Eventos

09/07/2025

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a gozar das festas na honra á Virxe do Carme que se celebrarán en San Ciprián entre os días 12 e 16 de xullo, cun programa de actividades culturais, relixiosas e musicais pensadas para todos os públicos.

O sábado 12 de xullo dará comezo a programación cunha mexillonada popular na Praza dos Campos, organizada pola Asociación Amigos da Maruxaina, a partir das 20:00 horas. O luns 14 a praza do Lugar acollerá a representación teatral A Tarabela Ambulante.

O martes 15 de xullo, día grande das festas, terá lugar unha sesión vermú coa orquestra Salsarena e pola noite celebrarase a tradicional misa solemne na Igrexa Parroquial de Lieiro, ás 21:00 horas, cantada pola Coral Terramar. A continuación terá lugar a baixada da Virxe do Carme en procesión ata o peirao,...

leer más
Etiquetas:
09/07/2025

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) destaca o esforzo económico que realiza no marco da coorganizacion do Ribadeo Indiano, investindo máis de 45.000 euros neste décimo aniversario que esta a piques de comezar. A vila vístese estes días de branca para gozar dunha cita, que se desenvolverá do 11 ao 13 de xullo.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “as rúas, prazas, rotondas xa están decoradas, aparcamentos a punto, escenarios a piques de estar listos,...O X Ribadeo Indiano xa esta aquí. Este ano 2025. con motivo da celebración do décimo aniversario e grazas as axudas obtidas, Acisa Ribadeo fai un esforzo sen precedentes e inviste unha cantidade récord, duplicando o presuposto dedicado ao Ribadeo Indiano, máis do dobre doutras edicións e sendo a actividade á que mais recursos destinamos, con...

leer más
09/07/2025

A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebra as festas na honra á Virxe do Carme desde o venres 11 ata o domingo 13 de xullo

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas  con churrascada e chourizada amenizada pola orquestra Los Satélites e Disco Móvil Conxuro.

O sábado ás 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena co grupo Claxxon.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne; e despois, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén amenizará a sesión de tarde, a partir 19:00 horas. Haberá ademais inchables gratis para os nenos e nenas

A organización destaca que o recinto da festa estará cuberto con carpa e disporá de amplos aparcamentos.

Etiquetas:
08/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza, a Andaina Contra o Cancro este domingo, día 13 de xullo, na vila focega. A saída será as 10:00 horas desde diante da Casa do Concello.

“El próximo, domingo 13 de julio, tendremos un año más la Andaina Contra o Cancro; al terminar la ruta en el puerto habrá una mesa de la AECC para recaudar fondos. Participa, colabora se solidario”, anuncia Os Sendeiros.

O prazo para inscribirse está aberto ata este venres, 11 de xullo.

08/07/2025

Este luns tivo lugar a presentación do cartel da décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove, que este ano se vai levar a cabo o sábado 19 de xullo na praza do Centro Cívico. No acto estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da primeira tenente de alcalde, María Dolores Meitín.

Ás 12 doce do mediodía dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio  Otero (presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores) e a xornada gastronómica estará amenizada por Os Charangos de Neda e polos cantos de taberna do grupo Espera que vou mexar.

07/07/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta Camiño dos Faros, pola Costa da Morte, para este sábado, día 12 de xullo. A distancia a percorrer son 12 quilómetros, desde Merendeiro de Soesto por Camelle ata Araou, e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante en Vimianzo.

A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas deste mércores, 9 de xullo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.

06/07/2025

A asociación Equus Norte prepara a segunda edición da Rapa das Bestas de Neipín (A Pontenova) que se celebrará o vindeiro 19 de xullo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pontenova.

A área de Rural da Deputación, que impulsou a posta en marcha da rapa o ano pasado co financiamento da instalación do curro no Alto de Neipín, mantén o apoio económico á organización desta celebración arredor do mundo do cabalo. Ademais de contribuír aos gastos derivados da propia xornada, a área dirixida por Daniel García impulsou este ano novas melloras co financiamento dun peche móbil para reter os animais nun lugar antes do inicio da actividade no curro e dun fito informativo, instalado xa a carón do propio curro. Alí presentouse o cartaz desta segunda edición da rapa que comeza na véspera , o 18 de xullo, con...

leer más
Etiquetas:
05/07/2025

O Concello de Foz presentou a programación das festas do Carme, que se celebrarán na vila focega do 11 ao 17 de xullo.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “achéganse as datas máis emotivas no calendario do verán de Foz, as festas do Carme. A devoción á Virxe do Carme é un sentimento máis que palpable no pobo de Foz, que vivirá nos vindeiros días un non parar de actividades. A foto do cartaz da festa deste ano pertence ao arquivo do Concello e é do fondo de Antonio Ares”.

O venres 11 de xullo ás 21.00 horas na Praza do Concello segue o programa Sons na Rúa coa actuación da Coral Polifónica de Foz. O sábado 12 a partir das 19.00 horas no Paseo da Ribeira a Peña Ñasss e As Farangullas organizan a tradicional sardiñada. O domingo 13 é a quenda do festival Coa Nosa Fala, que emprazado no Campo da...

leer más
Etiquetas:
04/07/2025

Carlos Núñez, o Mago Antón ou Pepo Suevos son algunhas das actuacións das que gozará Ribadeo no terceiro trimestre deste 2025. A axenda cultural inclúe ademais exposicións e actividades para o público infantil. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “esta terceira axenda cultural do 2025 comeza coas vésperas do Ribadeo Indiano: o venres presentación do libro El Rey de los Jíbaros, o sábado concerto da Filarmónica de Lugo no auditorio e o domingo virán os Bolechas para estar cos máis pequenos e presentar o seu libro Ribadeo Indiano. Pero ademais teremos o XIII Curso de Jazz e Música Moderna, que rematará cun concerto na praza de Pancho Maseda o domingo ás 19:30 horas. Este mesmo día As Vacas Fracas terán no Cantón, desde as 11:30, o seu Mercado Xeitosiño, e convídannos a rematar no auditorio con teatro: La recepción”.

... leer más
04/07/2025

O 6 de xullo segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo a cantante asturiana Sara Cangas actuará na rúa Amando Pérez a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Estamos xa metidos de cheo no verán con infinidade de actividades na rúa, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”.

O Domingueo en Ribadeo, que arrincou o pasado mes de abril, tomará agora un descanso ata despois do período estival.