Teatro
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “o sábado pola tarde celebraremos o concerto dedicado a Santa Cilla, realizado pola Banda Municipal de Música de Ribadeo. Será no Teatro ás oito e media da tarde. E o domingo 26, unha novidade que non estaba incluída na programación, o grupo de teatro de Ribadeo dirixido por Toni Deaño vai representar O inspector, de Nikolái Gógol, será ás seis e media da tarde na escola de Cinxe. Non estaba incluído este acto na programación, posto que estabamos pendentes de ubicar a representación que non puido terse realizado na primavera pasada por indisposición dalgún dos membros do grupo de teatro”.
O concelleiro de Cultura lembrou que “ao longo de todos estes días e ata o 13 de decembro, poderemos contemplar as fotografías de Peter Schneider, un fotógrafo alemán que está afincado na nosa terra e...
leer másEste próximo fin de semana rematan as representacións que entran a concurso no primeiro Certame de Teatro Concello de Lourenzá.
O sábado, día 25 A Adala, de Fazouro, porá en escena a obra Sen seu amor. E o domingo 26 pechará o concurso Ollomao, de Barreiros, con Enciclopedia Álvarez. Estas dúas representacións serán no salón de actos do Concello ás 19:30 horas.
A gala de entrega de premios do certame terá lugar o domingo 3 de decembro ás 19:00 horas e contará coa presenza do actor Cándido Pazó, que escenificará a obra Que comerá o rei?.
Matrioshka Teatro presenta o espectáculo Manawee este domingo, 19 de novembro, ás 17:30 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
É unha representación dirixida especialmente a nenas e nenos de 7 anos en adiante á que pode ir toda a familia. A duración é de 50 minutos, e o prezo da entrada 4 euros, de balde para nenas e nenos de ata 2 anos.
Trátase dunha peza de teatro contemporáneo cheo de humor e poesía cunha estética impactante e inhabitual en espectáculos para o público familiar. Mostra eses momentos da infancia no que as cousas están a piques de cambiar para sempre. Pretende ser unha guía para desenvolver a intelixencia emocional dende a infancia, e que ademais tamén vai dirixida aos adultos acompañantes, de xeito que poida ser unha ferramenta útil para establecer a comunicación c@s cativ@s que...
leer másEste fin de semana haberá outras dúas representacións dentro da primeira edición do certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Lourenzá. Pero nesta ocasión serán venres e sábado.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “debido a que o próximo domingo se celebra en Lourenzá a terceira edición do Vilou Fashion, adiántase ao venres 17 a actuación do grupo local Os Trangalleiros coa obra A taberna de Suso. Será ás 21 horas.
E o sábado 18 ás 20:30 horas tócalle o turno ao grupo de teatro da asociación cultural Juan Manuel Méndez, de La Caridad (El Franco), que porá en escena El picadero de mi abuelo. As representacións teñen lugar no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros”.
O grupo teatral O Centiño presenta este sábado, 18 de novembro, na parroquia de Mor en Alfoz, a súa última obra Zume de Amorodios. A representación terá lugar na Casa da Cultura e dará comezo ás 20:00 horas.
Trátase dunha comedia centrada no tema do amor, nas súas diversas idades e manifestacións.
Con esta representación o grupo de teatro O Centiño quere homenaxear a Chiquito de la Calzada a quen, tras o seu falecemento, por parte dalgúns sectores pediuse que se nomeara Conde Mor.
Esta actividade está encadrada dentro do Outono de teatro que cada ano organiza o Concello de Alfoz.
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas, a representación de O Faiado.
O Teatro O Cubo presenta esta obra do xénero musical dirixida a un público infantil, maior de 3 anos. Ten unha duración de 40 minutos.
A historia cóntanos como Vera, Roi e Anxo, tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo, tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo co cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles conto una súa infancia.
Diversas disciplinas como a música, a danza, o circo e os monicreques, combínanse para desenvolver esta historia dirixida ao público...
leer másO vindeiro domingo, 19 de novembro, haberá teatro en Barreiros.
Nesta ocasión o grupo Andanzas, de Viveiro, porá en escena a obra Las entretenidas. Será ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.
Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura. Colabora o grupo de teatro Andanzas de Viveiro.
Pistacatro presenta Outono no Teatro Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 11 de novembro, ás 20:30 horas.
Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, esta compañía de novo circo galego da o seu mortal máis arriscado, Outono. Trátase dun novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior.
Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado. Unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un...
leer másEste sábado, 4 de novembro, ás 19:30 horas terá lugar a primeira representación do I Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra que abrirá este concurso leva por título A miña muller volveu e será representada pola Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz. E o domingo, 5 de novembro, tamén ás 19:30 horas, tócalle o turno á Asociación de Teatro Airiños de Rianxo (A Coruña) coa obra Mass co-medias.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “será un xurado formado por sete persoas o encargado de valorar a calidade das obras presentadas a concurso, a actuación dos distintos actores e actrices e a mellor montaxe (decorados, luz, son, vestiario, etcétera). O prezo das entradas para cada unha das actuacións será de 3 euros”.
As actividades comezarán coa proxección da película Siembra na Casa da Cultura este xoves, día 2, ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. Esta película, estreada no ano 2015, foi dirixida por Ángela Osorio e Santiago Lozano.
Ao día seguinte, o venres 3, ás 20:30 horas na igrexa parroquial focense haberá un concerto do Coro Xuvenil da Escola de Música de Foz. No mesmo lugar é a mesma hora o venres 10 terá lugar un concerto da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro. Tamén o venres 10, pero ás 20:00 horas, no centro social da parroquia de San Martiño haberá teatro a cargo da compañía Pico do Castro, que representará a obra A miña muller volveu.
A programación continuará o sábado 11 con teatro infantil. Ás 18:30 horas na Sala Bahía a compañía Baobab ofrecerá a obra Pum-Pum. Os prezos das entradas son...
leer más