Eventos
O cartel das festas de San Roque, en Viveiro, foi presentado este luns e inclúe actividades do 14 ao 17 de agosto. Entre elas está un concerto do popular dúo formado polas irmáns Encarna e Toñi Salazar, actuación programada para o venres 15 de agosto.
A comisión Viveiro en Festas anuncia: “teremos o pracer de contar con De Ninghures, Azúcar Moreno e Dasoul na Praza Maior os días 14, 15 e 16 de agosto. Ademais nos Xardíns Noriega Varela contaremos co Dúo Vivarium, Suavecito, Súper Top e Escaparate. E, para rematar, a Sardiñada Popular nas Nogueiras”.
A parroquia de San Martiño, no concello de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 18 de xullo, ata o domingo 20.
As actividades comezarán o venres as 20:30 horas cunha actuación de Batucada Kombarullo; ás 21:00 horas haberá pancetada e ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o grupo Fénix e a orquestra New York.
O sábado celebrarase misa ás 13:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, co grupo JB SON, que tamén amenizará a verbena xunto ao Grupo Beatriz.
E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Toxo Guayaba.
Alfoz retrocede no tempo para celebrar o XXV Mercado Medieval, que terá lugar os días 18 e 19 de xullo ao redor do Castelo de Castrodouro.
O venres 18 ás 21:00 horas chegará o Mariscal e descubrirá a Lousa da Lembranza para conmemorar as 25 edicións deste mercado.
O sábado 19 ás 11:00 horas comezará a visita guiada Dende a ponte ao Castrodouro da man da guía Ana Pena.
Durante a fin de semana haberá obradoiros, xogos tradicionais, exhibicións de cetrería, ceas medievais e espectáculos teatrais e musicais para todas as idades.
"Artesanía, tradición, historia e moita festa nun ambiente que nos transporta ao século XV", anuncia o Concello de Alfoz.
A Xunta de Galicia renova un ano máis a súa colaboración coa Feira do Bonito de Burela, que celebra a súa 39ª edición os días 2 e 3 de agosto. A cita, organizada pola Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, está declarada de Interese Turístico Nacional.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou no acto no que se deu a coñecer o programa, que incluirá un concerto do cantante e compositor asturiano Enol, patrocinado en exclusiva polo Goberno galego. A actuación será o sábado 2 ás 23,00 horas na explanada portuaria. O artista recalará en Burela no marco da xira de presentación do seu novo traballo, Una casa con jardín, coa que está a percorrer escenarios de toda España.
A programación deste ano inclúe o V Tapeo Bonito polos establecementos de hostalería participantes, do 17 ao 19 de...
leer másLa parroquia de Sante, en el municipio de Trabada, celebra la Fiesta de la Espuma este domingo, día 13 de julio, a partir de las 17:00 horas.
Está organizada por la Asociación de Vecinos San Julián de Sante, que anuncia que se trata de un evento para todos los públicos y además explica: “debes tener entrada (precio 5 euros) para acceder al recinto; disponemos de vestuarios para que puedas cambiarte de ropa; todo menor de 8 años debe ir acompañado de un adulto; acuérdate de traer ropa para cambiarte tras la actividad”.
A organización destaca que “habrá hinchables, cañón de espuma y más sorpresas, además de servicio de bar y chocolatada popular”.
A parroquia de Mor, en Alfoz, celebra as festas do Carme os días 13 e 16 de xullo, domingo e mércores.
A asociación veciña de Mor anuncia: “o próximo domingo, 13 de xullo, tedes unha cita no atrio de Mor: misa ás 13 horas; sesión vermú amenizada polo grupo Lume; en sesión de tarde baile amenizado polo Grupo Lume. Tamén contaremos con actividades gratuítas para os máis pequenos da casa”.
E o día do Carme, 16 de xullo, haberá misa ás 10 horas e ás 13:00, procesión e de seguido sesión vermú a cargo da banda de gaitas da Agrupación Cultural e Musical Dambara.
A parroquia de Muxueira, no concello de Riotorto, celebrará as festas do Carme os días 11 e 12 de xullo, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas cunha churrascada popular na que actuará o grupo D’Cano e DJ Bombardero.
E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa, seguida de sesión vermú a cargo do dúo Belinda.
Os colectivos do Entroido focego Peña Ñasss e Farangullas organizan unha sardiñada en Foz este sábado, día 12 de xullo. Será no Paseo da Ribeira, ao lado de Portochico, desde as 19:00 horas.
Haberá sardiñas, cachelos e bolos preñados. E o bar estará a cargo da comparsa As Farangullas.
Piñeiro, na parroquia ribadense de Cedofeita, celebrará a festa na honra á Virxe do Carme este sábado, día 12 de xullo.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión co Gaiteiro das Catedrais e sesión vermú co grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo La Hora Bruja.
O Concello de Xove organiza unha festa acuática na praia de Lago este domingo, día 13 de xullo, a partir das 16:00 horas.
Foi presentada pola tenente de alcalde; Dolores Meitín; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e a edil de Turismo, Cecilia Duarte.
“Ven desfrutar dunha tarde de inchables na auga”, anuncia o Concello de Xove.