Viveiro
A compañía Sarabela Teatro representará a obra titulada O dragón de ouro en Viveiro este sábado, día 31 de xaneiro. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
É unha obra de teatro contemporáneo para público adulto coa seguinte sinopse: “unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida tailandés - chinés - vietnamita, O Dragón de Ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida. No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos. No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas...
leer másEl músico Carlos Núñez, con el concierto titulado A Irmandade das Estrelas - 30 Aniversario actuará el día 7 de marzo, sábado, a las 20:30 horas en la Iglesia de San Francisco, de Viveiro, dentro del programa de difusión cultural ADRAL, que promueve la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro. Las entradas estarán disponibles desde el lunes 26 de enero a las 10:00 horas en Ataquilla.
La portavoz de la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, Mari Carmen López Gómez, explica que este colectivo “trabaja incansable, como cada año, para traer un programa de difusión cultural ADRAL variado y de alta calidad, que se dará a conocer en su totalidad, como es habitual, el día de la presentación del cartel de la Semana Santa 2026. La Xunta de Cofradías viene trabajando para ofrecer un programa de prestigio con un...
leer másO GALP A Mariña Ortegal organiza unhas xornadas formativas para presentar a convocatoria de axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2021-2027. En Burela terá lugar o 27 de xaneiro e en Viveiro será o 30 de xaneiro.
“Unha vez publicada xa a nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal, e co obxectivo de mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos, vanse a desenvolver tres xornadas informativas de carácter aberto. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha unhas xornadas informativas sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño,...
leer másA Casa do Forno, en Celeiro (Viveiro), acollerá unha charla sobre autismo. Será o día 31 de xaneiro, sábado, ás 17:00 horas.
Anúnciao o Concello de Viveiro, que colabora coa Asociación de Familias Neurodivergentes de A Mariña Lucense y Ortegal (ASFANEMOR) nesta charla “imprescindible para visibilizar e comprender a realidade do autismo desde unha perspectiva de esperanza e superación. A sesión será impartida por Patricia Gómez, nai de Dani Blanco (@elvuelodedani), quen compartirá a súa experiencia baixo o lema O autismo, un camiño diferente, pero xamais imposible”.
A entrada de balde, ata completar aforo. Para inscricións e máis información as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 646.51.46.01 e do correo electrónico asfanemor@gmail.com.
... leer másO Concello de Viveiro, a través da plataforma YOCONECTO.org e a Fundación Cibervoluntarios, ofrece en febreiro novos cursos presenciais e gratuítos na Aula CeMIT para axudarche a sacarlle o máximo partido á tecnoloxía. Todos os...
leer másViveiro será escenario o sábado 24 de xaneiro, ás 12.00 horas, da presentación do libro titulado Fábrica de Chavín. Trátase dunha obra de Manuel Lage dedicada a José Barro, “empresario galego que foi pioneiro nos inicios da industria da automoción no século XX. A súa traxectoria resulta clave para comprender os primeiros pasos do sector en Galicia e a súa conexión con outros focos industriais”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia: “o acto contará coa presenza de Manuel Lage, que compartirá as claves da obra e ofrecerá unha introdución sobre a vida e o traballo de José Barro, así como do contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade. Ao remate da presentación, o autor asinará exemplares”.
Manuel Lage Marcos é doutor en Enxeñaría Industrial e de motores. Conta cunha longa traxectoria profesional en postos de...
leer másA segunda edición da Festa do Antroido en Viveiro celebrarase o día 16 de febreiro, luns, en Lodeiro, onde se instalará unha carpa xunto ao Centro de Saúde.
Este evento está organizado polo colectivo Viveiro en Festas, que anuncia: “a cea (menú de cocido) ten un prezo de 40 euros e o baile correrá a cargo do dúo Estrellas e Discomóvil Olympo. Moito ollo, que este ano hai previa desde as 20:30 horas. Tamén haberá concurso de disfraces, sorteos e algunha sorpresa máis, así que xa podes ir dándolle á cabeciña. Se o cocido non é o teu, non pasa nada, podes ir só á festa. Desde as 0:00 horas podes gozar do Antroido por 6 euros (incluída consumición). Para facer a reserva de mesas e conseguir as entradas podes completar o formulario da seguinte ligazón:...
leer másEn Viveiro haberá bailes de tarde este sábado, 17 de xaneiro, e os días 7 e de febreiro e 7 de marzo
O Concello de Viveiro impulsa o programa Viveiro Baila, unha proposta de lecer dirixida ás persoas maiores que ten como obxectivo “fomentar a convivencia, o benestar e a participación social a través da música e do baile”. Os bailes de tarde desenvolveranse no salón de actos do Conservatorio de Viveiro, sempre a partir das 19.00 horas, e contarán con actuacións musicais en directo. A programación prevista é a seguinte: o sábado 17 de xaneiro actuará o dúo Dilema; o sábado 7 de febreiro, o dúo Caramelo; e o sábado 7 de marzo, o dúo Venus.
Con esta iniciativa, o Concello de Viveiro “aposta por ofrecer espazos de encontro e actividades adaptadas ás persoas maiores, promovendo un envellecemento activo e unha vida social dinámica”.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 6 DE ENERO
JUEVES 1 DE ENERO
-Avatar: fuego y ceniza – 20:00 horas
-Bob Esponja: una aventura pirata – 20:00 horas
-Rondallas – 20:00 horas
DEL VIERNES 2 AL MARTES 6
-Bob Esponja: una aventura pirata – 18:00 horas
-Avatar: fuego y ceniza – 20:30 horas
-Rondallas – 17:45 y 20:30 horas
-El médico 2 – 17:30 y 20:30 horas
O belén instalado pola asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, que inclúe figuras en movemento e co traxe rexional galego, pode visitarse no salón de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro (antigo Concello) ata o día 6 de xaneiro, martes. Está aberto ao público de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30.
As figuras e as maquetas foron feitas a man por Hortensio Gómez e o mural e carteis a óleo son obra de Esther Raposo.












