Teatro

Etiquetas:
22/03/2022

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”. Poderase desfrutar deste obra o próximo domingo, 27 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal.

Etiquetas:
18/03/2022

O 14 de maio chegará a Burela o novo espectáculo de Cantajuego. A xira de 2022 denomínase Viva mi planeta. As entradas xa se poden mercar, segundo anunciou nesta xornada o concelleiro de Cultura, José Díaz. 

O edil burelés adiantou que “el día 14 de mayo vamos a tener otro de esos musicales de nivel, de los que están pasando ya desde hace varios años por Burela porque siempre pretendemos traer calidad, la intención es acercar a zonas como ésta -donde no somos una gran ciudad con grandes posibilidades de cultura- eventos y espectáculos que suelen estar destinados a grandes auditorios. En este caso se trata de Cantajuego, el original, que suelen hacer gira por ciudades, de hecho en este 2022 tienen Madrid, Palencia, Avilés, Gran Canaria, Tenerife,… Todo son ciudades salvo algunas excepciones como es la de Burela. Conseguimos convencerles...

leer más
Etiquetas:
14/03/2022

O 18 de marzo Trémola Teatro visita Ourol co contacontos "Dúas nenas moi valentes".

Dúas nenas que durante unha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de fascinantes historias con mulleres como protagonistas. Está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. A cita dará comezo ás 18:30 horas no edificio multiusos.  

E o vindeiro domingo, 20 de marzo, Trémola Teatro representará a obra "Se pechas os ollos" unha historia sobre como un amor de xuventude pode cambiarche a vida. Será ás 17 horas no edificio multiusos con entrada gratuíta. 

 

Etiquetas:
14/03/2022

Este sábado, 19 de marzo, Incendiaria Teatro chegará a Viveiro con A lúa vai encuberta. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. 

O elenco artístico está composto por Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e Tito Asorey

O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”. Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaio nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.

Na procura dunha verdade...

leer más
Etiquetas:
13/03/2022

Xa están á venda as entradas para asistir ao monólogo de Luis Zahera o 27 de marzo en Burela 

O actor Luis Zahera, coñecido por papeis como Petróleo en "Mareas Vivas", Pertur en "Sin tetas no hay paraíso", Releches en "Celda 211" ou Ferro en "Vivir sin permiso", gañador dun Premio Goya en 2019 pola súa actuación no filme "El Reino" e que actualmente protagoniza a serie "Entrevías" xunto a José Coronado en Telecinco, visitará a Casa da Cultura de Burela o 27 de marzo ás 20:00 horas “para deleitarnos coa súa faceta máis cómica nun monólogo repleto de historias e histerias onde as risas están totalmente garantidas”, explican desde a Concellería de Cultura burelesa.

Entradas xa á venda en https://bit.ly/3B7WB9p

 

Etiquetas:
12/03/2022

O 26 de marzo ás 20:30 horas Jouse García e Marcos Orsi da compañía teatral Malasombra Producións representarán o espectáculo para público adulto "SÓS" na Casa da Cultura de Burela. 

Trátase dunha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

“SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso. Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes polo que a súa convivencia non vai ser fácil. Aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse porque a pesar de que hai moitas cousas...

leer más
Etiquetas:
10/03/2022

O musical De ellos aprendí chega este domingo, 13 de marzo, ao auditorio municipal de Burela.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este domingo, 13 de marzo, a las seis de la tarde vamos a tener en el auditorio municipal de Burela un nuevo musical infantil, destinado a los más pequeños y a las familias, por supuesto. Se llama De ellos aprendí  y es una especie de homenaje a muchos de los personajes Disney, todos fusionados en un musical con un argumento que los une a todos y que hace recordar a estos personajes que niños y otros que no son tan niños, e incluso papás, tienen en su memoria porque son personajes de La Sirenita, El Rey León, Frozen, Aladdín, Rapunzel o La Bella y la Bestia; todos van apareciendo en escena”.

O edil burelés engadiu: “yo tuve la oportunidad de verlo antes de traerlo aquí, a...

leer más
Etiquetas:
08/03/2022

Pedras de Cartón representa Quixote este sábado, 12 de marzo, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A función, dirixida ao público infantil de máis de 4 anos, dará comezo ás 18:00 horas.

Esta obra recibiu o Premio Barroco Infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021.

Trátase dun xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

Dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.

 

Etiquetas:
03/03/2022

"As que limpan" fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Na súa fronte, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. Neste espectáculo as artistas formulan 3 preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe o turismo sostible? Quen limpa na casa da limpadora?

"As que limpan" non só fala de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

A obra está prevista para as 19:30 horas do vindeiro domingo, día 6, na Casa da Cultura de San Ciprián. 

 

Etiquetas:
02/03/2022

O grupo A Panadaría Teatro porá en escena As que limpan este sábado, 5 de marzo, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A obra fala, en ton de comedia, da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.

O elenco artístico está composto por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.