Viveiro
O grupo musical Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concerto no Vicedo este sábado, día 3 de xaneiro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
O Concello do Vicedo anuncia: “comezaremos o ano cultural 2026 cun concerto a cargo do grupo de Viveiro Escolma de Meus. Un día para lembrar grandes cancións da historia da música”.
O Concello de Viveiro informa de que o mercado semanal, que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior, adiántase esta semana ao mércores, 31 de decembro, xa que o 1 de xaneiro, aninovo, é día festivo.
O mercado manterá o seu emprazamento habitual na Praza Maior e desenvolverase no horario habitual.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 30 DE DICIEMBRE
DEL 26 AL 30
-Avatar: fuego y ceniza – 17:00 y 21:00 horas
-Bob Esponja: una aventura pirata – 17:30 y 19:45 horas
-El rey de reyes – 18:30 horas
-Núremberg – 21:00 horas
Continúa o programa Música nas parroquias, organizado polo Concello de Viveiro. Este venres, día 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Escola Vella de Galdo actuará a orquestra Trova da Mariña, da asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Viveiro. Esta formación musical anuncia que interpretará “temas que recorden as antigas orquestras como a Variedades. Á voz estarán Mario Vale, presidente da asociación, e Marga Insua, gañadora do Festival do Landro, ademais do recoñecido cantante da verbena galega Lolo Castro”.
O Concello de Viveiro prepara a Cabalgata de Reis do vindeiro 5 de xaneiro cun formato “máis aberto e participativo. Ademais das tradicionais carrozas dos Reis Magos, facilitarase a incorporación da veciñanza tanto como figurantes nas carrozas como no desfile a pé ao longo do percorrido. No caso da participación nas carrozas, o Concello habilita 24 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que poderán acompañar aos Reis Magos durante o desfile. As prazas asignaranse por orde de inscrición, co obxectivo de garantir un procedemento organizado e seguro”.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto os días 26, 29 e 30 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As inscricións poderán realizarse no Teatro Pastor Díaz ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.es mediante o formulario...
leer másO Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza para este martes, día 23 de decembro, actividades sobre tradición oral. Serán no Conservatorio de Música.
“O martes 23 de decembro imos converter o Conservatorio de Música de Viveiro nun espazo expositivo onde lembrar e compartir a nosa tradición oral”, anuncia Pensamento e Sementeira, que organiza unha exposición que poderá visitarse de 11:00 a 14:00 e 16:00 a 18:30 horas. É “un percorrido pola memoria das cantareiras e dos cantares populares, poñendo en valor as voces e os saberes transmitidos de xeración en xeración”. E tamén haberá un obradoiro de cantigas e tradicións de Nadal, de 18:30 a 20:00 horas; “un encontro arredor das cantigas e costumes do Nadal, dinamizado por Branca Villares”.
Estas actividades son gratuítas, pero para participar no...
leer másO Concello de Viveiro modificará este ano o percorrido da Cabalgata de Reis, que se celebrará o luns 5 de xaneiro, “co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento, facilitar o desfrute das familias e reforzar as condicións de seguridade, especialmente no que atinxe á participación dos nenos e nenas”.
“En anos anteriores, a cabalgata realizaba un percorrido moi amplo, con saída desde Celeiro, paso por Covas e chegada á Praza Maior. Este trazado prolongábase durante varias horas, o que provocaba que a recepción final dos Reis Magos se retrasase de xeito notable e que moitos nenos e nenas tivesen que agardar en condicións pouco axeitadas, especialmente en días de frío ou mal tempo, frecuentes nesta época do ano. Ademais tratábase dun itinerario moi extenso e disperso, con tramos nos que apenas se concentraba público. Isto dificultaba tanto a...
leer másA campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro continúa nestes días cunha morea de actividades e sorteos: “á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas, alfombras de vinilo vermello e árbores de luces leds sumamos nestes días máis actividades. Continuamos co sorteo do Calendario de Advento do Comercio local, un exitazo de participación que ata o momento leva repartidos 19 premios entre cestas de Nadal, cestas doces, xamóns, cestas de produtos de porco celta, caixas de peixes e mariscos, tratamentos de beleza e benestar e décimos de lotería. Cada día un premio valorado en 100 euros. E continua ata o día 24. A Casita de Papá Noel, instalada na Praza Maior estará funcionando en horario de 17:00 a 20:00 horas do 21 ó 24 de decembro”.
Ademais o CCHV anuncia que “na tarde do día 24 Papá Noel sairá en cabalgata ás 17...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 25 DE DICIEMBRE
VIERNES 19
-Avatar: fuego y ceniza – 20:30 horas
-Golpes – 20:30 horas
-Núremberg – 20:30 horas
DEL 20 AL 23 DE DICIEMBRE
-Avatar: fuego y ceniza – 17:00 y 21:00 horas
-Zootrópolis 2 – 17:30 horas
-Golpes – 21:00 horas
-Five nights at Freddy’s 2 – 18:00 horas
-Núremberg – 21:00 horas
JUEVES 25 DICIEMBRE
-Avatar: fuego y ceniza – 20:00 horas
-Zootrópolis – 20:00 horas
-Núremberg – 20:00 horas
O Concello de Viveiro presenta a programación especial de Nadal, con actividades que se desenvolverán ata o 5 de xaneiro. O calendario inclúe propostas culturais, musicais, deportivas e de lecer, así como actividades dirixidas á conciliación familiar, co obxectivo de ofrecer alternativas para todos os públicos.
Este venres, día 19 de decembro, abrirá o Mercado de Nadal A trastenda de Nicomedes ás 17.00 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello. E haberá a cea de Nadal da Comisión de Festas de Viveiro no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas ás 21.30 horas.
O sábado 20 disputarase unha proba da Copa Galicia de Ciclocross en Lavandeiras (Celeiro), a partir das 11.00 horas; celebrarase o Festival de Nadal da Unidade Pastoral de Viveiro ás 17.00 horas nos Claustros de San Francisco; e haberá o concerto ...
leer más











