Eventos

Etiquetas:
09/01/2023

Esta fin de semana, sábado 14 e domingo, celebraranse as festas na honra de San Sebastián en Carballido (Alfoz), que teñen nova situación: xunto á igrexa en carpa pechada e climatizada.

O sábado 14 a partir das 13:00 horas haberá misa, procesión e sesión vermú co dúo Belinda e con tapas de callos para acompañar as consumicións. E pola noite, festa verbena con Extraordinarios Team, “primeira contratación na Mariña dun grupo de recente creación que soamente actuará de decembro a febreiro. Xúntase unha das mellores dianteiras da verbena galega, participantes do programa A Liga dos Cantantes Extraordinarios: Diego Moreira (actual Panorama, ex París de Noia e Cinema); Ángel Hasegawa (actual Cinema); Ángel Sevilla (ex La Fórmula e Palladium), Laura Añón (presentadora da TVG, ex Finisterre e Charleston);  e Rocío Varela (actual New York, ex Fania...

leer más
Etiquetas:
06/01/2023

O 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, celebrarase na Finca Galea de Alfoz unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento, non se puido realizar nos últimos dous anos debido á pandemia coo Covid 19, é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.

Desde a organización indican que, como sempre, existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir da próxima...

leer más
Etiquetas:
05/01/2023

Vilanova de Lourenzá acolle este sábado, 7 de xaneiro, os actos de apertura do ano de Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas neste 2023. Foron presentados por unha representación da Mesa Coordinadora Don Paco.

As actividades comezarán ás 17:00 horas no salón de actos da Casa do Concello, onde intervirán o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González;  o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García. Ademais inaugurarase a exposición 110 anos de Del Riego e terá lugar a presentación de Calendario biográfico. Posteriormente, a partir das 18:00 horas, no multitusos Ponte de Cuñas haberá un concerto do Grupo de Música Antiga 1500 e actuará tamén o grupo da Asociación Cultural Osorio...

leer más
04/01/2023

Os Reis Magos farán mañá unha parada no camiño para ver aos /ás nenos/as do concello de Cervo.
 
Cabalgata de San Ciprián: partirá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga, e ao remate do percorrido pola vila haberá recepción Real no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Cabalgata de Cervo: ás 19:30 horas, con saída da Casa do Concello (NON DAS ESCOLAS VELLAS, COMO ERA HABITUAL) ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real; organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.
 
A continuación haberá a actuación do pallaso Popín e  cantos de Nadal con Cordenaia Cantareiras

 

Etiquetas:
04/01/2023

A Cabalgata de Xove vai comezar ás 19:00 horas, saíndo da nave-almacén do Concello (ao carón do Campo Municipal) e rematará, coma sempre, no Pavillón de Deportes.

Os Reis, antes da Cabalgata, farán unha visita previa aos maiores na Residencia San Bartomeu.

Para rematar, unha vez finalizada a Cabalgata,  todos os participantes poderán disfrutar de música cunha Disco-Móbil no Pavillón.

 

Etiquetas:
04/01/2023

Todo está listo en Burela para a tradicional cabalgata de mañá. Os reis percorrerán as rúas da vila en renovadas carrozas. Hoxe foron supervisadas polo alcalde, Alfredo Llano, e por responsables de Ledicia e da Acia local. 

O rexedor contou que “estivemos observando esta mañá as carrozas para os Reis Magos, que están xa case rematadas para que desfilen mañá, xoves, por todo Burela practicamente, polo centro e ata o auditorio municipal”. 

Para Llano “traballouse ben e fixéronse unhas carrozas moi atractivas para que vaian nelas os Reis e que, ademais de levar os regalos para os rapaces e rapaces, a cabalgata sexa un espectáculo moi vistoso e importante”.

O alcalde animou á veciñanza a saír a gozar da cabalgata: “polo tanto animo a todo o pobo a que vaia a partir das sete da tarde, cando...

leer más
Etiquetas:
03/01/2023

O Concello de Xove vai celebrar mañá, 4 de xaneiro, o día da infancia con inchables durante todo o día. Os inchables vanse colocar na Piscina Municipal e no Pavillón de Deportes.
 
INCHABLES NA PISCINA MUNICIPAL. Teremos un númerro máximo de 30 persoas por turno, e poderase entrar ata 20 minutos depois de comezado o turno,  sempre que haxa sitio.

MAÑÁN: (Nen@s e rapaces-zas).
De 11:00h. a 12:00h : de 5 a 8 anos.
De 12:00h. a 13:00h : de 9 a 11 anos.
De 13:00h. a 14:00h : de 12 a 15 anos
TARDE: (Nen@s e rapaces-zas).
De 16:30h. a 17:30h: de 12 a 15 anos.
De 17:30h. a 18:30h: de 9 a 11 anos.
De 18:30h. a 19:30h: de 5 a 8 anos

INCHABLES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES. Aquí non teremos límites de persoas.
O horario é de 16:00 a 20:00 horas ininterrumpido.
A entrada aos inchables da Piscina e do Pavillón é...

leer más
Etiquetas:
03/01/2023

Este mércores, 4 de xaneiro, terá lugar a tradicional Gala de Nadal do Concello de Cervo, será na carpa instalada na Praza dos Campos, ás 20:00 horas.

Contará coas actuacións das agrupacións locais: Fol do Raxal, Coral do CIT, Coral Terramar, Cantareiras Cordenaia (Airiños do Xunco), Grupo Mistura e A Rebolaxe.

 

Etiquetas:
03/01/2023

A segunda edición do RibaXogo está a ter unha gran acollida entre a rapazada. Este centro de ocio seguirá aberto ata o vindeiro domingo, 8 de xaneiro, na carpa instalada no parque de San Francisco. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que “nos primeiros sete días do RibaXogo accederon a este centro de ocio máis de 1.300 nenas e nenos da nosa vila e do resto da contorna. Son moitas e moitos as nais e os pais que se achegan a Ribadeo a facer as compras típicas destas datas, a pasear ou a tomar algo na nosa hostalería e aproveitan para levar ás súas fillas e fillos ao RibaXogo”.

O RibaXogo está aberto hoxe e tamén os días 4 e 5 de xaneiro en horario de 17 a 21 horas. Pechará o día de Reis e o 7 e o 8 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas...

leer más
Etiquetas:
03/01/2023

Sarabela Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a súa obra Asemblea Xeral en Ribadeo este mércores, 4 de xaneiro. Será no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Os prezos das entradas son: menores de 12 anos, de balde; xeral, 10 euros; e persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas, 5 euros. E despois da función de Sarabela Teatro ás 19:00 horas diante do Teatro farase a xuntanza para ir cantar os Reis e pedir o aguinaldo coa asociación Amigos da Gaita.

Ademais para este xoves, 5 de xaneiro, a Asociación de Amigos da Cabalgata ten todo disposto para que as súas maxestades os Reis Magos percorran a vila e saúden ás nenas e nenos. Sairán ás 19:00 horas dende o hospital asilo.