Eventos
Febreiro é o mes gandeiro no Valadouro. As actividades a desenvolver están organizadas polo Concello e pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
O 4 de febreiro terá lugar a IV Feira de Razas Autóctonas, que dará comezo ás 10 da mañá e que vai repartir máis de 5.000 euros en premios. A inscrición está aberta ata o día 1.
O 11 están programadas conferencias agrogandeiras desde as 10 da mañá. Tamén haberá competicións de cabalos: concurso de andadura galega. E desenvolverase unha Ruta de Tapas con carne de razas autóctonas.
E o 18 celebrarase a Feira de Gando, tamén a partir das 10 mañá. O evento repartirá máis de 1.000 euros en premios. A inscrición pódese facer ata o 15 de febreiro.
Desde o Concello sinalan: “vai chegar febreiro, o mes gandeiro por...
leer másA parroquia cervense de Rúa celebra as súas festas da Candelaria do 3 ao 5 de febreiro.
O venres 3 a partir das 23:00 horas haberá verbena coas actuacións de Fania Blanco Show, Los Coleguitas e Macro Disco Level Show con DJ Conxuro.
O sábado empezarán as actividades ás 12:30 horas con misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Trebol, que tamén amenizará a verbena xunto co Grupo Beatriz e o DJ Litainer.
E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación haberá procesión e sesión vermú coa actuación do grupo Fénix.
Estes festexos están organizados pola Comisión de Festas de Rúa coa colaboración da comunidade de montes veciñais e do...
leer másA asociación cultural Festas do San Rosendo, de San Miguel de Reinante (Barreiros), organiza a segunda edición da Festa do Caldo para o día 28 de xaneiro, sábado, nos colexios vellos de San Miguel.
A organización anuncia que “haberá segunda edición da Festa do Caldo.
Tras dous anos de parón por mor das restricións sanitarias volvemos con moitas ganas a organizar a Festa do Caldo, que tan bo sabor de boca, en tódolos sentidos, nos deixou en xaneiro do 2020. Haberá moita comida, bebida e moito baile”.
O menú está composto por caldo, cocido, pan, auga e viño, con un pzo de 14 euros. A cea será a partir das 21:00 horas e o baile empezará ás 23:00 horas, co actuación de Verónica Cambón.
Os tickets para participar están á venda ata o 23 de xaneiro e o aforo é limitado.
A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Ruta de San Sebastián, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de xaneiro. Colaboran a asociación cultural A Parrala e Barreiros Mar e Monte.
O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “sairemos ás dez da mañá desde o campo da festa da Rilleira para percorrer 8 quilómetros polo Val de Cabarcos. Imos visitar a casa do antigo Concello, as ruínas da cárcere e a casa da notaría de San Xiao de Cabarcos e tamén a capela de San Sebastián da Rilleira. Queremos aproveitar esta ruta para coñecer un pouco máis da cultura do noso municipio”.
Gómez Puente sinala que “para as doce e media está previsto o remate da ruta a carón da Capela de San Sebastián, onde ofrecermos un pincheo aos asistentes. E despois á unha e...
leer másA parroquia de Lagoa, en Alfoz, celebrará as súas festas na honra de San Vicente os días 21 e 22 de xaneiro, sábado e domingo.
O sábado a partir das 21:00 horas terá lugar a Festa dos Callos, con queimada popular gratuíta, e verbena amenizada pola orquestra Gran Parada.
E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e a continuación procesión co grupo de gaitas Amado Lar e sesión vermú amenizada polo grupo folclórico Amador Lar e o dúo Epo-K.
Haberá recinto cuberto con carpa e calefacción.
A localidade focense de Vilaxoane celebra as súas festas de San Blas os días 3 e 4 de febreiro, venres e sábado.
O venres 3 é do Día do Patrón e a partir das 13:00 horas haberá misa solemne, procesión, bendición do tradicional pan de San Blas, imposición do santo e sesión vermú co dúo Belinda. Ás 18:00 horas celebrarase outra misa solemne e pola noite haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Solara.
Ao día seguinte celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación sesión vermú co trío Principal. Pola noite na verbena actuarán o trío Principal e a orquestra Gran Parada.
Haberá recinto cuberto con carpa e calefacción.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse está aberto dende este luns 16; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 20 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o luns 23 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar e prolongaranse ata principios do mes de marzo.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.
Dende o Concello de Cervo convidan a todas as veciñas interesadas na competición a acudir...
leer másA Casa de Galicia en Madrid acollerá o 19 de xaneiro a presentación da XIX Feira Monográfico Náutico-Pesqueira Expomar. Será nun acto ás sete da tarde e ao que foron convidadas un cento de persoas, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfredo Llano. Despois haberá unha degustación de peixe de Burela patrocinada pola Consellería do Mar.
O rexedor dixo que “estamos moi ilusionados con esta cuestión porque é unha oportunidade de poder presentar unha feira destas características, importante para Burela, na Casa de Galicia en Madrid. Falei co responsable e non houbo pega ningunha para organizar esta presentación para o día 19 deste mes as sete da tarde”.
Llano considera que “este ano debe ser unha feira exposición náutico pesqueira exemplar, ata onde nosoutros poidamos chegar. Hai que darlle moita importancia á pesca,...
leer másA parroquia de Riobarba, no municipio de O Vicedo, celebrará a Festa do Patrón, San Pablo, o 21 de xaneiro, sábado.
Haberá misa ás 13:00 horas e sesión vermú a partir das 14:00 horas, que estará amenizada polo grupo Meritxell e repartiranse pinchos de lacón e empanada. Pola noite na verbena actuará o grupo Zafiro. E ademais sorteáranse dúas cestas.
A Mariña Lucense volverá estar presente en Fitur do 18 ao 22 de xaneiro da man de Turismo de Galicia presentando a nova campaña turística: Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.
O vídeo principal desta nova estratexia de comunicación formará parte do acto de presentación da Mariña Lucense que terá lugar o xoves, 19 de xaneiro, ás 17:30 horas no stand de Turismo de Galicia. No evento intervirá o Presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, acompañado por representantes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
No acto o presidente da Mancomunidade fará fincapé “nos avances do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense (2022-2024), enunciando os proxectos que se están abordando e que sen dúbida darán un novo pulo e...
leer más