Mulleres
O Concello de Barreiros dará continuidade á programación de Entroido con diversos actos que se encadran dentro do slogan “con M de Mulleres” e que se desenvolverán ao longo do mes de marzo. Con esta programación quérese dedicar este mes de marzo ás mulleres mariñás, que serán as protagonistas da meirande parte dos actos.
O programa comeza coa actuación musical do grupo “Habelas Hainas”. Grupo feminino formado en 2010 e que toma como punto de partida a música de raíz. Combinan, de xeito brillante, un son enérxico, fresco e orixinal, sempre desde unha perspectiva de xénero. Esta actuación está financiado pola Área de Igualdade da Deputación de Lugo e terá lugar este domingo, 6 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme ás 19 horas.
Para o domingo 13 de marzo ás 18 horas, tamén no centro sociocultural de San...
leer másRibadeo celebrará o Día Internacional das Mulleres con teatro, cunha exposición de fotos e coa presenza da rapera de orixe marroquí Miss Raisa. As actividades desenvolveranse do 6 ao 12 de marzo, segundo deu a coñecer a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.
A edil ribadense dixo que “un ano máis, a Concellaría de Igualdade de Ribadeo, conmemorará unha data tan importante como 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, con diferentes actos lúdico reivindicativos tomando como referencia A Educación: a porta para o cambio social”.
Álvarez Lastra explicou que “comezaremos o vindeiro domingo, 6 de marzo no Teatro, ás 20:00 horas co espectáculo O Benquerer(se) da compañía Aldaolado. Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as...
leer másA compañía De Ste Xeito representará "Feminíssimas" na Casa da Cultura de Burela o 18 de Marzo ás 21:00 horas.
Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres maneiras moi distintas de entender o “feminismo". Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Este é o punto de partida da creación de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira.
Trátase dunha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá a representación de Bravas con Isabel Risco. A función terá lugar o 11 de febreiro ás 21:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trátase do segundo espectáculo unipersoal protagonizado por Isabel Risco no que presenta a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Dirixido por Fran Rei reivindica e visibiliza persoaxes femininos da historia e da mitoloxía de Galicia, como María Soliña ou María Castaña, pero tamén a mulleres anónimas que se involucraron en movementos e loitas sociais como as cigarreiras de A Coruña que levaron a cabo a primeira folga feminina en 1831.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Burela, Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 21-22.
O Auditorio Municipal de Burela acollerá este venres, día 17 de decembro, o espectáculo Polafía Burela. Dará comezo ás 19:00 horas e a entrada é libre ata completar aforo.
A actuación será un homenaxe ao grupo Batuko Tabanka, Mestras da Memoria 2020.
Intervirán xunto a Batuko Tabanka: Banda Krioula, Acordeonistas da Mariña, Bernardo Penabade e Lois Pérez.
A actividade está organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e subvencionada pola Deputación de Lugo e CEDRO, coa colaboración do Concello de Burela e Casa da Cultura.
Alfoz é un dos Concellos elixidos para levar a cabo o Curso de defensa persoal e autocapacidades, organizado pola Secretaría de Igualdade para a prevención de situacións de violencia de xénero.
Trátase de formación-adestramento tanto físico como psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Está dirixido a mozas e mulleres cunha condición física normal. O curso é totalmente gratuito.
Realizada unha pre-inscrición para formar grupo, fixouse a data e horario de realización: sábado 15 de xaneiro de 2022, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural e no Pavillón Municipal de Alfoz.
As mulleres e mozas...
leer másFoi inaugurada en Foz a versión itinerante de “Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas”, un proxecto expositivo que naceu do 50 aniversario do Museo Provincial do Mar e que aborda, desde distintos enfoques temáticos, a importancia do mar na configuración cultural e material da comarca da Mariña.
A segunda pranta do CENIMA (Centro de Interpretación do Mar) acollerá ata o vindeiro 13 de xullo as tres mostras que forman o proxecto:
“Mariñas, marosas e maruxainas, que inclúe 16 retratos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da comarca. As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas.
... leer másO venres, 11 de xuño, ás 20:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga, de Mondoñedo, o espectáculo de Carmen Conde “A Aldea das Mulleres” presentado por Tarabela Creativa.
A “Aldea das Mulleres” é o novo espectáculo de Carmen Conde, que transcorre ao tempo que debulla fabas. Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten "buscarse os feixóns", constrúe a aldea das mulleres con relatos das súas habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como único alimento para roer en tempos da fame. Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público...
leer másO Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza para o mes de xuño a actividade Mulleres no Mundo. Dereitos sexuais e reprodutivos. Trátase da proxección de tres documentais que achegan á cidadanía mariñá a realidade vital de mulleres moi diversas e interpélannos a participar activamente nun debate que transcende fronteiras, crenzas e clases sociais nun momento no que os dereitos das mulleres vense ameazados en diversas partes do mundo. Despois dunha breve presentación e contextualización do documental procederemos á súa visualización. A continuación, realizarase un coloquio e reflexión sobre diferentes aspectos abordados en cada documental.
Comeza o día 11 de xuño co documental “Que sea ley” (2019). Móstranos as protestas convocadas por Marea Verde, movemento que impulsou a milleiros de mulleres a saír ás rúas e esixir...
leer másDesde hoxe, día 1, ata o luns 14 de xuño pode visitarse na oficina de turismo ribadense a exposición Elas tamén soan. Ribadeo: Música en feminino. É un traballo do colexio Sagrado Corazón que está aberto ao público de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
A coordinadora do proxecto é a xefa de estudos do centro, Begoña Sanjurjo, quen explica que se trata “dun traballo levado a cabo baixo a dirección de Carmen Rodríguez Cancelo polo alumnado de 4º ESO do Sagrado Corazón no curso 2018-19. O deseño e a maquetación dixital foi feita por Carme Rodríguez Rodríguez. Era para expoñer o ano pasado pero a situación sanitaria non nolo permitiu”.
Begoña Sanjurjo engade que “este traballo mostra o papel das mulleres na música como compositoras ou intérpretes, papel moitas veces invisible polo simple feito de ser mulleres. A través de once...
leer más