Foz

Etiquetas:
01/10/2017

Foz acollerá o día 7 de outubro, sábado, ás oito e media da tarde o sorteo de 1.500 euros en vales de compras da campaña da Federación de Comercio de A Mariña.

Para participar hai que gardar os tíckets das compras realizadas entre os días 1 e 7 de outubro e presentalos o sábado, día 7, de 11 a 14 horas ou de 17 a 20:30 horas na carpa que estará instalada diante da Casa do Concello de Foz, lugar onde se realizará o sorteo presencial dos 1.500 euros en vales de compra.

Os establecementos focenses que participan nesta iniciativa son 5 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou Centro Óptico Foz, Calzados Pirde, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Dietético y Nutrición Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Oulet, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio La Ola,...

leer más
Etiquetas:
21/09/2017

As pistas de Marzán acollerán un torneo internacional de tenis infantil desde mañá, venres, ata este domingo, día 24. Neste evento deportivo, que está organizado polo Club de Tenis de Foz, colabora o Concello focense e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, participou na súa presentación xunto aos membros do club Roberto Paradela e Ramón Cajoto.

Desde mañá, venres, a partires das 17:30 horas loitarán pola vitoria os oito mellores infantís do noroeste peninsular, concretamente os dous mellores xogadores de Asturias, de Cantabria, de Portugal e de Galicia, entre eles o focense Dani García. O sábado a partir das 10 da mañá xogaranse os partidos de segunda e terceira rolda, quedando para a tarde, dende as 17:00 horas, as semifinais. O domingo a partir das 11 da mañá terán lugar as finais.

Etiquetas:
20/09/2017

A Casa da Xuventude de Foz acollerá o día 28 deste mes, xoves, a partir das cinco da tarde as actividades da iniciativa denominada Rapaciñ@s, sobre o uso das novas tecnoloxías.

Desde o departamento de Xuventude do Concello focense explican que “a iniciativa Rapaciñ@s ten por obxectivo que nais, pais e docentes accedan a información e recursos educativos de interese para que poidan acompañar a incorporación ás novas tecnoloxías dos seus fillos, fillas ou estudantes. Asemade Rapaciñ@s desenvolve actuacións orientadas especificamente a nenas e nenos de todas as idades para que adquiran hábitos seguros para navegar na Rede e poidan desenvolver a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros e xogos didácticos. O programa desenvolve diferentes actividades como charlas a menores, acompañadas de actividades lúdicas, sobre as novas...

leer más
Etiquetas:
20/09/2017

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 30 de setembro a partir das 16:30 horas, unha visita ao patrimonio esquecido de Foz que estará guiada polo presidente de Mariña Patrimonio, e estudoso da riqueza patrimonial da comarca, Manuel Miranda.

O roteiro incluirá a visita ao castro de Fazouro e ao seu porto onde se atopan restos arqueolóxicos. Tamén se percorrerá a Fortaleza da Frouxeira na que se reparará naqueles aspectos descoñecidos, e a antiga mina de estaño da Furada da Serpe en Santa Cilla. Finalmente visitarase o Cano dos Mouros, outro posible xacemento mineiro sito en Santa Cilla.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao...

leer más
Etiquetas:
19/09/2017

Este mes de setembro comeza na Librería Bahía, en Foz,  un Taller de Escritura dirixido polo poeta Eduardo Estevez.

Está dirixido a homes, mulleres, rapazas e rapaces de 13 anos en diante –non hai idade límite por enriba- que lles guste escribir ou que lles gustaría facelo, pero non saben moi ben como empezar.

Vaise desenvolver durante todo o curso en dúas sesión mensuais os venres ás oito e media da tarde.

O próximo 29 de setembro ás oito e media dará comezo cunha sesión de presentación aberta para aquelas persoas que queiran achegarse e ver de qué se trata e tamén para as que xa están apuntadas e teñen claro que queren participar.

Eduardo Estevez ten publicados varios libros de poesía, un deles en colaboración co fotógrafo laurentino Nachok, e dirixe talleres...

leer más
Etiquetas:
19/09/2017

Foz acollerá ata finais deste mes de setembro actividades como un concerto cun piano flotando na auga do peirao, teatro e cine. Anunciouno hoxe, martes, o concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo Soto.

O edil explicou que “a programación para esta segunda quincena de setembro empeza este xoves, día 21, con teatro na Casa da Cultura ás oito e media da tarde. O grupo Malasombra representará a obra titulada D.E.P., unha comedia na que mostran o egoísmo e a mentira entre irmáns por unha herdanza. Esta obra está destinada a todos os públicos”.

Ánxel Paleo engadiu que “este sábado celebrarase o Día da Bicicleta, que terá a súa saída ás catro da tarde dende o Parque Infantil de Tráfico; irá ata a praia da Pampillosa, onde haberá un avituallamiento, para despois volver ao punto de saída e alí farase a entrega de...

leer más
Etiquetas:
18/09/2017

O novo curso das escolas deportivas municipais de Foz será presentado mañá, martes, cun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura ás seis da tarde. As actividades comezarán o día 2 de outubro, luns, e rematarán o 31 de maio.

Nas escolas deportivas municipais focenses poderán participar todos os alumnos nados entre os anos 2012-2002 (ambos inclusive). Deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da seguridade social, adxunta coa ficha.
 
As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento.  

As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude. 

Etiquetas:
15/09/2017

O Concello focense e o Club Ciclista Foz organizan o Día da Bici, que se celebrará o 23 deste mes de setembro, sábado.

O Concello de Foz anunciou hoxe que “a inscrición para participar poderá realizarse na Casa da Xuventude focense desde o vindeiro luns, día 18, ata o venres 22 ou no teléfono 982.13.30.37. E tamén é posible apuntarse o mesmo día no lugar de saída da marcha, que é o parque infantil de tráfico (PIT), de 14:30 a 15:30 horas. Este ano de novo pedimos a colaboración co Banco de Alimentos con un quilo de produtos (o que máis se necesita é leite, galletas, cacao, pasta ou produtos de hixiene).

Tamén explican: “partiremos ás 16 horas do PIT ata a praia da Pampillosa, onde teremos o avituallamento. Esta xornada lúdica é un clásico que moitas persoas agardan para compartir unha xornada de deporte en familia...

leer más
Etiquetas:
07/09/2017

A Deputada de Recadación Económica e Facenda, Mayra García Bermúdez, inaugurou a mostra itinerante Nós+outrxsen rede, que estará exposta ata o 8 de outubro, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) de Foz. Fíxoo xunto ao Tenente de Alcalde de Foz, Pedro José Fernández Martín, á Coordinadora da exposición, Encarna Lago, e a varios autores desta exposición colectiva. 

García Bermúdez sinalou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos Concellos da provincia, exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que dinamizamos a vida nas vilas e difundimos o traballo dos artistas lucenses por toda a provincia”.

Trátase dunha colección de máis de 140 obras, que conta coa colaboración do municipio focense, na que...

leer más
Etiquetas:
04/09/2017

As rúas de Foz acollerán dúas actividades de cine ao aire libre mañá, martes, e este mércores, día 6.

Mañá, martes, no paseo da Rapadoira terá lugar a iniciativa denominada A Caixiña dos Mistos, que ofrece proxeccións e obradoiros de cine para nenos e nenas maiores de 3 anos de idade.

E este mércores, día 6, ás dez da noite proxectarase a película Os fenómenos, protagonizada por Lolas Dueñas e Luis Tosar e para maiores de 7 anos. Está previsto que se celebre na praza Conde de Fontao, pero en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura. 

Esta iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Foz, chamada Cine de Verán, está subvencionada pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, da Xunta de Galicia, dentro do programa FalaRedes.