Música
Este próximo sábado, 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira #AmbosMundos no municipio de Cervo.
Será cun concerto gratuíto na Praza dos Campos, de San Ciprián, que dará comezo ás 22:30 horas.
Trátase dun espectáculo familiar, que dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A duración será de 50 minutos.
“A música das buguinas” é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, os asistentes irán descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, iremos cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música... ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!!
O Concello de Viveiro acolleu a presentación do concerto de Amigos do Folk e Brétema, unha iniciativa que se levará a cabo o domingo día 23 coa intención de achegar a música ás parroquias.
O Centro Social de Vieiro será o escenario, a partir das 18:00 horas, desta actividade organizada por Jesús Chao Da Silva, coa colaboración do Concello de Viveiro, a Asociación do alumnado Adulto do Conservatorio e o propio Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
“Dende o Concello consideramos que a promoción da cultura en xeral, e da música en particular, é una prioridade dentro dos servizos que debemos ofrecer á nosa veciñanza”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“O Conservatorio de Música realiza un traballo exemplar dende hai moitos anos, por iso quixemos colaborar una vez...
leer másO Concello renderá homenaxe ao músico ribadense Xavier Miró nun acto que terá lugar o vindeiro 15 de abril no auditorio Hernán Naval a partires das 20:00 horas. O evento foi presentado no salón de plenos polos concelleiros de Cultura e Desenvolvemento Local, Pilar Otero e Pablo Vizoso, e polas artistas Ugía Pedreira e Marina Oural, encargadas da súa posta en escena.
A edil ribadense dixo: “desde a Concellería de Cultura de Ribadeo queremos informar que estamos a organizar a homenaxe do músico e óptico ribadense, Xavier Miró. Para iso contamos coa colaboración da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento. Este evento reunirá a diferentes persoas vinculadas á iniciativa e a 120 músicos da Mariña versionando, con diferentes xéneros, os seus singles dos anos 70”.
A compositora Ugía Pedreira contou que “Xavier...
leer másA axenda cultural do segundo trimestre deste 2023 arrinca estes días coa segunda semana do proxecto Píllara: o 6 de abril haberá unha acción colectiva na rúa coa actriz María Roja e o sábado no teatro proxectarase a película Panteras. As propostas deste trimestre, que presentou a concelleira de Cultura, Pilar Otero, inclúen danza, teatro, actividades para as crianzas, Cultura nas Parroquias e tamén música. A cantante Sés presentará o seu novo disco en Ribadeo o 6 de maio.
A edil ribadense manifestou: “desde a Concellaría de Cultura queremos informar dos eventos que conforman a axenda cultural neste segundo trimestre do ano. Estamos agora mesmo inmersas na segunda semana do proxecto Píllara, que como levamos difundido amplamente nestes días atrás, é unha reflexión a través da arte sobre a situación do cambio climático e na que o...
leer másA primeira edición dos encontros de bandas das escolas de música da Mariña presentouse en Foz hoxe, venres, e desenvolverase no vindeiro mes de abril en Burela e Mondoñedo. No acto participaron os alcaldes de Foz e de Mondoñedo, Fran Cajoto e Manuel Otero, ademais dos directores das escolas de música participantes nesta iniciativa: Xan Carballal (Burela e Mondoñedo), Hugo García (Ribadeo), Felipe Sánchez (Foz) e Xulia Nogueira (Xove).
As cinco escolas de música levarán a cabo conxuntamente estes encontros de bandas, que se celebrarán este curso nos auditorios municipais de Burela e de Mondoñedo os días 15 e 29 de abril respectivamente. Os promotores desta iniciativa explicaron que “será caldo de cultivo para as relacións entre os alumnos pertencentes á materia de Banda das diferentes escolas da Mariña co fin de compartir en sociedade as...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará tres marchas procesionais no concerto de Semana Santa que ofrecerá o 5 de abril, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chega o concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que terá lugar o mércores 5 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Vai ser un repertorio todo de marchas procesionais, algunhas delas que xa interpretamos hai anos, pero tres das pezas que imos tocar están por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
David Ballester engade: “tanto desde a asociación Amadores da Música como desde a propia Banda queremos agradecer a colaboración da Confraría da Semana Santa de Ribadeo e dos párrocos da...
leer másResurrection Fest Estrella Galicia volverá a contar en 2023 con su ya clásica ludoteca infantil: RESUKIDS. Estos pequeños gigantes cabezas de cartel volverán a ser quienes mejor se lo pasen en Viveiro en la que para ellos también es la mejor semana del año.
Resukids es una iniciativa que nace en 2014 y en la que los más pequeños pueden divertirse en un ambiente sano, deportivo y en plena naturaleza mientras sus padres disfrutan de los directos de algunos de los mejores artistas a nivel mundial. Todo ello sin salir de Viveiro, en Resurrection Fest Estrella Galicia.
Durante la semana del festival, los Resukids realizan actividades deportivas, están en contacto con la naturaleza viveirense, hacen cientos de amigos y una vez al día se pasan por el recinto donde cada día son protagonistas de los más grandes aplausos de nuestro público. Sí...
Este venres, día 31, ás 12:00 horas no salón de actos do Cenima, de Foz, terá lugar a presentación do primeiro Encontro de Bandas das Escolas de Música da Mariña.
As escolas de música de Burela, Mondoñedo, Xove, Ribadeo e Foz levarán cabo conxuntamente estes encontros de bandas, que se celebrarán este curso nos auditorios municipais de Burela e de Mondoñedo os días 15 e 29 de abril respectivamente. Dita iniciativa será caldo de cultivo para as relacións entre os alumnos pertencentes á materia de Banda das diferentes escolas da Mariña co fin de compartir en sociedade as vivencias musicais fóra do ámbito local.
Os directores das diferentes escolas, Xan Carballal (Burela e Mondoñedo), Hugo García (Ribadeo), Felipe Sánchez (Foz) e Xulia Nogueira (Xove), están moi contentos de levar a cabo a iniciativa xa que “...
leer másO grupo musical Son´s Varadero, de Foz, ofrecerá unha actuación o día 31 de marzo, venres, no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.
Este concerto, organizado polo Concello de Alfoz, será a partir das 20:30 horas e con entrada de balde.
Son´s Varadero é unha agrupación musical que foi creada en Foz en 2017, está formada por seis compoñentes e no seu repertorio destacan os boleros, os pasodobres, a música folk e cancións populares.