espectáculo unipersoal protagonizado por Isabel Risco no que presenta a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Dirixido por Fran Rei reivindica e visibiliza persoaxes femininos da historia e da mitoloxía de Galicia, como María Soliña ou María Castaña, pero tamén a mulleres anónimas que se involucraron en movementos e loitas sociais como as cigarreiras de A Coruña que levaron a cabo a primeira folga feminina en 1831.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Burela, Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 21-22.

 

Etiquetas:
14/01/2022

Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volven co seu humor en “Somos Criminais 3”. Este espectáculo chega á Casa da Cultura de Burela os días 29 e 30 de xaneiro. 

Touriñán e Blanco analizarán Galicia e os seus habitantes “para saber cómo somos e por qué somos como somos”. 

O 29 de xaneiro os pases serán ás oito da tarde e ás once da noite. E o 30 de xaneiro ás cinco e ás oito da tarde. 

O prezo das entradas, que xa están á venda, é de 15 euros. 

Etiquetas:
13/01/2022

A Sala Bahía, de Foz, acolle este sábado, 15 de xaneiro, dúas representacións da obra de teatro infantil Tilintilonia, a cargo da compañía O Baúl da Tía Tola. Os pases serán ás 17:00 e ás 18:30 horas.

É un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións. Está dirixido preferentemente a nenos e nenas de 6 meses a 5 anos.

O Baúl da Tía Tola explica que “Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón, cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convértense en elementos de xogo. Dous seres espertan en Tilintilonia a un mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os...

leer más
Etiquetas:
12/01/2022

A Concellería de Cultura de Burela colabora na organización da segunda edición do ciclo A Mariña en clave de humor, que se desenvolverá durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio na Casa da Cultura.

Dará comezo o domingo 20 de febreiro ás 20:00 horas co monólogo 8 Apelidos Andaluces a cargo de Jesús Piña, Quique de la Fuente, Txapela de Cádiz e Abraham Martín.

O domingo 27 de marzo actuará Luís Zahera ás 20:00 horas. O domingo 24 de abril presentará o seu monólogo José Luis Calero ás 20:00 horas. O ciclo rematará o venres 27 de maio ás 21:00 horas coa actuación de Javier Veiga.

As entradas poranse á venda proximamente en www.woutick.es. 

 

02/01/2022

O programa de visitas da Apalpadora organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración de asociacións de nais e pais e colectivos culturais das distintas comarcas inclúe catro encontros para a primeira semana do ano.

O luns, 3 de xaneiro, a “filla do Apalpador” estará no Auditorio Municipal de Escairón, no Saviñao, ás 17.00 horas e na Casa da Cultura de Pantón, ás 20.00 horas. O martes, 4 de xaneiro,  achegarase a Palas de Rei, ás 12.00 horas, na Casa da Cultura, e Mondoñedo, ás 20.00 horas, na Casa da Xuventude. 

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar ás crianzas esta personaxe, cun espectáculo que mestura narración oral e música.

A programación ten como obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na...

leer más
Etiquetas:
29/12/2021

Desde a Concellería de Cultura de Burela sinalaron: “lamentamos comunicar que a xira de El Regreso de Scar, musical tributo a El Rey León 2, quedou suspendido polo positivo en covid-19 de dous integrantes do Ballet Internacional de Senegal. No caso de Burela é un adiamento e xa temos nova data. Será o 7 de maio”.
 

E engaden que “nos próximos días a plataforma woutick poñerase en contacto vía e-mail coas persoas que xa tiñades comprada a entrada para preguntarvos a opción que desexades: a devolución do importe da entrada a través da mesma canle pola que foi adquirida ou conservar dita entrada para a nova...

leer más
Etiquetas:
29/12/2021

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro continúa coa súa programación de Nadal coa actuación de Pablísimo que presenta O arquivo do chibo. A función, dirixida ao público familiar, terá lugar este xoves, 30 de decembro, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro. 

O arquivo do chibo é unha fabulación libre arredor do conto clásico de Os sete cabuxos e o lobo. Presenta cantigas de lobos esfameados, fábulas de cameiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras e moita cachifallada.

 

Etiquetas:
23/12/2021

A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o vindeiro domingo, 26 de decembro, ás 19:00 horas o espectáculo de Avelino González "Contos de boa xente". 

Como di o propio Avelino González: “a última vez que fun famoso foi porque facía de Miñato na serie Padre Casares e agora conto historias sen pantalla polo medio. As historias son para todos os públicos e segundo o público que haxa conto unhas ou outras. Nestes días que non sabemos se imos para adiante ou para atrás, os contos son seguros e divertidos”.