Ribadeo

25/03/2026

Este domingo, día 29 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio Hernán Naval, de Ribadeo, Os Quinquilláns van representar a súa versión de Cousas, de Castelao.

É unha actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica: “con esta representación poñemos fin á exposición Sempre en Galiza. 1944-2024, que aínda se pode ver na Oficina de Turismo de Ribadeo. Tanto a exposición como a representación teatral é patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo”.

A Agrupación Cultural Francisco Lanza engade que “Os Quinquilláns celebran o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do texto orixinal do rianxeiro universal: ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social... O retranqueiro burro dun dos contos,...

leer más
25/03/2026

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará oito pezas no concerto de Semana Santa que ofrecerá na igrexa parroquial ribadense de Santa María do Campo o día 1 de abril, mércores, ás 20:45 horas.

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, anuncia que o tradicional concerto de Semana Santa que ofrece todos os anos esta formación “será o mércores 1 de abril ás nove menos cuarto da tarde na igrexa parroquial cun repertorio basicamente de marchas procesionais e de temática relixiosa. Hai que resaltar que das nove pezas que vai interpretar a Banda Municipal de Música de Ribadeo oito delas será a primeira vez que as tocarán nun concerto os nosos músicos. Creo que é un paso importante porque cada concerto estamos estreando obras novas, o que indica a boa saúde da nosa Banda”.

Ademais David Ballester...

leer más
Etiquetas:
25/03/2026

Catorce clubs participarán en Ribadeo os días 4 e 5 de abril no Tournament de Mini Basket, que reunirá a 200 xogadores e xogadoras. O evento está organizado polo Concello de Ribadeo, CB Ría de Ribadeo e Xunta de Galicia. O patrocinador principal é The Basket Dream.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “nesta cita co Mini Basket participarán equipos da Mariña, outros chegados desde Pontevedra e tamén da veciña Asturias. Serán dous días de torneos femininos e masculinos cun total de 200 xogadores e xogadoras nas canchas dos pavillóns de Alfredo Deaño e da Avenida de Luarca e nas instalacións do Ceip Gregorio Sanz”.

O edil ribadense subliñou que “estas nenas e nenos que veñen de fora pasarán aquí a fin de semana, moitos deles, acompañados das súas familias, que aproveitarán para coñecer e...

leer más
Etiquetas:
25/03/2026

Ribadeo acollerá un taller de taichi este sábado, 28 de marzo. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata dunha actividade gratuíta, que terá lugar entre as 12:00 e as 13:30 na praza Pancho Maseda”. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono 636 39 93 95 (Gabi).

Colaboran na organización o Concello de Ribadeo e Chen Taichi Center Gijón. 

Silvent animou “aos amantes desta disciplina a achegarse este sábado á praza Pancho Maseda a disfrutar dunha mañá de deporte ao aire libre e de xeito gratuíto”. 

 

Etiquetas:
24/03/2026

Do 3 ao 11 de abril terá lugar en Ribadeo o XI Festival de Jazz & Blues. As entradas xa están á venda.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “do 3 ou 11 de abril, teremos en Ribadeo o Festival de Jazz na súa 11ª edición. Serán un total de catro concertos. O primeiro deles será o venres 3 de abril ás 20:00 horas no auditorio. Poderemos escoitar jazz clásico co grupo madrileño The Sentimental Gentlemen. O sábado 4 ás oito da tarde de novo, Will Jacobs e Marcus Coll Band achégannos desde Alemaña o son do blues de Chicago. O venres 10 de abril o dúo galego Antía Muíño e Abe Rábade interpretarán jazz moderno. E remataremos o sábado 11 cun concerto de Alana Sinkëy, con ritmo de soul, unha lisboeta con ascendencia de Guinea Bissau. Vémonos no festival de jazz. Vémonos no auditorio”. As entradas están á venda en...

leer más
Etiquetas:
23/03/2026

Acisa sorteou hoxe as tres ceas para dúas persoas da campaña dos San Patrick’s Days, que se desenvolveu entre o 13 e o 22 de marzo. 

As rifas agraciadas son a 521, á que lle corresponde o premio de La Solana; a 1986, afortunada co agasallo de Kummel; e a 1682, que gozará dunha cea no San Miguel. As persoas afortunadas dispoñen ata o 31 de marzo para reclamar os seus premios. En caso de non aparecer quedarán desertos. Desde Acisa indican que “os premios poderanse disfrutar segundo as condicións de cada establecemento e baixo reserva previa”.

O sorteo non presencial, que tivo lugar esta mañá nas instalacións de Acisa, foi realizado mediante un programa de xeración de números aleatorios. E xa pode verse nas redes sociais do colectivo empresarial ribadense. 

Na primeira edición dos San...

leer más
Etiquetas:
22/03/2026

O día 26 de marzo, xoves, na Casa do Viejo Pancho, de Ribadeo, ás oito da tarde, impulsada pola Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores, terá lugar unha charla sobre seguridade. Coordinada por Evaristo Lombardero, abranguerá diversos temas relacionados coa seguridade polos que se ve afectado Ribadeo, anuncia a organización.

O colectivo ribadense Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores explica que “coa charla trátase de entender que a seguridade non é só evitar as agresións físicas, senón tamén moitas outras cousas que se achegan mesmo á seguridade alimenticia ou sanitaria, ou que non implica só á figura de policía, senón que é algo que trata das normas e o seu respecto, abondo...

leer más
Etiquetas:
20/03/2026
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 26 DE MARZO 
 
VIERNES 20, SÁBADO 21 Y DOMINGO 22
SALA 1 18:00 “HOPPERS“
SALA 1 20:30 – 23:00 “TORRENTE PRESIDENTE“
SALA 2 18:00 – 20:30 – 23:00 “AMARGA NAVIDAD”
 
LUNES 23
SALA 1 20:30 – 23:00 “TORRENTE PRESIDENTE“
SALA 2 20:30 – 23:00 “AMARGA NAVIDAD”
 
MARTES 24 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:30 – 23:00 “TORRENTE PRESIDENTE“
SALA 2 20:30 – 23:00 “AMARGA NAVIDAD”
 
MIÉRCOLES 25 (SIN ESPECTÁCULO) 
 
JUEVES 26 (+ 65 AÑOS ENTRADA 2 €)
SALA 1 20:30 – 23:00 “TORRENTE PRESIDENTE“
SALA 2 20:30 – 23:00 “AMARGA NAVIDAD”
Etiquetas:
19/03/2026

A Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 29 de marzo ao 3 de abril unha exposición de pintura homenaxe a Álvaro Prieto Álvarez (Alpri).

Na mostra, titulada Momentos, poderanse ver arredor de 30 creacións deste pintor afeccionado ribadense falecido en maio do pasado ano 2025. Está organizada pola súa familia e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a visitala: “recomendámosvos que veñades vela, ides disfrutala moito”.

A exposición foi presentada por Begoña Sanjurjo xunto a algúns dos irmáns de Álvaro Prieto Álvarez.

19/03/2026

A XII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 12 de setembro. As inscricións quedan abertas desde este xoves, 19 de marzo, ás 19:00 horas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo: “presentamos hoxe a décimo segunda Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o 12 de setembro. As inscricións quedan abertas no día de hoxe, 19 de marzo, a partir das 19:00 horas”.

O edil ribadense subliñou: “desde a organización agardamos que sexan moitas as corredoras e os corredores que se animen a participar nesta nova edición da media maratón. O ano pasado foron máis de 700 os deportistas que cruzaron a meta dos 1.076 inscritos e agardamos poder superar esas cifras neste 2026. Moitos corredores e corredoras veñen acompañados das súas familias ou de grupos de amigos e pasan a fin de semana na nosa...

leer más