Eventos

Etiquetas:
27/08/2021

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza a Festa dos Choferes 2021 que se celebrará os días 3, 4 e 5 de setembro.

O venres  a partir das 22:30 horas haberá verbena co grupo Montreal.

O sábado 4 ás 13:30 horas celebrarase unha misa; a partir das 14:00 horas sesión vermú co Dúo Epo-K; e ás 21:00 horas dará comezo a verbena coa orquestra La Oca Band e Discoteca Eventec.

O domingo 5 ás 11:00 horas empezará a procesión de vehículos polas parroquias do concello; ás 13:30 horas haberá misa seguida da bendición dos vehículos e sesión vermú a cargo do Grupo Lume.

Todos os días haberá polvo á feira, xamón cocido e churrasco.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

... leer más
Etiquetas:
27/08/2021

O Concello de Ribadeo amplía o prazo para a adhesión dos establecementos interesados ao programa da Pancha ata o vindeiro 10 de setembro. 

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello, tras recibir sendas suxestións e peticións para a ampliación do mesmo debido ao volume de traballo que está a rexistrar Ribadeo neste verán, valora como positiva esta ampliación xa que facilitará a inscrición a aqueles establecementos que estean en plena campaña de verán e así se poidan beneficiar o maior numero de locais de Ribadeo”.

E engadiu que “aquelas persoas interesadas en adherirse á campaña da Pancha terán que realizar a súa inscrición en pancharibadeo.com e terán ata o vindeiro 10 de setembro. Hai que lembrar que aqueles establecementos que estean adheridos terán que pasar pola Área de Desenvolvemento...

leer más
Etiquetas:
26/08/2021

A Concellaría de Turismo presentou hoxe o proxecto SetembroXNatural. Ten como obxectivo desestacionalizar o turismo en Ribadeo e favorecer que a tempada alta se alongue ata finais do mes de setembro. Inclúe Xeorutas e visitas guiadas pola natureza para potenciar a Senda Azul e o Camiño Natural do Cantábrico así como o Camiño de Santiago.

O concelleiro de Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, anunciou que “dende a Área de Turismo o vindeiro mes poñeremos en marcha o proxecto SetembroXNatural que ten como obxectivo desestacionalizar o turismo no noso concello e favorecer que a tempada alta se alongue máis ata finais do mes de setembro. Queremos seguir a potenciar a vida de Ribadeo e o seu termo municipal como referente turístico con especial fincapé en ofrecer un entorno atractivo e dinámico a aqueles visitantes que deciden optar polo...

leer más
Etiquetas:
25/08/2021

Dous tobogáns acuáticos encherán de diversión a Praza do Concello de Burela do 26 ao 29 de agosto. Deste xeito especial quere pechar a Concellería de Deportes as escolas deportivas de verán e a ocioteca. Xoves e venres serán as rapazas e os rapaces destas actividades os que disfrutarán desta proposta. E sábado e domingo estarán abertos a todo o público. Só á preciso anotarse á chegada. 

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “desde a Concellería de Deportes de Burela imos pechar este verán dándolles un pequeno premio a todos estes nenos e nenas que estiveron participando nas escolas deportivas municipais e a aqueles que estiveron na ocioteca. Imos ter unha actividade onde imos compaxinar o deporte cos tobogáns acuáticos que son espectaculares e imos telos na praza do Concello desde mañá ata o día 29”.

... leer más
Etiquetas:
24/08/2021

En Foz celébranse actividades para conmemorar a Festa Normanda ata o 29 de agosto. No Cenima está instalada unha exposición viquinga e hai mercado na zona portuaria do xoves 26 ao domingo 29.

Ademais o grupo musical UPSALA Medieval animará as rúas o venres 27 e o sábado 28. Este segundo día tamén haberá dúas representacións teatrais da lenda de San Gonzalo na praza Conde de Fontao, unha infantil a cargo de nenos e nenas de Foz ás 13:00 horas, e a outra por parte de veciñas e veciños de San Martiño ás 21:30 horas. E o cuarteto Illa Pancha  actuará polas rúas ás 20:30 horas. 

E o domingo 29 ás 13:00 horas na praza de Conde de Fontao haberá unha obra de teatro infantil de Pakolas.

 

Etiquetas:
20/08/2021

O Concello de Cervo segue a apostar neste verán pola conciliación familiar a través dun completo programa de actividades lúdico-educativas enmarcada no programa bautizado como “Cervo Concilia”, que se desenvolverá ata o 8 de setembro, coincidindo co comezo do curso escolar, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

60 pequenos/as de entre 3 e 12 anos participan cada día nesta iniciativa municipal de balde, organizados en grupos burbulla para garantir a seguridade, e dirixidos por un equipo humano conformado por 10 monitores/as.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, compartiron un anaco cun dos grupos coincidindo cunha das actividades programadas ao aire libre no parque Reina Sofía, en San Ciprián , “unha tónica habitual nesta nova edición na que se priorizamos, sempre que o tempo o permite, as saídas ao...

leer más
18/08/2021

A parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, celebra o XLVI Festival do Emigrante este sábado, 21 de agosto. Da organización encárgase a asociación cultural O Castro, de Vilaronte, que explica que “o ano pasado non puido ser, este tampouco vai ser coma sempre, pero esperamos que o disfrutedes o mellor posible dada a situación actual; nós vamos poñer todo da nosa parte para que así sexa”.

As actividades comezarán ás 9 da mañá coa ruta de Cornería, con saída desde o local da asociación cultural o Castro. Ás 13 horas haberá misa na honra dos emigrantes falecidos e ofrenda floral, na igrexa parroquial de Vilaronte. Despois terá lugar unha sesión vermú amenizada por Acordeonistas da Mariña.

Ás 17:30 horas haberá xogos populares para todos, con tiro da corda, sacos bolos, etcétera. E rematarán os actos ás 20:30 horas...

leer más
Etiquetas:
17/08/2021

Nuria Torrado González impartirá unha clase de ioga ao aire libre este xoves, día 19 de agosto, ás 16:00 horas no concello de Cervo, concretamente no parque Reina Sofía, de San Cibrao.

Esta actividade, organizada polo Concello de Cervo, titúlase Non desesperes … relax. Os interesados en participar deben anotarse previamente vía whatsapp no teléfono 691.65. 66.00.

15/08/2021

Quedou aprazada para o 25 de agosto a observación astronómica prevista para o pasado venres “debido á mala previsión meteorolóxica para esta noite”, explican desde a Concellaría de Medio Ambiente. 

Toda a actividade, é dicir a charla ás 21:30 horas no Teatro e a posterior observación astronómica na Praza de España, será o vindeiro día 25. Desde Medio Ambiente engaden que “si alguén mais se quere anotar aínda está tempo porque hai algún oco libre”. Deben facelo na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701).

Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que...

leer más
Etiquetas:
11/08/2021

Do 1 de setembro ao 31 de decembro desenvolverase a terceira edición da Pancha, a moeda local de Ribadeo. Os negocios que queiran participar na campaña deberán inscribirse do 12 ao 27 de agosto. Neste 2021 a compra e o uso das panchas será totalmente dixital, a través do Panchapeto. A campaña foi presentada hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso. 

O edil ribadense explicou que “a nova campaña da nosa moeda local, A Pancha, está dotada cun investimento de 150.000 euros, financiada con fondos propios do Concello, máis os custes de operativa, organización e promoción, o que vai supoñer un retorno de máis de 600.000 euros en valor de negocio para os comercios, a hostalería e os establecementos de Ribadeo”.

Vizoso Galdo contou que “nesta terceira edición, e tendo...

leer más