Eventos
O presidente da Asociación organizadora das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto, adiantou esta mañá que Mondoñedo celebrará este ano 2019 as feiras máis antigas de Galicia entre os días 17 e 20 de outubro.
Ademais de dar a coñecer os días da celebración das San Lucas 2019, Souto presentou o cartel anunciador dunha nova edición das feiras, que un ano máis é obra do autor mindoniense e Fillo Predilecto da cidade, Xosé Vizoso.
Souto quere agradecer de novo a implicación do mestre Xosé Vizoso. O cartel deste 2019é “unha nova obra de arte”, considera, que nesta edición representa a entrada dos cabalos na praza da Catedral e músicos tocando diferentes instrumentos sobre a balaustrada do monumento, moitos deles dos usados na interpretación da música celta como son a gaita, a arpa ou o violín.
... leer másNeste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “estes roteiros comezarán ás 11.00 horas e terán unha duración aproximada de 3 horas. Serán de balde e as prazas estarán limitadas. Para formalizar a reservas poderán facelo na Oficina de Turismo de Ribadeo ou chamando ao 982 128 689”.
O edil nacionalista contou que “se trata dunha serie de Xeorutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos coma o importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense”. ...
leer másFoz celebrará o Día de Mondoñedo o 18 de agosto, domingo, con varios actos organizados por Son´s Varadero, que conta coa colaboración dos concellos de Foz e de Mondoñedo e de comerciantes da zona.
No salón de actos do hotel Isla Nova ás 20:00 horas haberá unha charla coloquio que será moderada por Pepe Rivera e na que participarán o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, e o historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios.
E ás 22:00 horas no barrio de Illa Nova empezará a verbena, que estará amenizada por Son´s Varadero.
O Paseo da Rapadoira, de Foz, acollerá este mércores, día 7 de agosto, a partir das 21:00 horas a súa Queimada Ibicenca, que organiza a Agrupación O Feitizo. Haberá auga, empanada e queimada.
Para organizar este evento O Feitizo conta coa colaboración do Concello de Foz, Pé do Molete, Anduriña, Amarena e Casa Damián.
Este xoves, 8 de agosto, darán comezo os actos da Maruxaina 2019, festa declarada de Interese Turístico Galego, coa presentación do libro María na busca da liña do horizonte, de Esther López Castro. O acto, organizado pola asociación Amigos da Maruxaina, terá lugar no Museo do Mar de San Ciprián ás 20:00 horas.
O venres, 9 de agosto, ás 19:00 horas, celebrarase o gran chupinazo e despois será a concentración de maruxain@s para encher o bandullo cunha degustación, a prezos módicos, de empanadas típicas galegas e bolos preñaos. Ás 21:00 horas procederase ao nomeamento d@ Maruxaino de Honra 2019, a cargo da asociación Amigos da Maruxaina.
O sábado, 10 de agosto, ás 11:00 horas, será o gran chupinazo e despois haberá actuacións de charangas e gaiteiros. De 11:00 a 14:00 horas na praza dos Campos realizaranse talleres...
leer másEn Burela está aberta a inscrición para participar no 2º Rastrillo Popular Solidario do verán, que se celebrará este domingo, 11 de agosto, en horario de 10 a 15 horas na praza da Mariña.
Desde a Concellería de Cultura lembran que “para anotarse hai que doar 2 quilos de alimentos que irán destinados ao Banco de Alimentos de Burela. As inscricións poden facerse chamando á Casa da Xuventude aos seguintes teléfonos: 982 58 11 41 e 608 158 170”.
A axenda cultural da fin de semana inclúe teatro infantil ao aire libre. Será este venres, día 9, na praza da Mariña ás 21:00 horas. O espectáculo, Meme, el caracol prehistórico, está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. Trátase dunha divertida función da que poderá gozar toda a familia. Os máis peques descubrirán a música desde o máis básico ata o rock ou a sinfónica...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, ofrece servizo de autobús para desprazarse a San Ciprián (Cervo) este sábado, 10 de agosto, con motivo da celebración da festa da Maruxaina. Os autocares terán saídas desde Ribadeo, Barreiros e Foz.
O primeiro servizo sairá de Ribadeo ás 17:00 horas e o segundo ás 21:00 horas e fará paradas para recoller viaxeiros en Barreiros e Foz. Para regresar tamén haberá dous servizos, un ás 05:00 e o outro ás 07:00 horas. O prezo da viaxe de ida e volta é de 10 euros por persoa.
A reserva de prazas pode facerse na axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, ou a través do teléfono 676.44.54.65.
As festas de San Lourenzo, en Foz, celébranse do 7 ao 11 de agosto e serán pregoadas polo CB Celtas.
As festas de San Lourenzo, en Foz, que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto, empezarán co pregón a cargo do Club Baloncesto Celtas, que será o mércores 7 ás 20:00 horas na Casa da Cultura. A remate terá lugar o chupinazo.
O xoves 8 haberá pasarrúas con A Subela a partir das 13:00 horas e desde as once da noite verbena no Paseo da Rapadoira con a orquestra canaria Furia Joven. Ao día seguinte a Batukada Perkusiona ofrecerá un pasarrúas a partir da unha do mediodía e ás 23:00 horas empezará a verbena na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, amenizada pola orquestra Ciclomanía e o grupo Atenas.
O día de San Lourenzo, sábado 10, comezarán as actividades da xornada cun pasarrúas a cargo de O Feitizo, ás doce do mediodía na igrexa parroquial focense celebrarase a misa solemne, cantada polo Coro Parroquial de Foz...
leer másNeste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural.
Estes roteiros comezarán ás 11.00 horas e terán unha duración aproximada de 3 horas. Serán de balde e as prazas estarán limitadas. Para formalizar a reservas poderán facelo na Oficina de Turismo de Ribadeo ou chamando ao 982 128 689.
Desde a Concellaría de Turismo explican que “se trata dunha serie de Xeorutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos coma o importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense”.
Haberá dúas...
leer másEste domingo, 4 de agosto, celebrarase a Rapa das Bestas en Santo Tomé, en O Valadouro.
Dende primeiras horas da mañá procederase á baixada dos cabalos para o curro e entrarán no recinto sobre as 11:00 horas, tamén baixará o gando vacún. Despois terá lugar a rapa tradicional.
A partir das 12:00 horas e ata as 16:00 horas será o prazo para anotarse ás carreiras, ao tiro á corda e arrolamento de rolos. Haberá sesión vermú co Dúo Estrellas. Ademais desde as 12:00 ata as 15:00 horas poderán degustarse gratuitamente hamburguesas e chourizo de poldro, organizado por PuRaGa e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Pola tarde celebraranse os concursos con premios para as carreiras de galope con cabalos do país e con cabalos cruzados. Os primeiros de cada modalidade recibirán 90 euros...
leer más












