Eventos
A parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebrará as festas do Corpus Christi esta fin de semana, o sábado 28 e o domingo 29 de xuño.
As actividades comezarán o sábado ás 21:00 horas cunha cea popular; e a partir das 23:00 horas haberá festa verbena amenizada pola orquestra Channel e Disco Móvil The Sound Project.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada pola coral Puerto de Figueras, seguida de sesión vermú larga co grupo Lecer.
A parroquia ribadense de Arante celebra as festas na honra a San Pedro esta fin de semana, venres 27 e sábado 28 de xuño.
As actividades comezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, seguida de sesión vermú con Miguel La Clave, que tamén actuará na festa e verbena.
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo promocionará a carne de poldro de Pura Raza Galega na rapa das bestas de Candaoso, en Boimente (Viveiro), que se celebrará o 6 de xullo, domingo, con diversas actividades.
A través do programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto, a área dirixida polo deputado Daniel García ofrecerá durante esa xornada unha degustación gratuíta de hamburguesas de poldro, “poñendo en valor a cría de cabalos en liberdade nos montes de Buio e Lerín como actividade produtiva e provedora de alimentos de calidade”, explica a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Na presentación desta colaboración, o deputado Daniel García destacou “que a rapa de Boimente é un expoñente da importancia que o cabalo ten na configuración da...
leer másO Concello do Porriño acolleu esta mañá un emotivo acto institucional no que se formalizou o irmandamento entre O Porriño e Ribadeo, unidos pola figura de Ramón González (1856–1925), filántropo galego cuxo legado marcou profundamente a vida social, cultural e patrimonial de ambas vilas.
O acto comezou coa recepción das autoridades na Casa Consistorial do Porriño, que sorprenderon na súa chegada caracterizados de indianos, e coa interpretación do Himno Galego. A continuación, tiveron lugar as intervencións institucionais, nas que participaron Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño; Daniel Vega, alcalde de Ribadeo; Vanessa Ucha, concelleira de Turismo do Porriño; e Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura de Ribadeo. Tamén interviron descendentes de Ramón González, que emocionaron aos asistentes lembrando a traxectoria humana e solidaria do...
leer másO Concello de Foz continúa coa súa extensa programación cultural esta fin de semana, na que haberá música e teatro. Comeza este venres coa actuación do Combo de Jazz da Escola de Música Arcadio Mon, ás 19.00 horas nos xardíns do Paseo da Ribeira.
Ademais a concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “chegou o momento de que se coñezan os gañadores do IV Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo - O Poto e animamos a que o público nos acompañe tamén xa que teremos a actuación de Isabel Risco. Será o sabado 28 ás 18.30 horas na Casa da Cultura. O sábado tamén se conmemora o Día do Orgullo, polo que todos os actos estarán impregnados da mensaxe clara do Concello de Foz de sentirse orgulloso de que o amor sexa libre coma as persoas e que ninguén sexa discriminado por ser o que decida. No ano no que se celebra o...
leer másA parroquia de Mor, no concello de Alfoz, celebrará as festas do seu patrón, San Pedro, os días 28 e 29 de xuño, sábado e domingo.
Están organizadas pola Asociación Veciñal de Mor, que anuncia: “como novidade o sábado teremos cea con paella xigante e carpa”. Será ás 21:30 horas e para participar hai que reservar antes deste xoves, 26 de xuño. Despois haberá verbena amenizada por Tania Veiras y los Cumbia Pop.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois sesión vermú co dúo Caché.
A parroquia mindoniense de Argomoso celebrará as festas do seu patrón, San Pedro, esta fin de semana, o sábado 28 e o domingo 29 de xuño.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Tamén haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Tokio e o dúo Stylo.
E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas; e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Lume.
Cangas de Foz celebrará as festas na honra á Virxe do Carme e a San Pedro os días 27, 28 e 29 de xuño.
As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas, cando haberá sardiñada, que será gratis para a veciñanza de Cangas e as demais persoas terán que pagar 10 euros. Desde as 23:00 horas terá lugar o Riosmar Fest, con entrada gratuíta, no que actuará a orquestra Kubo, co seu macro escenario, e os DJs Alejandro Martínez e Manu Méndez.
O sábado ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra á Virxe do Carme e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Miramar.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra a San Pedro, cantada polo coro Os Castros; e despois procesión coa Banda de Foz e sesión vermú co dúo...
leer másViveiro celebrará as festas na honra a San Pedro os días 27 e 28 de xuño, venres e sábado desta semana.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e despois haberá verbena co grupo Fénix e o dúo Dilema.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú co grupo M3 e o dúo D'Caché Music. Ademais terá lugar un xantar popular e haberá lanchiñas e inchables gratis. Despois da comida o baile estará amenizado polo dúo D'Caché Music. E pola noite na verbena actuarán os grupos M3 Show e Arizona.
Saldoira, no concello da Pontenova, celebra as festas na honra a San Pedro da Ribeira esta fin de semana, venres 27 e sábado 28 de xuño.
As actividades comezarán o venres ás 22:00 horas cunha churrascada, na que para participar hai que reservar e o prazo remata este mércores, 25 de xuño. A continuación haberá festa e verbena co grupo Montreal.
E o sábado celebrarase misa solemne ás 14:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Colimbo. Haberá merendas no campo da festa, que estará acondicionado con merendeiros. E pola noite a festa e verbena estará amenizada polo grupo La Rosa e o dúo Colimbo.