Mulleres
Dende o 7 de abril no Cenima, de Foz , 11 mulleres mariñáns serán as protagonistas da exposición da cuarta edición da Semana das Artes da Mariña lucense. Permanecerá aberta ata o 28 do mesmo mes. Contará coa visita dos escolares e profesores da Mariña, como ven sucedendo nas edicións anteriores, e co público que queira achegarse a contemplar as propostas artísticas destas 11 artistas: Zili Katova, Cristina Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas, Alicia Puchades, Carmen LLonín, Adriana Pardo, Laly Santos, Pili Rei, Lucía Catuxo e Renata Otero.
Esta nova proposta pretende integrar arte e educación, como medio de avanzar nos procesos creativos de todas e todos os habitantes da comarca. Coñecemento, creatividade e expresión artística, son os soportes dun desenvolvemento emocional que intenta mellorar as condicións de vida dos/as cidadáns mariñáns. Con...
leer másO Concello de Ourol, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza varios actos para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo.
O sábado, 11 de marzo, haberá unha xuntanza de mulleres cunha charla de sensibilización e comida-baile.
Dará comezo ás 13:30 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol . O custe da comida é 10 euros e o prazo para anotarse remata o mércores 8 de marzo. O abono é previo a retirada de entradas no departamento de Servizos Sociais.
A Concellaría de Igualdade organiza en un curso intensivo de autodefensa feminista e un taller de novas masculinidades, entre outras actividades, coa clara reivindicación de que “o 8 de marzo debera ser todos os días”.
O curso de autodefensa feminista desenvolverase o venres, 3 de marzo, no Colexio Sagrado Corazón de Xesús pola mañá e no IES de Ribadeo pola tarde. E o sábado, 4 de marzo, farase unha xornada aberta e destinada ao público en xeral desde as 10 da mañá ata a unha do mediodía no ximnasio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. Desde o CIM lembran que hai prazas limitadas, polo que é preciso anotarse enviando un e-mail ao correo cim@ribadeo.org ou ben chamando ao 982 120 739.
O 7 de marzo o alumnado do ciclo de educación infantil do CIFP Porta da Auga desprazarase ata o colexio público Gregorio Sanz e ao colexio...
leer más












