Teatro
O 10 Marzo ás 21:00 horas será representado na Casa da Cultura de Burela "Tabú", o novo espectáculo de Tarabela Creativa protagonizado por Carmen Conde con música ao vivo de Nastasia Zürcher.
Unha peza que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos nas comarcas do Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.
Trátase dunha actividade con entrada gratuíta organizada pola Delegación de Muller e...
leer másOs Pícaros de Lagoa representarán o 17 de febreiro na Casa da Cultura de Alfoz "Menciñeiro á forza".
O vIndeiro 17 de febreiro ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a interpretación da obra "Menciñeiro á forza" a cargo da Asociación grupo de teatro Os Pícaros de Lagoa.
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière "O enfermo imaxinario".
Fiesta Mágica, o musical dos grandes musicais, será representado na Casa da Cultura, de Burela, o 1 de Maio ás 18:00 horas.
Trátase dun divertido espectáculo musical baseado nun gran repertorio de cancións Disney cos mellores personaxes das películas.
Bela, Elsa, Ariel e Rapunzel organizan a súa primeira festa de pixamas na que o pasarán en grande lembrando historias, cantando e rindo. Pero na metade da súa noite especial Ariel márchase da festa tras recibir unha chamada. As súas amigas quedan preocupadas pensando en que quizá a súa amizade estea en perigo pero grazas á axuda de grandes personaxes como o xenio da lámpada, Aladdin e Jasmine, Campanilla, Vaiana, Olaf, Lumière, Coco, Mirabel e os demáis lograrán permanecer unidas e aprender o valor da amizade. Decorados, sorpresas e vestiarios con luces led...
leer másO grupo de teatro O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, representará a súa obra De poucas luces o día 11 de febreiro, sábado, en Cordido.
Esta actividade cultural será no Centro Cívico de Cordido ás 18:00 horas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños San Xulián de Cordido.
Xa están á venda as entradas para a ópera El Barbero de Sevilla, que chegará a Burela o vindeiro 2 de abril ás 19 horas.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “as entradas para gozar desta ópera de primeiro nivel no auditorio municipal de Burela xa se poden mercar en ataquilla.com”.
O edil burelés subliñaba o día da presentación deste evento que “El barbero de Sevilla é outra das grandes óperas, xa que está entre as oito mellores de todos os tempos, segundo os críticos musicais. É unha opera de Rossini que se considera bufa, en ton de comedia; das óperas bufas é a máis importante de todos os tempos sen ningunha dúbida. Estreouse en 1816 no teatro Argentina, de Roma, e a partir de aí representouse en innumerables ocasións en moitos teatros moi importantes de todo o mundo. É unha ópera accesible á maioría...
leer másO vindeiro sábado, 4 de febreiro, o grupo de teatro O Bordelo representará a súa obra “O covid do mariñán".
Será as nove da noite na Casa da Cultura. “Trátase da menciña para esquecer os males do mundo”, tal e como indican desde O Bordelo.
O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a súa obra O Terapeuta en Vilaronte o día 5 de febreiro, domingo, en Vilaronte.
Esta actividade cultural será no local da asociación cultural e deportiva O Castro, de Vilaronte, ás 19:00 horas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación O Castro.
A ópera de primeiro nivel volve á Mariña. Será o vindeiro 2 de abril cando os amantes deste xénero poderán gozar de El barbero de Sevilla no auditorio de Burela, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés dixo que “desde a Concellería de Cultura de Burela queremos anunciar que por fin está confirmada a presenza aquí dunha ópera. Será o día 2 de abril, domingo, ás sete da tarde”.
Díaz subliñou que “a verdade é que custou moito esta vez poder convencelos para que actúen en Burela porque están limitándose a cidades grandes, con teatros de moito aforo, para cubrir gastos. Unha das razóns é que antes a ópera facíase con actores ucranianos ou de Moldavia e a orquestra tamén era destes países; e agora, cos problemas que todos coñecemos, xa non pode ser así e as orquestras están compostas...
leer másA compañía Trécola Producións representará esta semana en Viveiro e A Pontenova a obra para público familiar “The Piccole Theatre”, dentro da programación cultural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A compañía estará o xoves no Salón de Actos do Porto de Celeiro (15.30 horas), coa colaboración da Asociación Cultural Proa, e o sábado na Pontenova (Casa da Cultura), da man da Asociación Eco das Minas.
Sinopse da obra
Un pequeno teatro viaxa ao redor do mundo dentro dunha caixa de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como non.. dous grandes pallasos: Tontón e Totó Gluk. A maxia dos fíos destas marionetas learán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista, participando activamente durante todo o...
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, está a organizar a unha nova edición do obradoiro de teatro infantil.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, o taller está dirixido a rapaces de entre 6 e 16 anos que conformarán, un ano máis, o grupo de teatro municipal PimPim.
Desde este martes queda aberto o prazo de inscrición ata o próximo venres 27 de xaneiro.
O obradoiro impartirase no Auditorio da Casa da Cultura e o horario estará determinado en función do número de nenos e nenas inscritos. A partir do luns, 30 de xaneiro, informarase aos anotados por vía telefónica.
Caramés destacou “o gran éxito que tivo ano tras ano esta iniciativa que se viu condicionada ultimamente pola pandemia, pero que recuperamos agora con moita...
leer más












