Teatro
A Concellaría de Cultura de Ribadeo continúa desenvolvendo o seu programa Cultura nas Parroquias 2022.
No marco desas actividades esta fin de semana actuará a contacontos Paula Carballeira.
O sábado, 19 de febreiro, estará na Escola de Ove e o domingo 20 na Escola de Vilaframil.
As dúas actuacións darán comezo ás 17:30 horas.
Esta actriz e escritora galega conta cunha nutrida obra de relatos infantís e xuvenís dende hai tres décadas que comezou a súa carreira.
Os Náufragos porá en escena "Onde viven os monstros" este sábado, 19 de febreiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra, dirixida a nenos e nenas de 4 a 9 anos, é unha adaptación do coñecido álbum ilustrado de Maurice Sendak na que se exploran a fantasía e a realidade por partes iguais. Narra a historia de Max quen pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.
Trátase dun clásico vixente hoxe en día que plasma con grande expresividade os temores e desexos da máis tenra infancia, os monstros que asexan, os incomprendidos enfados e o medo ao abandono e a que os nosos país deixen de querernos...
leer másA Concellería de Cultura organiza un recital poético musicado tributo a Rosalía de Castro, que se celebrará o 23 de febreiro na Casa da Cultura ás 13:15 horas. Estará interpretado pola actriz mariñá Estíbaliz Veiga, á que acompañarán Erica González ao acordeón e David Castro á guitarra.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “o próximo mércores, 23 de febreiro, celebrarase o Día de Rosalía. É unha xornada moi importante para as letras galegas e para Galicia en xeral. Cambiouse a data, antes era o 24 de febreiro pero parece que, segundo as últimas investigacións, ela naceu o día 23”.
O edil burelés comentou que “nós en Burela queríamos facer algo diferente. É verdade que case todos os Concellos fan algún acto que a recorde e, sobre todo, que nos recorde a todos quen foi e quen sigue sendo. Pero son...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o 24 de abril ás 20:00 horas a actuación do humorista José Luis Calero que presenta Mi gran noche de humor.
Trátase dun espectáculo no que o humor e a risa fai esquecer todos os problemas e vivir, entre todos, unha gran noite de humor como diría Raphael. José Luis Calero é un dos humoristas máis seguidos nas redes sociais, con 1 millón de followers, e cuxas reproducións superaron os dez millóns.
As entradas xa están á venda en woutick.es.
O grupo Engruna Teatre porá en escena a obra Sopa de Piedras este sábado, 12 de febreiro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 18:00 horas.
A obra está dirixida ao público infantil a partir de 4 anos.
Sopa de Piedras fala de todas aquelas persoas que foxen da súa realidade en busca dunha oportunidade e chegan a un lugar onde se atopan unha sociedade que non ve ou non quere ver máis aló dela mesma e é incapaza de ver ao recentemente chegado como unha oportunidade e non como unha ameaza. É a historia de Alma, unha nena que ten que fuxir do seu país porque un día ve como o ceo en lugar de cometas énchese de avión. Despois dunha longa viaxe, chega a un lugar descoñecido, onde aparentemente todo o mundo ten de todo, pero ninguén quere compartir nada con ela. Con inxeño e intelixencia fai unha sopa de pedras que...
leer másO domingo, 13 de marzo, ás 18:00 horas será representado na Casa da Cultura de Burela "De ellos aprendí", o musical dos grandes musicais que conta as súas funcións con cheos absolutos.
Un ano despois de que Vaiana restaurase o corazón de Tefiti e salvase as illas da súa destrución, a vida no seu pobo prospera e os seus habitantes volven a navegar polos mares. Con todo, un acontecemento inesperado concede a Vaiana a primeira oportunidade de liderar o seu pobo. Guiada polo sabio espírito da súa avoa Talla, Vaiana embarcarase nunha gran viaxe a través de máxicos contos que lle axudarán a saber como chegar a ser a gran líder que o seu pobo necesita.
Personaxes das películas "La Sirenita", "El Rey León", "Frozen", "Aladdin" , "Rapunzel" ou "La Bella y la Bestia" aparecerán en escena como fío condutor da obra na que...
leer másArredor de 500 alumnos e alumnas dos centros de ensino de Ribadeo acudirán a vindeira semana a varias propostas do ciclo O Concello cos Coles, que está a desenvolver o Concello de Ribadeo en diferentes áreas. Neste caso trátase de actividades de Cultura.
A edil Pilar Otero explica que “se o vindeiro domingo hai unha función para o público xeral de A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, o luns 7 de febreiro será representada esta obra baseada en relatos de Manuel Rivas diante de grupos de alumnado dos centros CIFP Porta da Auga, IES de Ribadeo e Sagrado Corazón”.
A concelleira de Cultura sinala que “por outra banda, a exposición Memoria do Son, de instrumentos medievais, recibirá visitas de varios grupos do IES de Ribadeo e do Colexio Sagrado Corazón”.
Para Pilar Otero “a primeira...
leer másO Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, anuncia o programa cultural para os próximos meses no Teatro Pastor Díaz, que se inclúe dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, ao que se suman outras propostas culturais puntuais organizadas polo Concello de Viveiro.
O programa inclúe espectáculos para todos os públicos, comezando o próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 con “Sopa de Piedras” de Engruna Teatre dirixido a público infantil dende os 4 anos. Tamén en febreiro, o sábado 19, os nenos e nenas de 4 a 9 anos poderán gozar da obra “Onde Viven os monstros” da compañía Os náufragos.
A programación para adultos comezará o sábado 5 de marzo, coa obra de comedia “As que limpan” de A Panadería Teatro ás 20:30. O calendario propón hasta o mes de maio diferentes espectáculos, tanto para...
leer másOs días 29 e 30 de xaneiro chegan ao auditorio de Burela Touriñán e Carlos Blanco con Somos criminais 3. Finalmente serán 3 as funcións que ofrecerán para as que aínda quedan algunhas entradas dispoñibles. O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que a química entre os dous actores covérteos nunha das parellas humorísticas máis brillantes de España.
O edil burelés dixo que “este fin de semana tendremos en Burela una nueva actuación de lujo y de mucho nivel con la presencia de Touriñán y Carlos Blanco con Somos Criminais 3. Realmente es la segunda parte pero ellos decidieron jugar así con el título. Ya los tuvimos aquí en Somos Criminais 1, en el año 2019, y ahora vuelven con este espectáculo que recorrió las principales ciudades de Galicia y una vez más Burela está entre los sitios elegidos. Para nosotros es un placer y un honor...
leer más












