Eventos

Etiquetas:
01/07/2025

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; e a concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Cecilia Duarte, presentaron o novo programa de rutas guiadas da empresa Rutas Galicia Norte, unha iniciativa turística e educativa que invita a veciños e visitantes a coñecer a riqueza natural, cultural e histórica do municipio. Serán os seguintes días: venres 18 de xullo, Ruta dos Muíños da Rigueira, xoves 24 de xullo, Acantilados de papel; xoves 7 de agosto, San Tirso de Portocelo; e xoves 21, Esteiro de Xove.

O proxecto impulsado pola área de Turismo e Medio Ambiente, inclúe unha serie de percorridos a pé por paraxes naturais, sendeiros tradicionais e puntos de interese turístico. Estas rutas estarán acompañadas por un guía especializado, Boris Vilar Vidal, que ofrecerá explicación sobre a flora, fauna, xeoloxía e patrimonio local, promovendo o respecto...

leer más
Etiquetas:
01/07/2025

Acisa Ribadeo repartirá vasos de plástico ríxido reutilizable como recordo conmemorativo do X Ribadeo Indiano. Trátase de 15.000 recipientes serigrafiados. Na presentación participaron a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Acisa.

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 11 ao 13 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha...

leer más
01/07/2025

O Concello de Burela presenta a programación das actividades de verán 2025, dirixida a mozos e mozas nados entre os anos 2007 e 2013. E explica que “esta iniciativa busca ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante os meses estivais, ao tempo que se fomenta a participación xuvenil no municipio e o achegamento da rapazada á Casa da Xuventude”.

As actividades desenvolveranse do 16 de xullo ao 29 de agosto, con propostas fixas cada día da semana. Os luns están dedicados ao tenis de mesa; os martes xogaranse partidas de cartas e os mércores serán días de xogo activo co brilé, unha actividade física que combina estratexia e movemento.

Os xoves estarán reservados para as reunións do Grupo de Participación, mentres que os venres serán días libres para os participantes, aínda que a Casa da Xuventude poderá...

leer más
01/07/2025

Desembarco, exposicións, proxeccións, charlas, concertos ou xincana son algunhas das actividades para todos os públicos das que poderán gozar todos os que se acheguen ao Ribadeo Indiano do 11 ao 13 de xullo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “o evento histórico cultural Ribadeo Indiano chega con moitas actividades. Despois de gozar das antevésperas e das vésperas temos diante un completo programa de tres días para a décima edición”. A edil subliñou que “o protagonista é Ramón González, no centenario do seu pasamento, e del falará no pregón Martín Vizoso Fernández o venres ás 19:00 horas. Aumentaremos coñecementos na presentación do libro de Celia Castro Ramón González e Corona González: un matrimonio de filántropos, o sábado ás 11:30 horas no Teatro. O domingo neste mesmo lugar e de novo ás 11:30 podemos ver...

leer más
Etiquetas:
01/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará este sábado, día 5 de xullo unha ruta por igrexas do municipio focego. A saída será ás 09:00 horas desde diante da Casa do Concello.

O prazo para anotarse remata este venres, 4 de xullo, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Etiquetas:
30/06/2025

A comisión Viveiro en festas organiza un Vermuteo (vermú máis tardeo) no hórreo de Xunqueira o día 12 de xullo, sábado, desde ás 13:00 horas ata o solpor.

“Organizamos o sábado 12 de xullo un Vermuteo (vermú + tardeo) para recadar fondos de cara ás festas de San Roque. A partir das 13:00 horas haberá sesión vermú, churrascada popular ao mediodía e música ata o solpor, con sorteos, sorpresas e moi bo ambiente”, anuncia Viveiro en festas, que engade: “moitas grazas á Escola de Rugby Astérix, de Viveiro, por cedernos o espazo para facer posible este evento”.

Etiquetas:
30/06/2025

O Concello de Barreiros organiza unha excursión ao parque de camas elásticas DiverJump, de Lugo, dirixida a todas as crianzas que participaron nas escolas deportivas municipais durante o curso 2024-2025. A excursión terá lugar o martes 8 de xullo e “está pensada como unha xornada lúdica e de convivencia para que a cativada desfrute dunha experiencia diferente, con xogos, actividade física e moita diversión. A viaxe contará coa presenza de persoal municipal, que acompañará aos grupos durante todas as actividades”.

As familias que desexen inscribir ás súas crianzas deberán entregar a solicitude na oficina de deportes (ximnasio municipal) en horario de 10:00 a 15:00 horas ou enviala ao correo deportes@concellodebarreiros.gal. O prazo remata o venres 4 de xullo ás 14:00 horas.

... leer más
Etiquetas:
30/06/2025

A asociación cultural Virxe do Pilar, da Espiñeira (Foz), organiza a terceira edición da súa Torresmada Popular este sábado, 5 de xullo.

O evento comezará ás 20:30 horas no Campo da Feira da Espiñeira, onde haberá degustación de torresmos de porco celta, panceta, chourizos, patacas fritidas, pan, viño ou auga. O prezo en venda anticipada (ata o 2 de xullo as 00:00 horas) é de 10 euros e despois dese día custará 12 euros.

A festa estará amenizada por AFC A Subela, de Roz, a Charanga Os Sureños e Eventec Disco Móvil.

Etiquetas:
30/06/2025

A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebrará as festas na honra a Santa Isabel esta semana, desde o venres 4 ata o domingo 6 de xullo.

As actividades comezarán o venres cunha verbena amenizada polo dúo Belinda e o grupo Fénix.

O sábado ás 13:30 horas haberá misa e procesión; despois sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto a Disco Móbil The Sound Proyect.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa e procesión. A continuación empezará unha sesión vermú larga a cargo do dúo Belinda e  Disco Móbil The Sound Proyect.

Etiquetas:
29/06/2025

O Concello ribadense ofrécese a podar gratuitamente as palmeiras privadas para decorar a vila coas súas follas no X Ribadeo Indiano.

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Marta Saiz, explica: “estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano e desde a organización, coma todos os anos, precisamos follas de palmeiras para decorar a nosa vila. A todas aquelas persoas que teñan nas súas fincas privadas palmeiras que precisen podar pedímoslles que se poñan en contacto co número de teléfono das oficinas municipais (982.120.701) desde o luns 30 de xuño ata o mércores 2 de xullo, e desde o Concello persoal municipal pasará a realizar esas tarefas de poda ao longo dos vindeiros días”.

A edil ribadense engadiu: “queremos agradecer, de antemán, a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo con este evento, do...

leer más