Eventos
A proposta do Goberno local inclúe actividades próximas ao 25-N, pero tamén nos vindeiros meses
O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Muller dirixida por Lara Fernández Fernández-Noriega, anuncia a programación con motivo do 25-N, Día Internacional contra a violencia de xénero. O programa propón actividades que coinciden cos días próximos á efeméride, pero tamén iniciativas que se desenvolverán ao longo do ano, cun carácter transversal.
“Dende o Concello de Viveiro temos un firme compromiso coa loita contra a violencia de xénero. O programa deste ano buscar chegar a todas as idades, con especial atención aos centros educativos e á xuventude”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
As actividades comezarán o luns 21 de novembro, co obradoiro “Violencia de xénero e...
leer másUn total de 21 establecementos asociados a Acisa participan nesta iniciativa que se prolongará ata o 19 de decembro baixo o lema Somos lo que damos, somos amor.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comeza hoxe, 18 de novembro, e prolongarase ata o 19 de decembro”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado dixo que “tras a boa acollida das recollidas de alimentos dos anos anteriores e atendendo á petición de Cáritas en Ribadeo, desde Acisa consideramos que debíamos repetir esta iniciativa solidaria, que se basea en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe pode levar aos máis de vinte puntos de recollida, unha pequena colaboración en...
leer másA Concellaría de Igualdade está a desenvolver a campaña Ribadeo contra a violencia machista: antes, agora e sempre. E programou diversas actividades que se desenvolverán entre o 18 e o 27 de novembro.
A edil Mónica Freire explica que “este novembro queremos unha vez máis espertar as conciencias dá cidadanía, visibilizando a todas as violencias machistas e a todas as vítimas. Co lema elixido nesta ocasión , queremos transmitir que aínda que se achega o 25N, Día internacional para a Eliminación dá Violencia contra a Muller, a loita contra esta pandemia social non debe limitarse a un só día. Desde a Área de Igualdade do Concello Ribadeo traballamos constantemente no abordaxe integral da violencia de xénero, mediante políticas de prevención e accións destinadas a garantir a asistencia e a protección das vítimas con actuacións de carácter...
leer másO Vicedo acolle o 26 de novembro a segunda edición da concentración de coches clásicos organizada polo Club Clásicos O Vicedo.
As actividades comezarán ás 10.00 horas coa recepción dos vehículos na rúa Ciudad de Mondoñedo, as 12 do mediodía empezará a ruta e para as 14:00 está programado o xantar, para o que hai prazas limitadas. Para participar na comida é necesario reservar chamando aos teléfonos 626.836. 946 ou 679.763.191 e ten un prezo de 25 euros por persoa.
A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, realizará este sábado, 19 de novembro, unha visita ornitolóxica á ría de Foz.
Os asistentes poderán descubrir as aves máis icónicas deste paraxe natural. Nesta época do ano a ría focense acolle interesantes poboacións de especies acuáticas tanto migratorias como invernantes: espátula, cerceta común, ánade silbón ou barnacla carinegra. Neste estuario concéntranse núcleos de zarapito real e agulla colipinta, que xunto ao escaso correlimos gordo danlle importancia a escala estatal á ZEPA Ría de Foz. A visita será guiada por Saúl Román.
Éxito da ruta por Trabada
Vinte persoas gozaron o pasado sábado de A Mariña en Ruta por Trabada. Os participantes coñeceron a historia e os modos de vida antigamente visitando o Museo Etnográfico Xosé Rocha....
A comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, organiza a terceira edición da súa cea baile. Será o 3 de decembro, sábado, no pavillón polideportivo de Alfoz, desde as 21:30 horas.
A organización anuncia que a cea estará servida polo catering Chao da Brea e haberá baile amenizado pola disco móbil Conxuro, sorteos e moitas sorpresas máis.
Para reservar hai que contactar cos teléfonos 679.566.111 ou 603.670.661 e o prazo remata o 30 de novembro.
Neste mes de novembro desenvolverase un amplo programa de actividades para traballar na promoción e divulgación do coñecemento e os valores do mar e dos ríos.
Viveiro acolle un ano máis Vivemar, a iniciativa pola cultura marítima e fluvial de Viveiro que durante este mes de novembro traballa na promoción e divulgación do coñecemento e os valores do mar e dos ríos.
“Queremos facer de novembro o mes do mar en Viveiro, tendo como base principal o obxectivo de continuar transmitindo a cultura marítima e fluvial aos nenos e nenas e de aí a necesidade de facer un encontro educativo”, subliñou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro no acto de presentación.
Este proxecto, promovido no 2018 polo Concello de Viveiro, pasa neste 2022 a ser producido e organizado pola Asociación Prato-Do e Lobisome...
leer másMaña sábado,12 de novembro, a asociación Amigos da Maruxaina organiza un magosto a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián. E a continuación os presentes poderán defrutar do Show do Barallocas.
O domingo, 13, a asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, propoñen teatro. A Adala de Fazouro interpretará a súa obra "Vivan os Noivos", a partir das 19:00 horas no Pavillón de San Román.
A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, chegará este sábado, día 12, a Trabada. Coñecer o pasado de Trabada será posible con esta ruta, unha das mellores maneiras de coñecer a historia e como era a vida antigamente. Inclúe a visita ao Museo Etnográfico Xosé Rocha e tamén a ruta de sendeirismo da Fraga da Vilapena. Alí os participantes entrarán na igrexa, que conta con interesantes retablos, un renacentista e outro barroco. Manuel Anllo Centeno será o guía que os acompañará.
A Mariña en Ruta seguirá o día 19 cunha visita ornitolóxica á ría de Foz. E o 26 de novembro rematará esta nova edición de A Mariña en Ruta con A vida aos pés da Ría de Foz-Masma (Barreiros).
O pasado sábado, día 5, Lourenzá foi a protagonista de A Mariña en Ruta. Os asistentes visitaron terras pertencentes ao...
leer más