Teatro
A Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela recupera o próximo venres, 28 de outubro, na Casa da Cultura a obra “Lara Hierro” ás 21 horas, con Clara Ferrao, Constance Hurlé e Esperanza Mara.
Un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración millenial, que fora adiado no mes de abril e agora volve programarse con nova data. Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.
Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustación, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á súa xeración.
Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a...
leer másO circuíto de teatro profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta fin de semana a Bóveda, San Paio de Narla (Friol), Cangas (Foz) e Guitiriz , con obras de A compañía solitaria do Dr. Monifate, Bátega, Producións Señor López e Mircromina Títeres
22 DE OUTUBRO | 19:00h | CENTRO SOCIAL DE CANGAS (FOZ)
Producións Señor López presenta A viaxe do Señor López
Público familiar
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan características do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit. Úneste á...
leer másO vindeiro 7 de novembro arrincará o curso da Escola Municipal de Teatro da Pontenova. Será en horario de 20:30 a22:30 horas.
As persoas interesadas en acudir poden informarse xa no seguinte número de teléfono: 982 34 22 77 ou no email correo.apontenova@fegamp.gal
O vindeiro sábado, 22 de outubro, ás 17:00 horas chegará á Casa da Cultura de Burela o Grupo Cosquillas para rememorar aos xa moi coñecidos CantaJuegos nun tributo moi especial.
Trátase dun espectáculo para gozar en familia c@s máis pequen@s da casa. As entradas poden mercarse por 8 euros en https://www.festentradas.com/evento/4323
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que inclúe 87 representacións espalladas por todas as comarcas. Vintenove compañías –dez máis que na última edición- representan as súas obras no marco deste programa, co que a área de Cultura mantén o apoio ás artes escénicas e ofrece a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
Trátase de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Alentía Teatro (Palas de Rei), Metátese Teatro (Palas de Rei), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Falcatrueiros (Monterroso), Argalleiras (Chantada), Teatreiras (Monforte), Viraventos (Monforte), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Nova Escena (Lugo), Curuxan Teatro Impro (Lugo), Grupo de...
leer másO vindeiro sábado , 15 de outubro, ás 18 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Burela contará coa visita do Grupo Música Miúda. Nesta ocasión presentarán “As Historias de Bemol Pequeno”.
Un ano máis, a Biblioteca Pública de Burela participa en Ler Conta Moito 2022, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
A través do mesmo as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.
Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.
... leer másConexión Pingüín chega o 15 de outubro ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o 15 de outubro ás 20:30 horas. O prezo da entrada para gozar desta comedia será de 5 euros para o público xeral e de 3 euros para estudantes e xubilados. As reservas poden facerse chamado ao teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es, ou en taquilla unha hora antes da función.
Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.
Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais...
O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nove grupos que participarán no IV Certame de Teatro Afeccionado, que se celebrará no mes de novembro no novo local multiusos Ponte de Cuñas.
As obras e grupos seleccionados son:
A morte morrida, de O Centiño, de San Martiño de Foz
A liorta, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra
Pepa Loba, de Teatro Coles, de Coles (Ourense)
Fatum, de Catre Teatro, de As Pontes (A Coruña)
Sainetes, de Quemaistén, de As Pontes (A Coruña)
Eres único, da Asociación Saúde Mental A Mariña, de Cervo
E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo
Vivan os noivos, de Adala Teatro, de Fazouro (Foz)
O documento, de Ollomao, de Barreiros
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que o 17 de decembro terá lugar a gala de entrega de...
leer másO 5 de novembro ás 21:00 horas será representada na Casa da Cultura de Burela "As que limpan", unha sátira utópica e reivindicativa sobre o traballo e loita das camareiras de piso que pretende xerar debate sobre como o noso sistema económico sostense e funciona grazas á explotación das mulleres.
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman son as autoras, directoras e intérpretes desta coprodución da compañía teatral A Panadaría co Centro Dramático Nacional que conta xa co premio do público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022 e co premio a mellor espectáculo de sala da Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo 2022.
Un cartel colgado no manubrio da habitación. "Por favor, arranxe o cuarto". "Ao regreso da praia as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto". Son "As que limpan", as...
leer másA mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional propón un amplo programa de actividades gratuítas, alén das funcións
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron a 4ª edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. Este ano, a iniciativa impulsada polo Concello de Viveiro celebrarase entre o 17 e o 23 de outubro.
“Superarte é un dos grandes exemplos do noso esforzo como Goberno local por acadar un Viveiro máis inclusivo. Un proxecto que cumpre a súa cuarta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional ”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A mostra conta en cada edición coa colaboración dunha asociación. Para este ano, o...
leer más