Burela
28/07/2015
A asociación Pasada das Cabras ten prevista unha ruta polas terras do Masma, en Lourenzá, o domingo 2 de agosto. Son 12 quilómetros de dificultade baixa e a participación na actividade custará 10 euros para os socios do colectivo e 15 para os que non o son. A saída será ás 8:30 horas na estación de autobuses de Burela. Ao remate do camiño os participantes poderán gozar dunha churrascada na área recreativa da Cazolga (Lourenzá), invitados por Pasada das Cabras.
Os que desexan anotarse poden facelo en Gráficas Arfe ou no teléfono 982.58.05.04 antes deste mércores, 29 de xullo, ás 20 horas.
23/07/2015
A nave de redes acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto a décimo terceira edición de Produart, que organiza a Fundación Expomar. A feira tamén foi presentada hoxe. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliñou a calidade dos expositores, preto de 70 se darán cita nesta décimo terceira edición: “trátase de expoñer produtos que sexan bos para a saúde, bos de producir, sostibles para o medio ambiente. Vai haber produtos ecolóxicos de diferentes fórmulas alimentarias, pero tamén haberá artesanía e produtos para empregar tanto na vivenda como en xardíns, todo considerado mediaombientalmente sostible. É unha forma de dar a coñecer artigos que son respectuosos co medio ambiente e que encima aforran enerxía e abaratan o recibo da luz todos os meses”. En Produart haberá: queixos, viños, doces, embutidos, comercio xusto, aceites, algas, conservas, cremas e xabóns, coiro, prata,...
leer más 23/07/2015
O barco museo Reina del Carmen acolleu esta mañá a presentación da XXXI Feira do Bonito de Burela, que terá lugar o día 1 de agosto, organizada una ano máis pola Sociedade Cultural Ledicia e coa que colabora o Concello. Paralelamente, entre o 31 de xullo e o 2 de agosto celebrarase na nave de redes a feira de produtos artesanais e ecolóxicos Produart, que chega á súa décimo terceira edición. Agárdanse máis de 60 expositores, segundo deu a coñecer este mediodía o alcalde, Alfredo Llano.
Na XXXIII Feira do Bonito consumiranse 2.800 quilos de bonito, cocido, asado e en empanada a un prezo de 8 euros por ración. O bonito comezará a servirse ás 14 horas, xusto despois do pregón. Á feira sumaranse as propostas gastronómicas dos restaurantes da localidade entre o 31 de xullo...
leer más 20/07/2015
A Concellaría de Cultura celebrará o 16 de agosto na praza da Mariña o I Rastrillo Popular ao que están invitados todos os particulares que queiran desfacerse de obxectos que xa non usan.
Segundo explicou José Díaz é a primeira vez que se organiza unha iniciativa deste tipo por parte de Concello, que pretende avaliar o seu funcionamento con vistas a poder celebrar estes mercados con máis frecuencia. A idea veu de A Coruña: “es un proyecto pionero en A Mariña, que no tenía ninguno, solo algún proyecto de rastrillos solidarios organizados por asociaciones, aquí en Burela mismo. Esto lo vi en A Coruña, en un barrio en el que estaba anunciado un rastrillo popular. Los vecinos llevaban cosas que tenían en casa y que no usaban. Todos tenemos y acumulamos un montón de cosas con...
leer más 20/07/2015
Burela ten unha cita cos produtos artesanais e ecolóxicos entre o 31 deste mes e o 2 de agosto na feira Produart, un encontro que chega á súa XIII edición. Organizada pola Fundación Expomar, que preside o alcalde de Burela, Alfredo Llano, a cita terá lugar na nave das redes do porto e abrirá as súas portas ás 17.30 horas do venres 31 de xullo con carácter totalmente gratuíto para os visitantes. Ademais da propia exposición de produtos, haberá todo un programa de actividades paralelas no recinto feiral de Burela. A música, os videoforums, os obradoiros para nenos, as demostracións en vivo e as degustacións acompañarán aos produtores durante toda a feira.
A Feira Produart coincide coa Festa Degustación do Bonito, que organiza un ano máis a A.C. Ledicia e que está fixada para...
leer más 15/07/2015
A praza da Mariña será escenario da segunda proxección de cine ao aire libre, que organiza a Concellería de Cultura. A cita terá lugar este sábado, 18 de xullo, ás dez da noite. A película da que poderá gozar o público familiar é Piratas, un filme de animación co producido por Reino Unido e Estados Unidos, segundo deu a coñecer esta mañá José Díaz, o edil de Cultura.
Díaz indicou que “esta nova sesión é para darlle continuidade á primeira que fixemos hai uns días, esa foi coma unha proba para ver como respondían os veciños e as veciñas de Burela diante desta iniciativa. O pasado sábado proxectouse na praza da Mariña en pantalla xigante Maléfica de Disney e a resposta foi moi boa. Calculamos que asistiron entre 450 e 500 persoas e a conclusión é tivo éxito e ademais a...
leer más 14/07/2015
A asociación Pasada das Cabras de Burela fará o sábado, 18 de xullo, a súa ruta nocturna a San Ciprián, unha cita que vén organizando verán tras verán. A saída do percorrido será ás dez da noite da Praza da Mariña de Burela, e a fin do camiño en San Ciprián. Os participantes tomarán unha chocolatada con churros gratuíta no bar O Noso Lar.
Os organizadores recomendan levar chaleco reflectante e lanterna. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982580504 antes do día 17 de xullo ás 20 horas.
06/07/2015
O vindeiro sábado,11 de xullo, a asociación Pasada das Cabras, de Burela, vai facer a ruta dos Acantilados de Loiba13 quilómetros e dificultade baixa. O desprazamento ata Loiba e a volta será en tren. Os prezos serán de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son, inclúe billete de tren, comida e seguro.
A saída será ás 7,25 da mañá da Estación de Feve (puntuais, o tren non espera) e o regreso ás 17,05 h., Feve ten as prazas limitadas, asignaranse por orde de inscripción.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves día 9 de xullo ás 20,00 h.
01/07/2015
Todo está listo en Burela para a celebración da Festa Castrexa do 3 ao 5 de xullo.
Haberá diversas actividades coma mercados nas prazas do Concello e da Mariña e na rúa Pardo Bazán. Catro grupos animarán eses mercados e preto de 1.000 persoas participarán no desfile co que dará comezo a festa o venres pola noite. Na zona do porto instalarase por primeira vez un poboado castrexo.
A Festa Castrexa reunirá a 27 clans neste 2015. Os mellor caracterizados levarán premios en metálico ao igual que os locais hostaleiros que se engalanen para a festa. Bares, mesóns e restaurantes ofrecerán menús e tapas a prezos especiais.
Os que se acheguen a Burela estes días poderán gozar dun amplo programa de...
leer más 26/06/2015
Imdecum presentou esta mañá a terceira edición do Campus de Fútbol Base ‘Máis que Fútbol’ de Burela. O complexo deportivo da Marosa, escenario do clínic entre o 13 e o 18 de xullo, acolleu o acto; xunto ao presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do campus, Juanma Marrube, tamén participaron, como colaboradores na organización da cita futbolística, o directivo da AFD Porto de Burela, Alberto Rega Río, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ademais do edil Ramiro Fernández.
Ao longo de 6 días os rapaces/as de entre 6 e 15 anos (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) terán a oportunidade de coñecer máis sobre o fútbol sen deixar de divertirse, compatibilizando adestramentos, campionatos de precisión,...
leer más












