Mulleres
A Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela recupera o próximo venres, 28 de outubro, na Casa da Cultura a obra “Lara Hierro” ás 21 horas, con Clara Ferrao, Constance Hurlé e Esperanza Mara.
Un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración millenial, que fora adiado no mes de abril e agora volve programarse con nova data. Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.
Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustación, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á súa xeración.
Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro de risoterapia para mulleres.
A edil Mónica Freire explica que “continuamos organizando actividades que ofrezan ferramentas ás mulleres para fortalecerse. O obxectivo é brindar ás participantes un espazo onde aprender a utilizar os beneficios da risa reducindo a ansiedade e aumentando a súa enerxía para afrontar as situacións cotiás. O coidado do entusiasmo é un factor crave do empoderamento e queremos fomentalo”.
A concelleira ribadense sinala que “con esta terapia ancestral traballaremos, entre outras cousas, a autoestima, o estrés e a desinhibición. Aprenderemos a estar máis receptivas e a harmonizar corpo e mente. Parécenos fundamental continuar creando espazos de sororidade para tecer redes de apoio que empuxen a eses cambios que a nosa...
leer másA Oficina de Turismo de Xove acolle desde este martes e ata finais de agosto a mostra “Mariñas, marosas e maruxainas”, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.
As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.
A mostra forma parte do proxecto “Amar a mar”, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola Vicepresidencia da Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao,...
leer másO 29 de xuño terá lugar unha charla sobre a endometriose. Será no salón de actos da Escola de Música de Ribadeo ás 20 horas. Está organizada pola Concellaría de Igualdade, o CIM e a asociación QuerENDO.
Dende a Concellaría de Igualdade explican: “continuamos coa campaña de difusión e concienciación sobre a endometriose para sensibilizar á sociedade desde unha perspectiva social, integral e de xénero, apoiando o traballo que fan asociacións como QueENDO coas mulleres afectadas”.
E engaden: “o salón de actos da Escola de Música de Ribadeo acollerá ou vindeiro mércores, 29 de xuño, o faladoiro Endometriose, a epidemia oculta, da man de Cristina Fernández Feijoo, presidenta de QuerENDO, a asociación galega sen ánimo de lucro que procura visibilizar a casuística desta enfermidade crónica. O faladoiro explicará, entre...
leer másA Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao balneario Forus, de Xixón, o vindeiro 29 de maio. Forma parte das actividades de lecer para as mulleres que este departamento retoma despois da pandemia do covid. O Concello costea un autobús con 50 prazas e as asistentes aboarán 18 euros por acceder ao balneario. O prazo de inscrición ábrese mañá, 12 de maio, e rematará o 25.
A edil Mariluz Álvarez Lastra dixo que “coa chegada da pandemia, os últimos anos, esta iniciativa non se puido levar a cabo. Con todo, agora recuperamos esta actividade dirixida exclusivamente a mulleres adultas. As interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM: cim@ribadeo.org ou chamando ao telefono 982 120 739. Temos 50 prazas dispoñibles”.
A concelleira de Igualdade sinalou que “con esta...
leer másSomos Unidos por el Cáncer organiza o próximo 31 de maio a partir das 19.00 horas no Salón de Actos do Hospital Público da Mariña, unha conferencia titulada ‘El sujetador y su función para la salud’.
A charla será impartida por Bego Bermúdez, asesora de roupa íntima.
As persoas interesadas en acudir poden inscribirse chamando ao teléfono 699925296.
Estratexias para a busca de emprego é o título do curso que se impartirá a vindeira a semana, os días 19 e 20 de abril, na Aula CeMIT co Concello de Ribadeo. Está dirixido a mulleres de 18 a 65 anos.
Segundo explican desde a Aula CeMIT “trátase dun curso presencial, que se desenvolverá en horario de tarde de 17 a 20 horas. Esta formación ten coma destinatarias ás mulleres de entre 18 e 65 anos. O obxectivo principal é fomentar a empregabilidade e o emprendemento das mulleres, mediante o uso das novas tecnoloxías que temos o noso alcance”.
O día 19 a temática que se abordará estará centrada nas competencias dixitais para a busca de emprego, usando o ordenador. E o día 20 as asistentes afondarán en cómo afrontar unha entrevista de traballo.
As mulleres interesadas en acudir a este curso...
leer másO 29 de abril a Casa da Cultura de Burela acollerá ás 21:00 horas a estrea de "Lara Hierro", un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial.
Lara pon o movemento, Alma a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo. As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran.
"Lara Hierro" é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración.
Un espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falan son a danza, a palabra, a música e a...
leer másEste domingo, 27 de marzo, a agrupación musical lucense Lucus Ensemble, ofrecerá o concerto «Notas Femininas» no que repasará o papel da muller na historia da música.
A Concellería de Igualdade de Barreiros pecha así o ciclo de actos organizados este mes de marzo dedicados á muller dentro do programa “Barreiros con M de Mulleres”.
A actuación terá lugar ás 19.00 horas nos colexios vellos de San Miguel con entrada libre e ata completar aforo.
"As que limpan" fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Na súa fronte, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. Neste espectáculo as artistas formulan 3 preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe o turismo sostible? Quen limpa na casa da limpadora?
"As que limpan" non só fala de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.
A obra está prevista para as 19:30 horas do vindeiro domingo, día 6, na Casa da Cultura de San Ciprián.