Mulleres

Etiquetas:
07/03/2016
O Concello de Foz convoca o concurso "O que nunca che dixen", con motivo da celebración do Día da Muller.
 
Con este concurso organizado pola Delegación de Muller, que dirixe a concelleira Mercedes Alonso, preténdese expresar a unha muller (nai, avoa, moza,…) o que nunca se lle dixo. Un agradecemento que deberá plasmarse nunha frase, debuxo ou fotografía cun texto que reflicta un sentimento cara a unha muller. Poderán enviarse as obras a través das redes sociais do Concello de Foz (twitter, facebook ou instagram) ou ben ao enderezo electrónico muller@concellodefoz.es.
 
Neste certame colabora CCA-ACIA Foz doando o premio dun vale por un importe de 100 euros.
As bases do concurso recollen que poderán participar todas as persoas que o desexen sen  límite de...
leer más
06/03/2016
"Coco, de la rebeldía a la leyenda Chanel" proxectarase o 11 de marzo na Casa da Cultura de O Valadouro.

 

A Área de Servizos Sociais do Concello de O Valadouro conmemorará o día da muller traballadora o vindeiro venres, 11 de marzo. Será coa proxección da película “Coco, de la rebeldía a la leyenda de Chanel”, que se poderá ver a partir das 20 horas na Casa da Cultura.

Etiquetas:
05/03/2016
O Concello de Burela organiza varios actos para celebrar o día internacional da muller. Serán os días 8 e 10 de marzo.
 
O Concello organiza varios actos durante a vindeira semana para conmemorar o día internacional da muller. O martes, 8 de marzo, no salón de plenos ás sete da tarde haberá unha actuación do grupo Batuko Tabanka e ás sete e media o alcalde, Alfredo Llano, lerá un manifesto conmemorativo. 
 
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, sinala que “queremos contar ese día coa actuación de Batuko Tabanka, un grupo formado integramente por mulleres inmigrantes, residentes en Burela, e que son un claro exemplo de integración e de conciliación da vida laboral e familiar, así coma embaixadoras da súa cultura e da conservación dos seus costumes”. 
 
O xoves,...
leer más
Etiquetas:
05/03/2016
Este mes de marzo dará comezo en Ribadeo un taller de relaxación e prevención do estrés e prepárase outro de autodefensa para mulleres. Son actividades da Concellaría de Igualdade.
 
A Concellaría de Igualdade ten prevista unha axenda de actividades a desenvolver ao longo dos vindeiros meses para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e para previr a violencia machista. Este mes dará comezo un taller de relaxación e prevención do estrés e prepárase outro de autodefensa. Ademais as xornadas de violencia de xénero terán lugar en abril. 
 
O programa formativo #laretasdaigualdade da Concellería de Igualdade está desenvolvéndose nos centros educativos con sesións presenciais onde o alumnado de 3º e 4º da ESO traballa a publicidade sexista para deconstruír modelos alternativos. Hoxe comezaron coa sesión práctica na que Xes Chapela, formador no eido audiovisual, lles está a impartir as nocións básicas para que...
leer más
Etiquetas:
04/03/2016
O salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo acollerá esta sábado, 5 de marzo, dúas charlas do xinecólogo Cristóbal Garfia.
 
A Agrupación Socialista de Ribadeo pon en marcha actividades de interese xeral, coma un ciclo de charlas que incluirá temas relacionados  coa saúde, facenda, iniciativa empresarial, acoso, igualdade, homofobia e transfobia, e outros que se irán incorporando ó programa segundo vaian vendo o interese e asistencia ás charlas. Este ciclo iniciarase o sábado 5 de marzo, con motivo da celebración do día da muller traballadora, con dúas conferencias de especial interese para as mulleres que impartirá o doutor Cristóbal Garfia, especialista en xinecoloxía e obstetricia con clínica en Burela. As dúas serán no salón de actos da Casa do Mar ribadense: unha para mulleres menores de 30 anos ás 18:30 horas e a outra para maiores desa idade ás 20 horas
 
... leer más
Etiquetas:
04/03/2016
Alfoz homenaxea ás mulleres este domingo, 6 de marzo. Haberá unha ofrenda floral e a lectura duns versos, a cargo de Carmen Geada.
 
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro dia 8, este domingo, día 6, Alfoz homenaxea ás mulleres cunha ofrenda floral que terá lugar a partir das once e media da mañá no Castelo de Castro de Ouro. O acto está organizado por Veciños de Alfoz. 
 
Con este acto preténdese “honrar a todas as veciñas que loitaron pola nosa terra e por aquelas que están a loitar hoxe polo futuro de Alfoz” segundo se sinala desde a organización. A Concelleira de Igualdade e Benestar, Carmen Geada, lerá uns versos e posteriormente depositaranse doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo de Castro de Ouro como símbolo de paz correspondendo aos doce meses do ano.
 
Etiquetas:
29/02/2016
Viveiro celebrará o Día da Muller Traballadora o 6 de marzo cunha andaina adicada á figura de Maruja Mallo.
 
O Concello de Viveiro a través da súa Concellería de Cultura, Muller e Xuventude, celebra este 6 de marzo os actos con motivo do Día da Muller Traballadora que se conmemora o día 8.
 
Este domingo, día 6, terá lugar a Primeira Andaina “Día da Muller Traballadora” adicada á figura de Maruja Mallo. A saída será ás dez da mañá de Portochao e o percorrido discurrirá polo Paseo Fluvial do río Landro, Xunqueira, Paseo Marítimo e rematará na Praza Maior.
 
Rematada esta andaina a Alcaldesa, María Loureiro, descubrirá as dúas placas que dan nome á rúa Maruja Mallo. Ademais repartiranse chapas conmemorativas do acto.
 
Etiquetas:
29/02/2016
O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar o Día da Muller o 8 de marzo. Un deles é unha homenaxe á veciña de San Adriano Felicitas Valiña.
 
O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar o Día da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo, martes. Un deles é unha homenaxe á veciña de San Adriano Felicitas Valiña Andía. As actividades foron presentadas hoxe pola alcaldesa, Rocío López, e pola concelleira de Benestar Social, Mercedes Dengra. 
 
O programa para o día 8 de marzo en Lourenzá arrancará ás 15:00 horas no salón de actos do Concello cun espectáculo titulado Maxia pola Igualdade a cargo da ilusionista Fani Triana, que está destinado ao público infantil. As 17:30 horas, tamén no salón de actos municipal, terá lugar unha entrevista seguida dunha homenaxe á laurentina Felicitas Valiña Andía, natural da parroquia de San Adriano, que rexentou ó longo de varios...
leer más
Etiquetas:
25/02/2016
O CIM e o Concello de Viveiro organizan unha cea de irmandade para conmemorar o Día Internacional da Muller. Será o 8 de marzo.
 
O Centro de Información á Muller e o Concello de Viveiro organizan unha cea de irmandade para o vindeiro 12 de marzo. Con esta cea  conmemora o Día Internacional da Muller, que se celebra o día 8 de marzo. 
 
A cea terá lugar no Restaurante Louzao a partires das dez da noite.
Etiquetas:
12/02/2016
En Cervo a Delegación Municipal de Igualdade e catro asociacións organizan diversos actos para conmemorar o día internacional da muller o vindeiro 5 de marzo.
 
A Delegación Municipal de Igualdade e catro asociacións do municipio de Cervo (Mulleres de San Ciprián, Mulleres en Igualdade, Mulleres Rurais As Espalladoras e Alborada) organizan diversos actos para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 5 de marzo, sábado. O programa de actividades foi presentado hoxe pola concelleira de Igualdade, Pilar Armada, e representantes dos catro colectivos.
 
Os actos empezarán na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 17:30 horas cun Café Bombón. Ás seis da tarde haberá unha charla sobre Dinámicas para mellorar a calidade de vida, que será impartida por Reyes Quelle. A continuación, ás 19 horas, terá lugar unha demostración de taichí a cargo da asociación Alborada. Posteriormente as actividades...
leer más