Viveiro

25/02/2026

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, presentou a tempada 2026 de actividades, que, baixo o título Camiños sonoros, ofrece unha programación que recolle actuacións e propostas formativas entre marzo e decembro.

A tempada comezará en marzo co concerto Éxodo, enmarcado no Programa de Difusión Cultural ADRAL. En abril a Banda participará nos actos da Semana Santa de Viveiro. Entre maio e xuño está previsto un ciclo de concertos, Matinais no Templete, ademais do acompañamento do Corpus Christi. Xa en xullo o programa inclúe obradoiros de construción de instrumentos musicais con material de reciclaxe.

No mes de agosto levará a cabo unha actuación na Praza Maior, no marco das festas patronais. En novembro celebrarase o concerto de Santa Icía Os Soños na Gaiola, concibido para banda...

leer más
24/02/2026

A compañía teatral Malasombra Producións representará en Viveiro a obra titulada O proceso. Será este sábado, día 28 de febreiro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.

É unha comedia para público adulto (maiores de 14 anos) escrita e dirixida por Candido Pazó. O elenco artístico está formado por Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal.

A sinopse é a seguinte: “1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense...

leer más
Etiquetas:
24/02/2026

O Concello de Viveiro anuncia que “a escritora Abril Camino chega a Viveiro para presentar o seu último libro, Mulleres que viven xuntas, unha novela que fala de vínculos, convivencia e historias compartidas”. Será este venres, día 27 de febreiro, ás 19:00 horas no salón de actos da Biblioteca de Viveiro.

“Un encontro coa literatura contemporánea galega nun espazo para a reflexión e o diálogo”, explica o Concello de Viveiro.

 

24/02/2026

O Concello de Viveiro organizará o sábado 7 de marzo unha comida con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area.

A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, “está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M”, explica o Concello de Viveiro. O prezo do xantar é de 50 euros e as mulleres interesadas en participar poden recoller a súa entrada a partir deste mércores, 5 de febreiro, no propio Restaurante Louzao.

O Concello de Viveiro anuncia tamén que publicará nos vindeiros días a programación completa con motivo do 8M.

Etiquetas:
24/02/2026

O Centro Comercial Histórico (CCH) de Viveiro anuncia que dende este xoves, día 26, ata o sábado 28 de febreiro “serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha festa conxunta: haberá súper descontos, música, premios, bo ambiente e gastronomía. Coincidindo con esta campaña, 8 locais de hostalaría levarán a cabo a Ruta da Croqueta. A fin de semana será unha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos e ó mesmo tempo desfrutar dunha delicia da gastronomía como son as croquetas”.

O CCH Viveiro engade que “para facelo máis chamativo, e se o tempo acompaña,  unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios...

leer más
23/02/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a iniciativa das asociacións Francisco Lanza, de Ribadeo, e Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, para lembrar ao músico Hernán Naval polo 25 aniversario do seu falecemento.

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, e a deputada de Cultura, Iria Castro, mantiveron un encontro con Farruco Graña e Xiana Naval, das directivas destas asociacións, no que ofreceron o apoio da institución provincial para as actividades que preparan de cara ao aniversario nas dúas localidades.

A Vicepresidencia da Deputación anuncia que “na xuntanza propúxose tamén programar unha iniciativa conxunta que visibilice o legado de Hernán Naval en toda a comarca, desde Viveiro -a súa cidade natal, onde foi profesor do Conservatorio ou presidente de Sementeira- ata Ribadeo, onde...

leer más
22/02/2026

O Concello de Viveiro solicita ás asociacións, clubs deportivos, comisións de festas e demais entidades do municipio que trasladen ao Concello nas vindeiras semanas a relación de actividades e eventos que teñen previsto organizar ao longo do ano. Tamén solicitan que se comuniquen antes do día 31 de marzo as necesidades que, para a súa celebración, prevén solicitar á administración local. Esas necesidades inclúen, entre outras, o uso de espazos municipais, a reserva de instalacións, o préstamo de material, a coordinación de loxística e servizos, ou calquera outra colaboración que dependa do Concello de Viveiro.

“O obxectivo desta recollida de información é poder coñecer con tempo suficiente o calendario de eventos previstos e facilitar unha planificación máis eficiente. Deste xeito, preténdese evitar a coincidencia de varias actividades nas...

leer más
22/02/2026

Con motivo do Día Mundial do Cancro, que se conmemorou o 4 de febreiro, celebrarase un acto en Viveiro no que se presentará o novo modelo de atención integral da Asociación Española Contra o Cancro. Será o martes 24 de febreiro ás 12:00 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

O colectivo organizador desta actividade explica que “este modelo está baseado nas prioridades que as persoas con cancro e os seus familiares identificaron como aspectos esenciais para recibir unha atención máis humana durante o proceso da enfermidade”.

 

21/02/2026

O Concello de Viveiro vén de convocar a oitava edición do Premio de Novela Vilar Ponte, un certame literario que pretende darlle pulo á narrativa en lingua galega. O concurso establece dous galardóns: un primeiro premio dotado con 4.000 euros e un segundo premio de 1.000 euros.

No Premios de Novela Vilar Ponte poderán participar persoas maiores de idade que presenten novelas orixinais e inéditas, escritas en galego e que non fosen premiadas noutros certames. A temática e a extensión son libres. Cada autor ou autora poderá presentar unha única obra.

As novelas deberán presentarse por cuadriplicado, mecanografadas a dobre espazo en follas DIN A4, e asinadas cun lema ou pseudónimo. Xunto aos exemplares que se presenten, incluirase un sobre pechado no que figure no exterior o mesmo lema ou pseudónimo e, no interior,...

leer más
18/02/2026

Galeatro representará a obra titulada Berenguela na gaiola este sábado, día 21 de febreiro, ás 18:00 no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.

É unha obra dirixida ao público infantil maior de 6 anos. A autora e directora é Paula Carballeira e o elenco artístico está formado por Alba Bermúdez, Atenea García e Tone Martínez.

A sinopse é a seguinte: “nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e...

leer más