Ribadeo

Etiquetas:
30/09/2026

María Teresa Díaz Sanjurjo, veciña de Castropol, resultou agraciada coa campaña da Volta ao Cole de Acisa Ribadeo. O premio, de 100 euros en vales de compra, correspondeu a unha papeleta por unha compra realizada en Siñeiro Hogar. Os outros dous premios quedaron desertos ao non ser reclamados.

Este mércores, 30 de setembro, rematou o prazo para reclamar os premios da campaña Volta ao Cole, de Acisa Ribadeo, na que se sorteaban un total de 300 euros repartidos en tres premios de 100 euros cada un.

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, felicita á gañadora e agradece “unha vez máis a participación dos clientes nesta campaña de Volta ao Cole así como a colaboración dos establecementos asociados. Toda axuda, sobre todo neste período, é benvida en calquera fogar”.

O xerente do colectivo...

leer más
30/09/2026

ECODES, Coca-Cola, el Concello de Ribadeo y la Asociación Comerciantes Industriales Servicios y Autónomos de Ribadeo (A.C.I.S.A.) han presentado este miércoles, 30 de septiembre, la iniciativa Hostelería #PorElClima, una actividad contra el cambio climático a la que se han adherido 53 establecimientos hosteleros de Ribadeo que se suman a los más de 21.550 bares y restaurantes del país adheridos a esta propuesta.

El acto ha contado con la presencia de Daniel Vega, alcalde del Ayuntamiento de Ribadeo; María Troncoso, jefa de Comunicación, Asuntos Públicos y Sostenibilidad en Coca-Cola Europacific...

leer más
29/09/2026

El periodista y escritor José Luis Enríquez León presenta este viernes, día 2 de octubre, en Ribadeo la novela titulada El silencio del mar de fondo (Ediciones Camelot). El acto tendrá lugar en Gráficas Santiago a las siete y media de la tarde y contará también con la presencia del profesor ribadense Roberto Rodríguez.

En esta novela agentes de la Unidad Central Operativa de la Guardia Civil investigan el asesinato de un importante empresario y de su mujer a bordo de su velero fondeado en aguas de Formentera. Así arranca una intensa novela plagada de traiciones, ambiciones, mentiras y asesinatos. El silencio del mar de fondo narra la historia de dos marinos españoles cuyos destinos discurren por caminos diferentes desde que un acontecimiento inesperado sucede a bordo de un barco mercante sueco entre Sudáfrica y los Países...

leer más
Etiquetas:
28/09/2026

A agrupación cultural Francisco Lanza anuncia que este venres, día 2 de outubro, vai visitar Ribadeo Xurxo Souto para presentar o seu último libro: A novela do bravú. “Aproveitando a súa visita imos facer un pequeno percorrido polas nosas Palabras na varanda, que desde maio inzan da cor das nosas letras galegas os balcóns de Ribadeo”, explica a agrupación Francisco Lanza, que engade: “comezaremos o paseo ás 20:00 horas na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para seguirmos pola Praza de Abaixo e despois rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, cabo da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí ás 20:30 horas daremos paso á presentación d’A novela do bravú”.

A agrupación cultural Francisco Lanza destaca: “temos moi boas lembranzas das anteriores visitas de Xurxo Souto a Ribadeo e cremos que de novo imos pasar...

leer más
Etiquetas:
28/09/2026

Bodegas Docampo, de Ribadavia, recibiu a pasada fin de semana aos gañadores do Ribadeo Sabe 2026. Foi o caso de Javier Páez Pérez e de Marcos Paleo Otero, que fixeron xunto aos seus acompañantes unha visita guiada á bodega e desfrutaron dunha noite de aloxamento no seu Hotel Pazo Carballo.

Javier Párez e Marcos Paleo foron dous dos tres gañadores dos premios ao público que participou nas votacións do Ribadeo Sabe o pasado mes de maio, evento gastronómico organizado polo Concello e por Acisa. Tres foron as categorías establecidas e dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo e visita guiada cada unha a Bodegas Docampo, en Ribadavia, con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo. A culler de bronce foi para María Jesús Vior Fernández, a culler de prata para Javier Páez Pérez e a culler de ouro para Marcos...

leer más
Etiquetas:
26/09/2026

Do 2 ao 4 de outubro celebraranse en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación do mexillón, que organiza Acisa coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na cita participarán 25 locais hostaleiros. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a fin de semana do 2 ao 4 de outubro terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación do mexillón nas que participarán 25 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer tapas e pratos preparados cun produto excepcional. Grazas á colaboración da Área de Mar da Deputación de Lugo puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. Esta é xa a oitava vez que desde Acisa regalamos materia prima para a elaboración das tapas e dos pratos ás nosas asociadas e asociados, co que pretendemos deste xeito aforrarlles custes nalgunhas das campañas que lles propoñemos...

leer más
Etiquetas:
25/09/2026

O vindeiro 25 de outubro terá lugar unha nova saída do programa Muller e Benestar: Tempo para Ti do Concello de Ribadeo. Será ás Termas de Cuntis. 

Desde o CIM explican que “é a segunda excursión que organizamos este ano dentro do programa, pensado para ofrecer ás mulleres de Ribadeo un espazo de descanso, coidado e tamén para compartir unha xornada diferente”.

A saída será ás 8:30 horas desde a Escola de Música e o Concello de Ribadeo faise cargo do transporte.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, contou que “as asistentes poderán escoller entre dúas opcións: acceso ao spa por 17 euros ou acceso ao spa e comida por 42 euros. En total son 50 as prazas dispoñibles. As inscricións poden realizarse no CIM de Ribadeo, no Auditorio Hernán Naval, 14, desde o hoxe mesmo, 25 de setembro,...

leer más
Etiquetas:
25/09/2026

CARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 1 DE OCTUBRE

VIERNES 25, SÁBADO 26 Y DOMINGO 27
SALA 1 17:30 “COYOTE VS. ACME”
SALA 1 20:00 - 23:00 “LA BOLA NEGRA”
SALA 2 17:30 “RESIDENT EVIL“
SALA 2 19:30 “VENGADORES: ENDGAME (REESTRENO)“
SALA 2 23:00 “RESIDENT EVIL“

LUNES 28
SALA 1 20:00 - 23:00 “LA BOLA NEGRA”
SALA 2 20:30 - 23:00 “RESIDENT EVIL“

MARTES 29 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:00 - 23:00 “LA BOLA NEGRA”
SALA 2 20:30 - 23:00 “RESIDENT EVIL“

MIÉRCOLES 30 (SIN ESPECTÁCULO).
JUEVES 1 (+ 65 AÑOS ENTRADA 2 €)
SALA 1 20:00 - 23:00 “LA BOLA NEGRA”
SALA 2 20:30 - 23:00 “RESIDENT EVIL“

25/09/2026

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha viaxe a As Pontes, Pontedeume e Sobrado dos Monxes para o día 17 de outubro, sábado. Inclúe visitas guiadas e xantar nun restaurante.

A saída de Ribadeo será ás 8:00 horas e chegada está prevista para as 20:30 aproximadamente.

O prezo é de 75 euros para os socios/as da agrupación Francisco Lanza e de 85 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo.

As inscricións poden facerse a través do correo electrónico agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou do teléfono 699.809.606.

 

Etiquetas:
24/09/2026

Acisa celebrará a súa  XII Gala Anual o vindeiro 18 de outubro, no Parador de Turismo de Ribadeo, para conmemorar o seu 37 aniversario, o Premio Nacional de Comercio Interior e facer entrega dos galardóns do ano 2026: relevo xeracional, negocio emblemático, espírito emprendedor, toda una carreira, socio honorífico e ribadense do ano. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anunciou que “na asemblea extraordinaria, que tivemos hai unhas semanas anunciamos a celebración da Gala Anual de Acisa Ribadeo. Consideramos importante esta cita, consolidada xa, como un punto de encontro entre o empresariado ribadense. Xa podemos anunciar oficialmente a celebración da XII Gala de Acisa Ribadeo: 37º Aniversario, conmemoración do Premio Nacional de Comercio Interior e entrega de galardóns 2026, que será o 18 de outubro a partires das 19:30 horas e que...

leer más