Teatro
O grupo Achádego Teatro presenta este sábado, 14 de outubro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas, a obra Balas sobre Broadway.
Trátase dunha adaptación da película de Woody Allen na que a acción transcorre na Nova York dos anos vinte, na época da lei seca, na que a prohibición da fabricación e venda de alcohol derivou nun incremento do crime. Nesta sociedade marcada pola mafia, o escritor David Shayne precisa apoio financiero para levar aos escenarios de Broadway a súa obra Deus do noso país. O humor, a crítica á pseudo-intelectualidade que as veces rodea ao mundo cultural, o teatro, os gansters, a música e o baile están presentes nesta obra.
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e o Alcade de Alfoz, Jorge Val Díaz,presentaron este mércores, na Casa da Cultura do municipio, o Ciclo de actividades de outono.Trátase da programación cultural que organiza o Concello coa colaboración da Deputación, que encherá de teatro a Casa da Cultura de Alfoz durante as fins de semana. Inclúe 6 representacións teatrais, totalmente gratuítas, de grupos de teatro da provincia. O Goberno da Deputación colabora con esta e outras iniciativas que se celebran no Concello de Alfoz, a través dunha achega económica de 8.000 euros e do Buxiganga. Faino na súa aposta pola dinamización económica e social do rural, levando actividades, de balde, durante todo o ano.
Vidal Baamonde explicou que “esta iniciativa, ao mesmo tempo que fomenta a cultura, contribúe ao impulso da económica deste Concello da...
leer másA Concellaría de Cultura presentou hoxe a XIV edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de outubro. As representacións terán lugar no Teatro ás 20:30 horas, agás o domingo que será ás 19:30.
A mostra comezará o venres coa representación da Asociación de Mayores Cristo del Buen Viaje, de Figueiras, que porá en escena a obra titulada A trastada. O grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, presentará o sábado Bicos de vinagre, e Disfunción Continua, de A Estrada, o domingo Departamento de selección. Na presentación celebrada hoxe no salón de plenos do Concello de Ribadeo, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, estivo acompañado da viúva do dramaturgo ribadense Daniel Cortezón, Mati González.
O edil ribadense dixo que “con moito orgullo presentamos a décimo cuarta...
leer másO Concello do Valadouro a través da súa Concellería de Cultura colabora coa representación teatral que terá lugar este sábado, 7 de outubro.
O Grupo de Teatro Ribadeo porá en escena a obra O Inspector. A actuación enmárcase dentro do proxecto teatral de teatro afeccionado Buxiganga patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo.
A representación terá lugar no salón de actos do centro sociocultural, xuvenil e de terceira idade Manuel Lourenzo do Concello de O Valadouro, a partires das 20:30 horas.
O Grupo de Teatro Ribadeo estreaba a comezos do pasado ano esta adaptación da novela do dramaturgo Nikolái Gógol que narra como nunha perdida vila galega, o alcalde e os funcionarios están agardando a un inspector enviado desde a capital para investigar as corruptelas cometidas nesta...
leer másTeatro, música e actividades para os máis pequenos conforman a programación da Concellaría de Cultura para o último trimestre deste ano. Farruco Graña anunciou hoxe na súa presentación que tamén se celebrará a I Feira Feminista de Outono, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.
O edil nacionalista salientou que “da programación infantil queremos destacar que toda ela se inclúe no programa Apego ao que se uniu o Concello de Ribadeo. Trátase do programa de difusión e dignificación da lingua galega, que este ano acaba de ser premiado pola Xunta de Galicia cos Premios da Cultura Galega. Integradas neste programa temos unha serie de actividades e Redrum Producciones vai achegarse ata Ribadeo para representar A nena que quería ver navegar. Paco Nogueiras con toda a súa marcha tamén se achegará ata Ribadeo coa súa Brinca vai. De...
leer másA sección infantil do grupo de teatro A Adala porá en escena este domingo, 1 de outubro, en Barreiros a obra A ra que se quedou sen charco. Os xoves actores integrantes do grupo de Fazouro, estreaban esta obra o pasado mes de febreiro e agora chegan con ela a Barreiros.
Esta representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar o vindeiro domingo ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Na organización colaboran a Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.
A vindeira fin de semana a música clásica e o teatro serán os protagonistas da axenda cultural do Concello burelés para despedir o mes de setembro. O concelleiro José Díaz anima a asistir a estas dúas citas.
O edil socialista contou que “para este fin de semana tenemos bastante actividad, con dos eventos, uno el viernes y otro el sábado, ambos muy interesantes y me gustaría invitar desde aquí a todo el que pueda y que esté libre estas dos noches”.
Díaz explicou que “el viernes habrá un concierto, Las ocho estaciones de Vivaldi y Piazzolla, que se llama así porque son las cuatro estaciones de Vivaldi combinadas con las cuatro estaciones de Piazzolla. Las de Vivaldi son conocidas por todos y las de Piazzolla quizás un poquito menos, pero también tienen muchísima repercusión. Este grupo, que se llama Camerata...
leer másFoz acollerá ata finais deste mes de setembro actividades como un concerto cun piano flotando na auga do peirao, teatro e cine. Anunciouno hoxe, martes, o concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo Soto.
O edil explicou que “a programación para esta segunda quincena de setembro empeza este xoves, día 21, con teatro na Casa da Cultura ás oito e media da tarde. O grupo Malasombra representará a obra titulada D.E.P., unha comedia na que mostran o egoísmo e a mentira entre irmáns por unha herdanza. Esta obra está destinada a todos os públicos”.
Ánxel Paleo engadiu que “este sábado celebrarase o Día da Bicicleta, que terá a súa saída ás catro da tarde dende o Parque Infantil de Tráfico; irá ata a praia da Pampillosa, onde haberá un avituallamiento, para despois volver ao punto de saída e alí farase a entrega de...
leer másXa están á venda as entradas para o espectáculo que Desenfreno Cabaret levará a Burela o vindeiro 6 de outubro. En anticipada pódense adquirir na biblioteca municipal e na Vinoteca O Traste por 7 euros, mentras que o día da función custarán 10 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, manifestou que “otro de los eventos que tendremos la primera semana de octubre, significativo y novedoso aquí en Burela, y yo creo que también en todo el territorio de A Mariña, es un cabaret. Desenfreno Cabaret trae el espectáculo Sexo, ideas y mucho follón, y es fiel a ese estilo que es el cabaret literario alemán del período de entreguerras. Era un show básicamente con muchos sketchs ácidos, cargados de humor con mucho doble sentido, y en los que se hacía una crítica sutil y mordaz de la sociedad en el momento que se vivía, tanto en la trama como en...
leer másA Concellería de Cultura e Xuventude organiza un taller de teatro para nen@s e xóvenes con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. Será impartido por Juan Villarino e o prazo de inscrición ábrese este venres, 15 de setembro, e rematará o 1 de outubro.
O concelleiro de Cultura e Xuventude, José Díaz, anunciou que “desde la Delegación de Xuventude del Concello de Burela queremos presentar un taller de teatro que va a haber para niños entre los 8 y los 16 años”.
O edil socialista lembrou que “ya el año pasado hicimos uno de características similares que gustó mucho y que tuvo muy buena respuesta por parte de las familias de los niños que se apuntaron, y por eso quisimos repetir siguiendo con nuestra actividad a través de la Casa da Xuventude con todo lo que podemos hacer para el público más joven”.
Díaz...
leer más