Eventos
Mariña Patrimonio organiza para o próximo sábado, 10 de decembro, unha visita polo patrimonio do Xove. Nesta saída contarán coa colaboración de Lucía Meitín, especialista en cultura e patrimonio do concello de Xove, e de Antón Niñe, gran coñecedor do patrimonio relixioso da comarca da Mariña. Está previsto visitar en xornada de mañá a Igrexa e o Pazo da Rigueira, a Igrexa de Xuances e San Tirso; e en xornada de tarde, a aldea de Morás, “onde escoitaremos falar das tradicións de Xove”, explican desde a organización.
E engaden: “aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 6 de decembro , cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Xove, pódese...
leer másNa Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, acaba de ser instalada unha nova Vila de Nadal elaborada artesanalmente, que conta con máis escenas e figuras que a do ano pasado. E ademais no barrio de Gracia hai unha estampa do Polo Norte para ambientar Lourenzá nestas datas.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que na Vila de Nadal instalada na Praza do Conde Santo “como novidades este ano incorporamos varias escenas, entre elas unha escola rural, unha lavandeira e varios oficios antigos, como un zapateiro e un ferreiro, entre outras. Tamén están presentes nesta estampa de Nadal uns músicos elaborados de figuriñas de madeira e unha muller que fai calceta na porta da súa casa”.
A rexedora municipal lembra que “xa hai uns anos que puxemos en marcha esta iniciativa e cada Nadal imos aumentando o número de figuras...
leer másA XIX edición do Mercado do Nadal de Ribadeo terá lugar do 7 ao 11 de decembro no Parque de San Francisco, onde se darán cita 25 postos de gastronomía, artesanía e deseño. Contará cunha gran diversidade e cunha forte presenza de persoas creadoras e produtoras locais e de proximidade para, deste xeito, darlle un impulso ao emprego e desenvolvemento de Ribadeo nestas datas de gran afluencia de visitantes.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso explicou que “poderemos atopar repostería, marmeladas, xoguetes ou unha gran diversidade de complementos e elementos de deseño e ilustración. Nesta ocasión ademais o alumnado dos centros CEIP Gregorio Sanz, Sagrado Corazón e o IES Dionisio Gamallo tamén contarán cun espazo no mercado que utilizarán para recadar fondos para as viaxes de fin de curso”.
Vizoso...
leer másO 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Será na praza do Concello (en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón)
O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Dámoslle así a benvida a este tempo de alegría, familia e consumo. Haberá produtos de calidade e de proximidade. Tamén haberá actuacións musicais con Condensadores de Fluzo ás 12:30 horas e con Vida tola de Pajarito ás seis da tarde para o público infantil. Ambas son financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Teatro, exposición, obradoiro e musical infantís e concertos conforman a proposta cultural do Concello de Burela do 3 de decembro ao 14 de xaneiro. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agarda que se xeren moitas vendas no comercio local, “movemento e moita ilusión” para o 2023.
O edil burelés contou que “desde a Delegación de Cultura queremos presentar a programación de Nadal. Tivemos unha reunión con comerciantes de Burela e coordinamos algunhas actuacións con eles para potenciar o comercio local, que é moi importante agora mesmo. Eles van facer o sorteo dunha viaxe entre os clientes que fagan as súas compras nos comercios da vila”.
Díaz explicou que “este mesmo sábado, 3 de decembro, teremos ao grupo de teatro de Viveiro Andanzas, que o fan moi ben e que presentará Baile de huesos, ás oito e media e con entrada...
leer másPresentada a nova comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, agradece que estes mozos deran un paso adiante e se animen a traballar.
A edil ribadense declarou que “estamos moi contentas de acompañar a estas persoas que dan un paso cara adiante e se animan a formar parte da comisión que organizará as festas da nosa vila. Sempre é de agradecer que haxa quen, sacando do seu tempo libre e dos seus momentos de ocio, faga o esforzo de organizar para que ao fin todos e todas disfrutemos”.
Otero Cabarcos dixo: “desde a Concellería de Cultura desexámoslles moita sorte, moitos azos e saben que terán todo o noso apoio, como sempre tiveron as anteriores comisións de festas. Moito ánimo e seguro que o van facer moi ben”.
Pola súa banda, o presidente...
leer másComezan as actividades de Nadal en Foz co acendido da iluminación este venres, 2 de decembro, ás 18:30 horas na praza Conde de Fontao.
O alcalde, Fran Cajoto, anuncia que “Foz prepárase para acoller un Nadal familiar e especial. Por iso dende o Concello trabállase arreo para que todo estea listo para que as próximas datas sexan o máis especiais posibles, sobre todo para os máis pequen@s. Cremos que o alumeado e a decoración de Nadal son absolutamente necesarios, transmiten ilusión e fantasía nunhas datas familiares que invitan ao reencontro. Somos coherentes coas medidas actuais e o custo da enerxía, polo que decidimos reducir o tempo de acendido e por iso estará en funcionamento entre as 18.30 e ás 23.30 horas, acurtando así o consumo. Todo o alumeado contará con reloxos que realizarán a conexión e desconexión. En canto ás figuras...
leer másChega unha nova edición da campaña de recollida de xoguetes Dálle a volta ao Nadal, que un ano máis pon en marcha a Concellaría de Servizos Sociais para que todas as nenas e nenos de Ribadeo teñan agasallos nas vindeiras festas.
A concelleira Mónica Freire explicou que “poñemos en marcha unha nova edición desta iniciativa para agasallar ilusión e que ningunha nena e ningún neno queden sen xoguetes este Nadal”.
A edil de Servizos Sociais subliñou que “aquelas persoas que queiran doar poderán facelo ata o 13 de decembro. E teñen que ter presente que os xoguetes deben estar en bo estado: limpos e non rotos; e os que estean compostos de pezas deben vir todas xuntas nunha bolsa pechada. Non recolleremos peluches este ano”.
Freire Rancaño engadiu que “os xoguetes poderán entregarse nos...
leer másNa Pontenova celébrase do 3 ao 6 de decembro a XV Feira de Artesanía e Antigüidades.
O horario de apertura ao público será de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas.
Haberá obradoiros de:
Forxa de ferro – José María Rodil Arruñada
Cestería de mimbre – Luisa Martínez Vázquez
Lámpadas de cabaza – Blas Piñar Martínez
Xoias – Soledad Martínez
Coiro – José Bértolo Pichel
Torno de madeira – Suso Tierra
Fiado de fibras naturais – Lumecú (Mercedes Veites)
Tamén se desenvolverá a VI Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos. O sábado, vespas e motos. E o domingo, coches clásicos.
A Feira Náutico Pesqueira Expomar 2023 será presentada en Madrid o 19 de xaneiro. Será nun acto na Casa de Galicia no que haberá unha recepción e unha degustación, segundo anunciou esta mañá o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano.
O rexedor manifestou que “hai unha cuestión agora mesmo que nos preocupa moitísimo, que é a situación da pesca en xeral. Entón nosoutros consideramos que a actividade náutico pesqueira ten que manterse porque ten un peso específico na economía, na sociedade, na cultura, … Polo tanto queremos que esa pesca perdure, de maneira sostible loxicamente, pero ten que ser unha actividade con garantía de supervivencia, de manterse no futuro constantemente para ter unha alimentación sa e da mellor calidade; pescada ademais dunha maneira coidadosa para que chegue a porto cunha calidade total...
leer más