Mulleres

Etiquetas:
19/01/2019

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.

As competicións comezarán o 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongararse durante todo ese mes.

Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 10 de marzo.

As diferentes Asociacións de Mulleres de San Ciprián reuniranse en datas próximas para definir o programa completo para conmemorar ese...

leer más
24/10/2018

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle desde onte, martes, e ata o día 2 de novembro unha mostra dedicada aos premios María Josefa Wonenburger, en recoñecemento ás mulleres científicas de Galicia. A exposición, que pode visitarse de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas, foi inaugurada cun acto no que participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; o edil de Cultura, Manuel Arango; a técnico social Pepa García; a educadora familiar Dolores Villasuso; e a traballadora social do Centro de Información á Muller (CIM) de Mondoñedo, Sonia Fraga.

Esta mostra, que consta de 13 paneis explicativos, foi solicitada á Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta, a través do CIM de Mondoñedo para a súa exposición ó público en varios concellos. Con esta exposición preténdese facer chegar á...

leer más
Etiquetas:
17/10/2018

O taller terá lugar no centro de Ioga “Piluca”en Burela (Rúa Arcadio Pardiñas, 165) ás 17:30 horas deste venres, 19 de outubro. 

Dentro da programación de Activismos fronte ao patriacado, o Observatorio da Mariña pola igualdade organiza un Taller de Empoderamento Erótico- impartido por Mai Insua e Mari Fidalgo- no que poden participar mulleres de calquera vivencia e orientación sexual. Unha actividade novidosa na comarca da que moitas mulleres xa puideron gozar noutras cidades e vilas galegas.

Empoderase no erótico consiste en tomar consciencia daquelas influencias que nos frean e nos presionan á hora de exercer a nosa liberdade sexual. E o que se pretende neste taller, a través dunha experiencia vivencial de autocoñecemento é xerar un espazo de aprendizaxe onde potenciar os nosos sentidos, mellorar a nosa saúde...

leer más
Etiquetas:
28/06/2018

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha conferencia en Foz este venres, 29 de xuño.

A charla, titulada Somos mulleres, non mercadoría, terá lugar no Hotel Isla Nova ás 20:30 horas.

Esta conferencia correrá a cargo da filósofa feminista Ana de Miguel. Foi profesora titular na Universidade da Coruña, e en 2015 publicou o ensaio Neoliberalismo sexual: el mito de la libre elección, cuxo contido será parte central do seu relatorio.

Este acto enmárcase dentro do ciclo Activismos fronte ao patriarcado. Debates feministas na Mariña que continuará despois do verán.

 

Etiquetas:
08/05/2018

A Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao Talaso de Xixón, o 20 de maio. A actividade, enmarcada no programa O teu tempo é para ti, está dirixida exclusivamente a mulleres adultas. A inscrición estará aberta do 9 ao 16 de maio. 

Desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo explican que “un ano máis, como ven sendo habitual, poñemos en marcha o programa O teu tempo é para ti, coa oferta dunha viaxe ao Talaso de Xixón, dirixida exclusivamente a mulleres adultas”. 

E subliñan: “as viaxes constitúen un balón de oxíxeno para as persoas que están inmersas nunha voráxine de traballo e estrés; son unha válvula de escape que racha coa rutina diaria. Un viaxe turístico, de calquera tipo, neste caso a un balneario-talaso, coas súas novidades e sorpresas, pode producir efectos psicolóxicos insospeitados ou un cambio...

leer más
Etiquetas:
19/03/2018

O Concello de Mondoñedo organiza unha cea para o venres, 23 de marzo, dentro dos actos programados durante este mes con motivo da celebración do Mes das Mulleres arredor da data do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 deste mes.

A Cea das Mulleres terá lugar este venres ás 21:30 horas, no restaurante Padornelo. O menú está composto por arroz caldoso de marisco, tenreira asada con guarnición, postre, café, chupito e bebida. Haberá ademais baile e animación musical, e o prezo é de 22 euros.

As anotacións para asistir poden facerse ata o 21 de marzo nas oficinas de Servizos Sociais e do Centro de Información ás Mulleres.

 

Etiquetas:
09/03/2018

Dentro dos actos programados polo Concello de Cervo con motivo da celebración do Día da Muller terá lugar o sábado, día 10, un monólogo a cargo de Xan Veiga. Será na Casa do Mar a partires das 20:00 horas.

Tamén o sábado, ás 22:00 horas, celebrarase unha cea no Restaurante Buenavista. Posteriormente, na Casa do Mar, haberá baile amenizado polo dúo Epo-K. Hai 110 mulleres anotadas para participar nesta cita na que haberá agasallos sorpresa para todas elas. E tamén se entregarán os trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís. 

Organizan e colaboran a asociación de amas de casa Alborada, a asociación de mulleres rurais As Espalladoras, a asociación Mulleres en Igualdade, a asociación Mulleres de San Ciprián e o Concello de Cervo.

 

07/03/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participa mañá xoves, ás 13:00 horas, na presentación na Casa do Concello do terceiro panel ‘A Historia de Mondoñedo leva nome de muller”.

Dende o Goberno local explican que, seguindo o labor iniciado o ano pasado para poñer en valor a aquelas mulleres mindonienses que dunha maneira ou outra fixeron, fan ou farán historia, este ano presentarase o novo panel que formará parte da exposición permanente “A Historia de Mondoñedo leva nome de muller”. 

A este respecto, engaden que durante este mes de marzo os paneis estarán expostos na entrada da Casa de Concello. A partir de abril poderán verse na sala de reunións de Servizos Sociais e CIM.

A maiores e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Mondoñedo, a través do Centro...

leer más
Etiquetas:
07/03/2018

Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Ribadeo fan un chamamento ás mulleres para que participen no paro e na folga das mulleres convocada a nivel internacional para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

O paro está convocado desde as 12 da mañá até as 14:00 horas, cunha concentración diante do Concello ás 12:30 horas, “á que se unirán as mulleres doutros sectores, as estudantes, as paradas e as coidadoras que poidan parar, xa que todas non poden” .

No chamamento realizado desde a Concellaría de Igualdade explican que “temos moitos motivos para parar; non queremos que haxa nin unha menos; o noso traballo de coidados non se valora nin se visibiliza; non temos igualdade no emprego; os nosos corpos seguen a ser mercantilizados; queremos decidir por nós mesmas ser nais e non selo; somos insumisas ao...

leer más
Etiquetas:
04/03/2018

O Observatorio da Mariña pola Igualdade participa este domingo, 4 de marzo, na manifestación nacional do feminismo galego organizado arredor de Galegas 8m. Por diante, unha xornada reivindicativa cuxo lema principal 'Para transformar a vida das mulleres' encabezará a movilización que precede ás concentracións locais do 8 de marzo, día internacional das mulleres, e para a que aínda quedan prazas no bus que financia xunto a CIG e SLG (observatorioigualdade@gmail.com). 

Na comarca da Mariña, o Observatorio da Mariña pola Igualdade leva días traballando nunha convocatoria aberta a todas as mulleres, que este ano estará acompañada polos ritmos do batuke que desde fai semanas ensaian as “batukeiras da Mariña” seguindo a iniciativa das Tamborililás de Compostela e doutras vilas galegas. 

... leer más