Alfoz

Etiquetas:
24/05/2018

O grupo Batuko Tabanka, integrado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense, actúa en Alfoz no marco da xira por concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para promover a interculturalidade e a inclusión. Será no Castelo de Castrodouro o sábado 26 de maio, ás 19 horas, na xornada seguinte ao Día de África. O concerto complementa a mostra fotográfica ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’ e unha exposición da ONG Mans Unidas sobre a muller e a niñez en África que inauguraranse o mesmo día as 18.45 horas e poderán visitarse durante o mes de xuño no mesmo espazo.

A emigración, a identidade ou a situación da muller son algunhas das cuestións que centran os temas de Batuko Tabanka, que tamén ofrecerá unha charla introdutoria na súa actuación. A agrupación reivindica a música tradicional de Cabo Verde ao...

leer más
Etiquetas:
10/05/2018

A actividade terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Os destinatarios son familiares e coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral.

O obradoiro será impartido por María Olga Roca Bergantiños, enfermeira supervisora da EOXI de Lugo.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no departamento de Servizos Sociais do Concello de Alfoz ou chamando ao número de teléfono 982 55 80 01.

Os asistentes a este obradoiro recibirán un certificado que acredite a súa participación. 

 

Etiquetas:
29/04/2018

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso básico de apicultura en Alfoz.

A actividade, que terá lugar os días 26 e 27 de maio, desenvolverase na Casa da Cultura de Alfoz.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 981 508 142, ou na web www.apiculturagalega.es e info@apiculturagalega.es.

Este curso é de balde para socios/as de AGA, e para o resto o prezo é de 50 euros. Colabora o Concello de Alfoz.

13/04/2018

Dende este sábado, 14 de abril, a segunda parte da Exposición Itinerante ‘Percorridos pola colección Numismática do Museo Provincial de Lugo’ poderá visitarse gratuitamente na sala de exposicións do Castelo Castrodouro de Alfoz, ata o 21 de maio de 2018.

Nesta segunda parte o visitante poderá coñecer o estudo das moedas modernas e contemporáneas que establecen un marco cronolóxico dende o s. XVI ata a actualidade.

O monetario do Museo Provincial de Lugo supera as 8.000 pezas e dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, coas exposicións itinerantes a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías  preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática.

Etiquetas:
13/04/2018

El 13 de mayo tendrá lugar el I Descenso en Kayak Río Ouro, Asociación A Comparsa de Alfoz-Valadouro.

El precio de la inscripción es de 25 euros, e incluye seguro, autobús, kayak, remos, chaleco salvavidas, monitor, bocadillo y bebida. Las plazas son limitadas e las personas interesadas pueden anotarse en los números de teléfono 646 242 813 (Silvia) e 627 735 827 (Nayara).

La salida será a las 11:00 horas, desde la explanada de la depuradora de Carballido (Alfoz), en autobús hasta el punto de salida de la actividad. A las 11:15 h. se procederá a la entrega de material y disposición de los kayaks, y a las 11:30 horas comenzará el descenso. A la llegada se les entregará a todos los participantes un bocadillo y una bebida.

Organiza la asociación Os Fandangueiros, y colaboran los Concellos de...

leer más
Etiquetas:
12/03/2018

O pasado sábado, día 10 de marzo, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, celebrouse a gran final do I Certame de Curtas de Alfoz e O Valadouro, á que concorrían os 8 filmes finalistas. Decidíronse tres premios, coa axuda do público e dun Xurado formado por tres cineastas da Mariña: Miguel García, de Mondoñedo; Xacio Baño, de Xove, e Matías Niceza, de Burela. Asistiron moitos participantes, que chegaron das catro provincias de Galicia, pois un dos requisitos do Certame é que o cine presentado fora en galego. Participaron no certame diversos centros educativos, así como cineastas individuais. Houbo varios xéneros cinematográficos representados, dende as películas de animación ata os documentais e os filmes de ficción. Os Xurados destacaron a calidade dos traballos presentados. Estiveron presentes os Alcaldes de varios concellos mariñáns. Os...

leer más
Etiquetas:
12/03/2018

O vindeiro mes de abril celebraranse as V Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Proba Deportiva: Sábado 7 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Cultural: Sábado 14 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Artística: Sábado 21 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 28 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.

Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte.  Entre as novidades pódese destacar que nas probas dos xogos populares, introdúcese unha proba para nenos e nenas de ata 12 anos. Ademáis, un ano mais, todas as probas...

leer más
Etiquetas:
06/02/2018

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza o Concurso de Disfraces, que terá lugar o vindeiro luns, 12 de febreiro, ás 21:30 horas no Pavillón.

As inscricións poderán facerse o propio día a partir das 20:00 horas. Os premios serán de 160 euros o primeiro e 110 euros o segundo na categoría de Charangas e Comparsas. En Adultos Grupos o primeiro recibirá 150 euros, o segundo 100 euros e 50 euros o terceiro. En Adultos Parellas o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 70 euros e o terceiro de 40 euros. E en Adultos Individuais o primeiro terá 80 euros, 60 euros o segundo e 30 euros o terceiro. Na modalidade Infantil (ata 12 anos) Individual o primeiro premio recibirá 50 euros, o segundo 40€ e o terceiro 20 euros. En Infantil Parellas o primeiro será de 60 euros, o segundo de 50€ e 30 euros o terceiro. E en Infantil...

leer más
Etiquetas:
22/01/2018

Ata o 11 de febreiro de 2018 permanecerá aberta no Castelo de Castrodouro, no concello de Alfoz, unha exposición itinerante de ourivería antiga. Trátase da mostra “A colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo”, que fai un percorrido por esta arte desde a idade de bronce ata a idade media. Inclúe unha réplica a tamaño real do Torques de Burela (S.II a.C. – S. I d.C.).

Ademais desta exposición itinerante o Castelo alberga outra permanente sobre as zocas. O acceso ás mostras e ao castelo é de balde. 

 

Etiquetas:
18/01/2018

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) vai organizar o III Curso de Cestería, impartido unha vez máis por Ramón Vázquez, "Moncho do Carballo", cesteiro da parroquia de San Acisclo do Valadouro. 

De novo o lugar de celebración será o local das antigas escolas de Adelán, en Alfoz. Terá lugar todos os martes de 20:00 a 22:00 horas, comezando o 6 de marzo e finalizando o 12 de xuño, de maneira que constará de 14 sesións (non haberá o martes 1 de maio por ser festivo). 

Os socios do SEVA interesados en participar neste cursiño deberán abonar 45 euros, mentres que os que non sexan socios do SEVA deberán abonar 55 euros. Para apuntarse ao cursiño poderán facelo chamando ou enviando unha mensaxe ao número 619389997 ou ben enviando unha mensaxe ó correo peinoster@gmail.com. Só...

leer más