Mulleres
O vindeiro 10 de marzo terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Ourol, a II Xuntanza de Mulleres.
A programación para ese día comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú, e a partires das 14:30 haberá unha comida. Despois celebrarase un baile dende as 16:00 horas.
Esta actividade é gratuíta para as mulleres empadroadas no concello e para as mulleres non empadroadas o custe é de 15 euros.
A data límite para anotarse é o día 7 de marzo, e as mulleres interesadas en participar nesta xuntanza deberán retirar a súa entrada no departamento de Servizos Sociais.
A recentemente creada A Xanela Editorial abre o seu camiño editor cun libro moi especial: Elas, de Aurora Marco, que se presentará o vindeiro 29 de setembro en Ribadeo nun acto na Escola Municipal de Música e Danza.
Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade “a ensaísta, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, quixo mostrar nesta obra as contribucións das mulleres galegas nos diferentes ámbitos de ocupación desde as orixes ata 1975, ano de cambios políticos e punto de partida da revisión da situación e dereitos das mulleres”.
E engaden que “o libro, editado por A Xanela Editorial, é froito do labor de investigación iniciado na década dos 80 e recolle unha compilación de biografías que permiten ter unha visión do papel determinante da muller galega na sociedade...
leer másA Casa da Cultura de San Ciprián acolle unha mostra de labores da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.
Son os traballos que fixeron ao longo do curso un grupo de 20 mulleres deste colectivo no local municipal de Castelo, baseados fundamentalmente na pintura e na técnica do macramé.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xunto a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e de Muller e Igualdade, Pilar Armada, acompañaron na inauguración da exposición a unha representación deste colectivo.
A mostra, pódese visitar ata o día 30 de xullo, en horario de 11:00 a 13:00 horas, pola mañá; e de 18:00 a 21:00 horas, pola tarde.
As Espalladoras, da man da súa monitora Fuensanta Alonso, converteron a sala expositiva nunha casa, simulando o salón, os diferentes cuartos...
leer másA Concellaría de Igualdade pon en marcha o vindeiro 28 de maio un novo domingo a pé. Será un percorrido de 13 quilómetros que estará guiado por Teresa Díaz.
Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade lembra que “os domingos a pé son unha actividade anual dirixidas ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo illadas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou tripla xornada laboral. Ademais, de poder gozar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de exercicio físico”.
E engaden que “desta volta desprazarémonos desde Ribadeo pola Pastoriza, Abraído, Reme de Abaixo, vía do tren de Vilaodrid, As Aceas, Os Bloques e Ribadeo cun percorrido de 13 quilómetros. Esta ruta será o día 28 de maio...
leer másA Concellaría de Igualdade programa varias actividades para esta fin de semana. O sábado haberá un baño de sol e movemento no faro da Illa Pancha e o domingo será a viaxe ao Talaso de Xixón. Ademais desde mañá, venres, e ata o vindeiro mércores, 26 de abril, chegarán ás parroquias do rural técnicas de auto coidado e benestar para as mulleres.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde CIM explican que “Corpo de Muller foi un programa posto en marcha o pasado setembro pola Concellería de Igualdade dirixido a aquelas mulleres que desexen mellorar a súa utilización corporal cun método de fisioterapia suave, progresivo e activo, a reeducación postural global . Como remate deste programa Corpo de Muller o sábado, 22 de abril, levárase a cabo un baño de sol e movemento no faro de Illa Pancha. Sairase andando ás 10.30 horas desde o Cantón para...
leer másA Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao Talaso Poniente, de Xixón, o 23 de abril. A actividade, enmarcada no programa O teu tempo é para ti, está dirixida exclusivamente a mulleres adultas. A inscrición estará aberta do 27 de marzo ao 5 de abril.
Desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo explican que “un ano máis, como ven sendo habitual, poñemos en marcha o programa O teu tempo é para ti, coa oferta dunha viaxe ao Talaso Poniente, de Xixón, dirixida exclusivamente a mulleres adultas”.
E subliñan: “as viaxes constitúen un balón de oxíxeno para as persoas que están inmersas nunha voráxine de traballo e estrés; son unha válvula de escape que racha coa rutina diaria. Un viaxe turístico, de calquera tipo, neste caso a un balneario-talaso, coas súas novidades e sorpresas, pode producir efectos...
leer másA Concellería de Servizos Sociais comunica que a partir do vindeiro luns, 13 de marzo, está aberto o prazo para inscribirse nun curso de costura, que se vai celebrar proximamente.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán anotarse no Centro de Información á Muller, na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 horas.
Este curso dará comezo o vindeiro 20 de marzo e terá unha duración de sete meses. A actividade desenvolverase en grupos os martes e os xoves, en horario de 10:00 a 13:15 horas, e de 16:00 a 19:15 horas.
O curso enmárcase dentro das actividades organizadas pola Delegación de Servizos Sociais do Concello burelés para este exercicio 2017.
Por terceiro ano consecutivo Veciños Independentes de Alfoz convoca unha ofrenda floral que se levará a cabo o vindeiro domingo, 12 de marzo, ás 12:30 horas nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro. No acto, Carmen Geada, representante de VIA no goberno municipal e Concelleira de Igualdade e Benestar en Alfoz, dirixirá unhas palabras coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que tanto traballaron por este concello, e ás que seguen a loitar polo futuro do seu pobo onde queren seguir vivindo. Para finalizar a homenaxe depositaranse doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo de Castro de Ouro, brancos como símbolo da paz e doce por ser os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días.
Veciños Independentes de Alfoz...
leer másO Goberno local exporá na entrada do Concello, durante todo o mes de marzo, un mural no que destacan a contribución que varias mulleres tiveron coa localidade. Trátase do recoñecemento público á traxectoria de varias mulleres que destacaron na cidade tanto a través da súa vida persoal como laboral, así como polas achegas que fixeron e están a facer ao resto da sociedade.
Esta exposición inaugurase mañá, 8 de marzo, ás 12:00 horas, e permanecerá todo o mes de marzo, no Concello.
Na mostra figuran mulleres como Emma Valcarce, a primeira alcaldesa da cidade de Mondoñedo entre 1987 e 1995; Ánxeles Vázquez, xornalista e escritora galega; Antonia X.Santos, unha das primeiras fotógrafas galegas e fotógrafa do Carlismo de Mondoñedo; Alicia Tezanos, mestra da primeira escola nacional mixta de párvulos de Mondoñedo; e...
leer másDende o 7 de abril no Cenima, de Foz , 11 mulleres mariñáns serán as protagonistas da exposición da cuarta edición da Semana das Artes da Mariña lucense. Permanecerá aberta ata o 28 do mesmo mes. Contará coa visita dos escolares e profesores da Mariña, como ven sucedendo nas edicións anteriores, e co público que queira achegarse a contemplar as propostas artísticas destas 11 artistas: Zili Katova, Cristina Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas, Alicia Puchades, Carmen LLonín, Adriana Pardo, Laly Santos, Pili Rei, Lucía Catuxo e Renata Otero.
Esta nova proposta pretende integrar arte e educación, como medio de avanzar nos procesos creativos de todas e todos os habitantes da comarca. Coñecemento, creatividade e expresión artística, son os soportes dun desenvolvemento emocional que intenta mellorar as condicións de vida dos/as cidadáns mariñáns. Con...
leer más