Teatro
As Concellerías de Igualdade e de Cultura, organizan o monólogo Golpes, protagonizado pola actriz barreirense Estíbaliz Veiga. Terá lugar o sábado, 10 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Burela, con entrada gratuíta. A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá, e contou coa asistencia dos concelleiros de Igualdade e de Cultura, Patricia Otero e José Díaz, que estiveron acompañados polo alcalde, Alfredo Llano. O monólogo enmárcase dentro da programación para conmemorar o Día Internacional da Muller.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “hoy presentamos el cartel de la actuación aquí de Estíbaliz Veiga, el monólogo que va a hacer este próximo sábado, día 10, dentro de los actos del Día de la Mujer que se celebra el día 8”.
O edil socialista subliñou que “está patrocinado por la...
leer másO grupo de teatro O Centiño, de San Martiño, representará a obra Zume de amorodios en San Cosme de Barreiros. Trátase dunha comedia centrada no amor, nas súas diversas idades e manifestacións.
Será este domingo, 11 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Noite de Monólogo é o título do espectáculo que o humorista José Corbacho presentará no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o 20 de abril, ás 21:00 horas.
As entradas xa están á venda en www.woutick.es, e o teléfono de reservas por whatsapp ou SMS é o 615 460 405.
Sortearanse dúas entradas entre aquelas persoas que compartan a publicación de Moita Merda Promocións en facebook , lle dean a “me gusta”, e comenten con que persoa/as irán ao show. A data do sorteo é o 20 de marzo.
O vindeiro venres, 2 de marzo, ás 21 horas na Casa da Cultura de Burela, terá lugar a representación da obra "Elixir de Xuventude", a cargo do Grupo de Teatro A Adala, de Fazouro. A actividade enmárcase dentro da Programación Cultural do Concello de Burela. A entrada será libre e para tódolos públicos.
"Elixir de Xuventude" é unha obra cómica. Esta obra trata sobre a vida nun convento a onde chega unha novicia con gañas de modernizar a tenda que hai no mesmo (novos produtos, novas receitas,…), pero dentro de tanta innovación entra no convento un ingrediente especial que revoluciona os efectos do elixir de xuventude, as ventas e a vida no convento. ¿Terá cabida tanta novidade ou haberá que volver a receita do elixir tradicional?
O colectivo cultural Ollomao de Barreiros porá en escena a obra Enciclopedia Álvarez. Será este domingo, 4 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. O prezo da entrada é de 3 euros.
Dirixida por Ramón Casas Oroza é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola franquista. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica.
Enciclopedia Álvarez é unha invitación ao sorriso. Un achegamento a esas historias desde os ollos inocentes dos nenos e nenas protagonistas da historia. Nenos e nenas que as lembran desde a súa posición actual de adultos, e baixo o prisma do paso do tempo que todo o suaviza.
O 3 de marzo chega ao Pastor Díaz, de Viveiro, a comedia "Ubú Rei", que porá en escena Talía Teatro.
Talía Teatro presenta a comedia Ubú Rei este sábado, 3 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A historia conta como Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector, o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia para roubarlle os seus estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e nepotismo levados ata o absurdo.
Ubú Rei é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano. A súa relevancia radica no desconcerto que provoca e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo. O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubú, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións.
Nesta...
leer másCaramuxo Teatro presenta Ela o sábado, 24 de febreiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para todos os públicos, e crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo de Maruja Mallo. Trátase dunha mistura de poesía, humor, teatro e danza.
É unha adaptación de Laura Sarasola e Juan Rodríguez, que tamén interpretan a obra xunto a Suso Jalda.
A Panadaría presenta a comedia teatral Elisa e Marcela que porá en escena este sábado 17 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A historia conta como no ano 1901 en A Coruña, dúas mulleres, unha delas vestida de home, casan na Igrexa de San Xurxo. A obra é unha sucesión de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
O elenco artístico está formado por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, baixo a dirección de Gena Baamonde.
Kids&Us, escola de inglés con metodoloxía innovadora e diferencial de aprendizaxe, presenta a Storytime Under the sea o próximo sábado, 17 de febreiro, ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz. As storytime son representacións teatrais 100% en inglés; a través de distintos personaxes, cancións e material creado por Kids&Us, os nenos e nenas son transportados a un mundo cheo de fantasía no que vivirán aventuras en inglés.
Kids&Us invita a todas as familias con nenos e nenas entre 1 e 8 anos a desfrutar deste teatro en inglés na Librería Bahía. A entrada será gratuíta e haberá moitas sorpresas para os pequenos: agasallos, sorteos, etc.
Kids&Us é moito máis que unha academia de idiomas, é un universo no que o aprendizaxe do inglés faise realidade. A metodoloxía permite que nenos e nenas a partir de...
leer másA antiga escola de Fazouro acolle este sábado, día 3, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo O Centiño, de San Martiño, que ofrecerá a obra titulada Zume de Amorodios. A entrada é gratuíta.
Esta actividade, que forma parte do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias, está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e agrupación A Adala, de Fazouro.