Teatro
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación da obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos a cargo de Matrioshka Teatro.
A función, que terá lugar 1 de maio, dará comezo ás 19:00 horas, e inclúese no programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia.
Esta montaxe é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, autora á que se dedica o Día das Letras Galegas deste ano, e que se describía a si mesma como “unha señora que pasea pola rúa con dous cans”.
A Biblioteca Pública Municipal de Foz comezou a súa Programación das Letras coa visita de 34 nenos e nenas da gardería A Galiña Azul, que xa levaron o novo carné co que poderán acceder a servizos en calquera das bibliotecas que contan co novo programa Koha da Consellería de Cultura.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, anuncia que “as actividades continúan este mércores, día 25 de abril, con Trinketrinke Teatro que ofrecerá o espectáculo de contacontos titulado Avós, unha nova aventura dos Ratos de Lonxedetodo. A ratiña Lili Gruyère contaranos como lle axudou á súa avoa hai moitos anos a plantar unha maceira. O ciclo da vida e o respecto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo, que é para maiores de 3 anos. E o venres, 27 de abril, terá lugar a actividade de dinamización lingüística chamada Enredando con Pakolas,...
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este venres, 27 de abril, a representación de Nacidas Libres.
A obra, con texto de Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, está protagonizada por Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Caamaño.
A función dará comezo ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 3 e 5 euros.
E o sábado, 28 de abril, ás 18:00 horas tamén no Teatro Pastor Díaz preséntase a obra Fíos.Trátase dun espectáculo, recomendado a partir de 5 anos, tecido para emocionar, sentir e soñar. O prezo da entrada é de 2 euros.
A Concellería de Cultura de Burela programa para a vindeira fin de semana dúas representacións teatrais e a actuación de Leo Bassi, o domingo 22 de abril, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.
O venres, día 20, a asociación dramatúrxica Pico do Castro de Foz representará a obra Matías está tolo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela. A entrada será de balde.
A historia conta como Matías esperta no seu apartamento cunha estraña muller que di chamarse Patricia e que asegura que el a convidou a aloxarse por uns días. A situación complícase aínda máis coa aparición de Xiana, a moza que lle interesa, da que está namorado e que ademais é a súa veciña. Matías está decidido a entregarlle todo o seu amor pero súa nai, sobreprotetora en grao extremo, trata de impedilo. Entradas e saídas permanentes caracterizan...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza para mañá, sábado, unha función de teatro infantil na Casa da Cultura e outra representación do ciclo Teatro afeccionado nas parroquias, neste caso en Vilaronte.
Mañá ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha sesión de monicreques con Eme2 Emoción&arte, que presentará a obra Contacreques. É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi baseados nos contos clásicos O Ruiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos. A duración é de 45 minutos e o prezo da entrada, 1,5 euros para o público infantil e 2,5 euros para os adultos.
Tamén mañá, sábado, no local da asociación cultural Os Castros de Vilaronte ás 19:00 horas, dentro do ciclo Teatro afeccionado nas parroquias, o grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representará a obra Elixir de...
leer másA Concellería de Cultura presenta este venres, 13 de abril, ao grupo O Bordelo, de Cervo, que porá en escena a obra O Malquerer.
A actuación terá lugar na Casa da Cultura, ás 21:00 horas, é para todos os públicos e a entrada é libre.
O Malquerer é unha comedia escrita e dirixida por Francisco Piñeiro, e protagonizada por Dolores Viamonte, Mª Paz Rodríguez, Antonio González, Manuel González, Xosé Vicente Mon e polo propio director, Francisco Piñeiro.
Enmarcada nunha liña dun teatro comprometido coa mellora das circunstancias sociais contemporáneas, pretende ser unha peza cómico-reflexiva que permita ao espectador observar a realidade de tal xeito que remate rindo do que a cotío convida a chorar.
A Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, organiza unha representación teatral para o vindeiro domingo, 25 de marzo.
Con motivo da celebración do Día Mundial del Teatro, o grupo A Adala porá en escena a obra Elixir de Xuventude. Trátase dunha comedia costumbrista.
A representación terá lugar o 25 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
A Concellaría de Cultura programa na axenda para esta fin de semana, un concerto de piano a catro mans no auditorio municipal, que ofrecerán Mercedes Eiros e María Ángeles Ríos. Ademais o domingo Ibuprofeno Teatro representará Raclette, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anuncia que “un fin de semana máis imos ter moita actividade cultural e de calidade en Ribadeo para sentirnos a gusto e gozar da boa cultura. Este venres, 16 de marzo, ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval, imos poder escoitar boa música da man de dúas persoas ben vinculadas a Ribadeo. As dúas intérpretes que nos acompañarán, Mercedes Eiros e María Ángeles Ríos, son veciñas de Ribadeo, ben coñecidas por todas e todos, especialmente por aquelas persoas que estudaron música. Mercedes Eiros estudou no...
leer másO grupo Sarabela Teatro representará a obra O secuestro da bibliotecaria este sábado, 10 de marzo, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Trátase dunha comedia dirixida ao público infantil de 5 a 12 anos, dirixida por Fina Calleja.
Conta a historia da señorita Ernestina, a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón, que aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria. Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela, así que deben atopar unha solución para o problema pero non teñen nin idea de onde buscala. Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complícalo todo.
A Concellería de Cultura programa para este fin de semana unha serie de actividades que comezarán o venres coa actuación do grupo de teatro Ardora que presentará a obra Amor filial. O sábado 10 a actriz Estíbaliz Veiga interpretará o monólogo Golpes. O domingo 11 terá lugar unha nova edición do rastrillo popular solidario pola mañá, e á tarde, e dentro do ciclo A Mariña en clave de Humor, estará en Burela Carlos Blanco.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “tendremos gratuito teatro aficionado con la obra Amor filial, este viernes a las nueve de la noche, con el grupo de teatro Ardora de San Ciprián, que presenta esta nueva obra de teatro en un tono humorístico y cómico que esperemos que tenga buena repercusión y que la gente acuda, para apoyar como siempre el teatro aficionado del que gozamos aquí mucho porque tenemos muchos...
leer más