Teatro
Este sábado, 11 de decembro, ás 19:00 horas o grupo Hipócrita Teatro representará no centro sociocultural de San Cosme a obra Cásting, na que varias actrices compiten por un único papel cinematográfico. Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol. É unha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa.
Esta representación teatral está organizada polo Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o espectáculo infantil Ris Ras a cargo de Baobab. A representación terá lugar este sábado, día 4 de decembro, ás 18:00 horas e está dirixido ao público infantil a partir de 1 ano.
Trátase dunha montaxe musical e teatral pensada para rir e bailar onde a palabra e as brincadeiras están presentes para trasladar a tradición oral galega.
A venda de entradas é no teléfono 982 560 162, de luns a xoves, en horario de 9:00 a 14:00; ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. e na taquilla dende unha hora antes da función.
O Concello de Alfoz programa a representación da obra Por un puñado de grelos a cargo de Trocos Teatro. A función será este sábado, 4 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura. A entrada é libre e gratuíta.
O grupo de teatro de Castro de Rei presenta esta obra de Guillermo Cancelo que transcorre na Terra Cha onde se comenta que, nun lugar chamado A Escrita, está aparecendo ouro e esta é a única paraxe natural na que se dá a planta sagrada dos grelos polo que non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.
Esta representación está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Tras o éxito en 2018 de Simba a Kiara, musical tributo a El Rey León, a prestixiosa Compañía Onbeat volta ao Auditorio Municipal de Burela para representar El regreso de Scar, musical tributo a El rey león 2, o 9 de Xaneiro ás 18:00 horas.
El Regreso de Scar trátase dunha visión totalmente innovadora tanto pola proposta de guión como pola posta en escena. A primeira delas relata como unha tribo africana revive a Scar buscando o seu rei e este cóntalle a historia de Simba desde un punto de vista moi distinto ao que se coñece. Doutra banda a presenza en escena do Ballet Internacional de Senegal é totalmente sorprendente, con bailes autóctonos de África, incluíndo percusión en directo e vestiario realizado no propio continente da Sabana. As cancións dos viláns, as máis famosas da película e algunha do musical de Broadway reúnense nun...
leer másO vindeiro sábado, 27 de novembro, chega á Casa da Cultura de Burela Conexión Pingüín, unha divertidísima comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi con texto do premiadísimo José Prieto e producida por Culturactiva Producións. Tralo éxito de Sénior, estes dous grandes actores xúntanse de novo para meterse na pel de dous intrépidos montañeiros que tratan de chegar á Antártida.
Conexión Pingüín é unha peza que fala da incomunicación entre os seres humanos, un mal que fai estragos todo os días e a todas horas. Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.
Unha reflexión cómica sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración,...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación da obra Porvenir a cargo de Impromadrid. A función será este domingo, 27 de novembro, ás 20:30 horas.
Porvenir conta a historia de catro amigos de toda a vida que, azuzados pola deusa da fortuna, se enfrontan á incómoda pregunta de como queren vivir a madurez das súas vidas. Son eles os que lean as rendas da súa existencia ou, polo contrario, simplemente se deixan levar pasivamente polas súas labores cotiás? A obra non dá solución á pregunta pero reivindica o feito mesmo de plantexala e, sobre todo, a necesidade de atopar tempo para pensar nela.
Baixo a dirección de Ignacio López, autor da obra, o elenco artístico está formado por: Ignacio Soriano, Paloma Córdoba, Elena Lombao, Borja Cortés e Ignacio López.
¡Es Navidad! El Musical chegará a Burela o día 28 de decembro. A representación terá lugar na Casa da Cultura ás 19:00 horas.
A obra chega da man da Compañía de Teatro Musical de España e Pekebaila Kids, creadores do musical de Coco Recuérdame. As entradas están xa á venda en https://bit.ly/3nnatr4.
Trátase dunha nova e divertida versión do Nadal dirixida a nenos e nenas ata 8 anos con todos os bonecos de Pekebaila e convidados como Arendelle, Olaf, Elsa, Anna, Maléfica, Papá Noel, Grinch, o Ratonciño Pérez e Pinocho na que se interpretan cancións populares de Nadal e outras cancións de musicais e películas.
O Auditorio Municipal de Burela acolle a representación da obra "Libre como os paxaros" a cargo de Teatro do Atlántico. A función terá lugar este domingo, 21 de novembro, ás 21:30 horas con entrada é libre ata completar aforo. Programada pola Delegación de Cultura do Concello de Burela, enmárcase no programa de dinamización lingüística FalaRedes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística.
Baixo a dirección de Xulio Lago, está interpretada por María Barcala. Trátase dunha representación teatral para público adulto e adolescentes maiores de 14 anos no que a figura protagonista é Rosalía de Castro quen se dirixe ao público en primeira persoa compartindo as particularidades da súa propia orixe, do seu pensamento, da súa circunstancia social e dos condicionamentos que ten que superar para ser quen...
leer másTeatro de Ningures presenta o 21 de novembro no Valadouro "O OGrocho", dirixida ao público familiar.
O grupo Teatro de Ningures presenta a obra O OGrocho este domingo, 21 de novembro, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo do Valadouro.
A obra, dirixida ao público familiar, representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque apartado da comunidade. O día que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño senón tamén no seu instinto, é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada. O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconciliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demais. Para elo ten que superar tres probas.
Baseado na obra de Suzanne Lebeau,...
leer másO comercio xusto chega unha vez máis a Burela da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos.
No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, xa se realizou en Burela a feira Comercio Con Sentido de produtos de comercio xusto na Praza da Mariña o 22 de outubro. E agora vai ter lugar a representación da obra teatral “Vaia Tea!” na Casa da Cultura o día 19 de novembro ás 20:00 horas. A entrada ao espectáculo, recomendado para un público a partir de 12 anos, será de balde ata completar aforo.
A representación teatral “Vaia Tea!” da compañía Xucrut Teatre pretende achegar aos/as espectadoras a realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión...
leer más