Trabada
O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e a Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, presentaron este luns o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala, que organizan conxuntamente coa Real Federación Galega de Fútbol e que se celebrarán por primeira vez nos Concellos da Pontenova e Trabada.No acto estiveron presentes, o Delegado da Federación Galega de Fútbol, Manuel Castro Núñez, e o responsable do Campionato, Manuel Piñeiro. Esta cita deportiva terá lugar o sábado 10 de febreiro, dende ás 9:00 ata ás 21:30 horas, no Pavillón Municipal da Pontenova e no Polideportivo de Trabada.
Campos Condeexplicou “que o Pavillón Municipal da Pontenova acollerá dende ás 9:00 da mañá os partidos que disputarán as 8 selecciónsparticipantes nas categorías de infantil masculino. Serán...
leer másO Concello de Trabada organiza diversas actividades durante o Nadal que comezan este venres, 29 de decembro, ás 17:00 horas, coa representación de títeres Cantos contos contas.
A programación continuará o 3 de xaneiro cunha excursión para visitar o belén de Viveiro. Para esta actividade é necesario inscribirse previamente para facer a reserva do autobús que terá a saída ás 16:30 horas da Praza do Concello, e regresará sobre as 21:00 horas. As reservas poden facerse no número de teléfono 982 135 011 ou nas oficinas administrativas municipais.
O 6 de xaneiro ás 21:00 horas o grupo de teatro Pico do Faro, de A Roda, representará a súa obra “É así a vida”.
Ademais dentro do programa Trabada Concilia, dende o pasado 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro, celébrase un campamento de Nadal dirixido...
leer másO salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación da iniciativa denominada Trouleando polo Camiño Norte, que organizan os concellos de Vegadeo,Trabada, Lourenzá e Mondoñedo e as asociacións Asturgalaica e Abrindo Camiño. No acto participaron as alcaldesas de Trabada e de Lourenzá, Mayra García Bermúdez e Rocío López García; o alcalde de Vegadeo, César Álvarez Fernández; a concelleira mindoniense Ángeles Rodríguez Rico; os presidentes dos colectivos que están na organización desta actividade, Luis Fernández Ansedes e Manuel Méndez Vázquez, e outros representantes destas asociacións.
A iniciativa consiste nun recorrido a pé “de promoción do histórico e orixinal trazado” desde Salave, en Tapia de Casariego, ata Mondoñedo, pasando por Vegadeo, Trabada e o Val de Lourenzá.
Estes itinerarios...
leer másA Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, mantivo un encontro cos 25 nenos que están a participar no Campamento Infantil Urbano, que organiza o Concello, e que financia o organismo provincial 8.000 euros, e que servirán tamén para realizar ciclos teatrais ou talleres de manualidades, entre outros.
A Deputada explicou que “este completo programa de actividades culturais, que contribúe a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños da vila, é unha oferta lúdica que esperta moito interese entre os máis pequenos do Concello”.
García Bermúdez subliñou que os nenos que participan nesta iniciativa “realizan xogos educativos e musicais, de interpretación, artísticos, experimentais e de educación en valores; e desenvólvense no Pavillón deportivo da vila”. Osrapaces,con idades entre os 3 e 12 anos,desfrutarán desta programación ata o 31...
leer másO Concello de Trabada organiza unha actividade para nen@s o venres 21 de abril. Enmárcase dentro do programa “Ler conta moito”.
O grupo Os Quinquilláns presentan a obra titulada Por qué é salgada a auga do mar?. Este espectáculo terá lugar na Biblioteca Municipal de Trabada ás 18:00 horas.
Os Quinquilláns son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. ademais de representar esta lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos.
O Concello de Trabada organiza cinco roteiros de pequeno percorrido durante os meses de abril, maio e xuño.
Neste mes de abril segue coa actividade iniciada o pasado día 15 como ocio alternativo, e organiza para o domingo 30 a ruta da Fraga da Becerreira.
No mes de maio está programada unha ruta para o domingo 14 por Teixido no Roxal. Esta programación continúa no mes de xuño con dúas rutas, o domingo 4 é a do Vento, e o domingo 25 pola Fraga da Vilapena.
A saída destas rutas é ás 10:00 horas, dende o Concello de Trabada.