Eventos

21/07/2025

A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros, celebrará as festas na honra a Santa Cristina os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.

As actividades comezarán o xoves ás 13:00 horas cunha misa cantada pola Coral Polifónica de Burela e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto a Los Waikas.

E o venres celebrarase misa ás 13:00 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén actuará na verbena.

Etiquetas:
21/07/2025

Celeiro, no concello de Viveiro, celebra as Festas Patronais e do Mar do 24 ao 27 de xullo, organizadas pola asociación Xuventudes Chilindrinas.

As actividades comezarán este xoves, día 24 de xullo, ás 20:00 horas coa Festa da Empanada, que estará amenizada polo cantante Joni Ramos. Desde as 22:00 horas haberá verbena co Grupo Beatriz e Alejandro Martínez.

O venres 25, día de Santiago Apóstolo, ás 11:30 horas farase o chupinazo e ás 12:00 horas celebrarase misa na honra a Santiago cantada pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro. Despois terá lugar a procesión coa música da Banda Naval e ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Eureka. Ás 18:00 horas disputarase un partido de solteiros contra casados na praia de Celeiro. E ás 22:30 horas empezará a verbena a cargo do grupo Eureka, a orquestra Gran Parada e...

leer más
Etiquetas:
21/07/2025

A parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz, celebrará a feira e festas na honra a Santiago Apóstol e Santa Ana os días 24, 25 e 26 de xullo de 2025.

As actividades comezarán este xoves, día 24, ás 21:00 horas con sardiñada, torrezmada e chourizada (con servizo de mesas e bancos). A continuación haberá festa verbena co dúo Belinda e DJ Pataquiña.

O venres ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois sesión vermú amenizada pola orquestra Magos de España, que tamén actuará na verbena.

E o sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación sesión vermú amenizada por unha banda de música e o dúo Crazy.

O recinto da festa estará cuberto con carpa, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación veciñal San Vicente de Lagoa.

Etiquetas:
20/07/2025

Foz acollerá o día 24 de xullo, xoves, unha xornada gastronómica dedicada ao ovo organizada pola Festa Normanda. Será a partir das 20:00 horas na Praza Conde de Fontao e na explanada do porto focego.

Haberá ovos fritos, chourizo, patacas, pan e viño ou auga, todo por 10 euros. E tamén ración de empanada de bonito por 4 euros.

As 21:00 horas actuará a agrupación O Feitizo, de Foz, e desde as doce da noite haberá musica a cargo do DJ da Casa.

18/07/2025

O Concello de Burela organiza unha nova edición da romaría Monte Castelo, que se celebrará do 25 ao 27 de xullo na área recreativa do mesmo nome.

A programación arranca o venres 25, coincidindo co do Día de Galicia, para celebrar a 3ª Pancetada Popular, organizada polo Concello de Burela, o Club Baloncesto Burela e a SD Burela, en colaboración coa romaría Monte Castelo. A cita gastronómica comezará ás 20:30 horas, con racións de panceta, chourizo, peixe, pan e bebida a un prezo de 10 euros. A venda anticipada está xa dispoñible na Cafetería Vista Alegre e en Beep Informática.

Ás 22:30 horas, o grupo De Ninghures ofrecerá o concerto principal da noite, seguido do Dúo Venus e DJ Balbi, como peche de xornada.

O sábado 26 a programación inclúe sesión vermú co grupo Casablanca, xogos infantís...

leer más
Etiquetas:
18/07/2025

A parroquia de Couboeira, no concello de Mondoñedo, celebra as súas festas patronais, na honra a Santa María Magdalena e San Antonio este domingo, día 20 xullo.

Ás 13:30 horas celebrarase misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Alianza, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:30 horas. Tamén haberá foguetes de artificio.

Etiquetas:
18/07/2025

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova organiza unha paella popular para o día 24 de xullo, xoves. Será na Praza dos Fornos ás 22:00 horas.

“Os/as interesados/-as teñen de prazo ata o luns día 21 de xullo para retirar os tíckets, que están á venda en: Sidrería A Mina, Bar Puente, O Lar de Balbina e San Briz. O prezo para socios/-as é de 5 euros (os menores de 12 anos non pagan, pero igualmente deberán recoller o seu tícket). E o prezo para non socios é de 15 euros”, anuncia o CIT da Pontenova.

18/07/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebrará o Día do Socio cunha ruta e comida o día 2 de agosto, sábado.

A ruta será desde Campo do Oso ata a Capela de San Xosé, en Oural. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa.

A saída será ás 09:00 horas desde o recinto feiral de Vilanova de Lourenzá, onde tamén se celebrará a comida, a partir das 14:00 horas.

As inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 30 de xullo. O prezo é de 10 euros para os socios do colectivo organizador e de 20 euros para os que non o son.

Etiquetas:
18/07/2025

A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santiago Apostol os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.

As actividades comezarán o xoves ás 21:00 horas cunha churrascada e de seguido haberá verbena co dúo Dilema e Jorge Menéndez.

O venres 25 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión;  a continuación haberá sesión vermú prolongada co grupo Superstar e xantar popular (para participar hai que reservar e o prazo remata o 20 de xullo).

Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños Vilar Ponte, de Bravos.

Etiquetas:
18/07/2025

Cesuras, en Mondoñedo, celebra as festas na honra a Santa Margarita esta fin de semana, o sábado 19 e o domingo 20 de xullo

O sábado haberá misa ás 13:00 horas e despois sesión vermú co dúo Maracuyá, que tamén actuará na verbena xunto ao DJ Peabody.

E o domingo celebrarase misa ás 13:15 horas e a continuación sesión vermú co dúo Son de Festa.