Eventos
Os días 27 e 28 de abril e o 4 de maio seguirá o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. A Cova do Rei Cintolo, Xove e A Frouxeira serán as localizacións das vindeiras actividades xeoturísticas.
O 27 de abril ás catro da tarde dará comezo a visita á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Trátase da cova máis grande de Galicia e unha marabilla natural, que foi obxecto de numerosos estudos arqueolóxicos. Son 7.000 metros de galerías dunha cova que acada un desnivel máximo duns 75 metros, con lagoas interiores e un río soterrado, o Celtas. As persoas que participen nesta xeovisita poderán ver diversas especies de morcegos e invertebrados acuáticos así coma o diminuto Iberobathynella ortizi. A Cova do Rei Cintolo tamén está envolta en lendas, que sorprenderán ao viaxeiro.
... leer másO 18 de maio terá lugar a sétima edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo. No acto de presentación do evento participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz.
A edil ribadense indicou que “seguramente moitos de vos recordaredes eses xuntanzas festivas dos anos 50 ou 60 nas que unha tasca, unha xarra de viños e un grupo de amigos eran máis que suficiente para poñer en marcha un improvisado concerto de cantigas populares. Probablemente moitas das pezas populares que hoxe se conservan xurdiron desa espontaneidade de antaño”.
Marta Saiz subliñou que “hoxe esta actividade converteuse nunha cita ineludible para os amantes da música e atrae a numerosos grupos de distintos puntos de Galicia e Asturias, creando un ambiente festivo nos diferentes locais de hostalería....
leer másEste sábado, 20 de abril, haberá un novo guateque de Arruguiñas, que será amenizado polo dúo Eclipse. Será na Escola de Rúa ás 21:00 horas.
Está organizado polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.
As festas e feiras de As Quendas, en Mondoñedo, celebraranse os días 30 de abril e 1 de maio, martes e mércores. Contarán coas actuacións musicais das orquestras Gran Parada, Grupo Beatriz e Principal, ademais do cantautor Emilio Rúa.
As actividades empezarán o martes 30 de abril ás 21:00 horas no auditorio Pascual Veiga co pregón a cargo de Suso Robles, mindoniense que foi traballador da Imprenta Sucesores de Mancebo. E a partir das 22:00 horas terá lugar a verbena, amenizada polas orquestras Gran Parada e Grupo Beatriz.
E o mércores 1 de maio haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Principal. Tamén está programado un concerto acústico do cantautor Emilio Rúa, que será no auditorio municipal Pascual Veiga ás 20:00 horas con entrada de balde.
Ademais haberá festa de gando, a XL Festa...
leer másEste venres, 12 de abril, o Concello de Foz organiza cantos de taberna en colaboración cos locais de hostalería.
A ruta deste venres será pola zona da Rapadoira, en concreto nos bares O Tangarte, A Estrella, 78 e Marexada. Darán comezo ás 20.30 horas e os grupos participantes son Mar Aberto, de Foz, e Arume, de Burela.
“Agradecemos a colaboración de grupos e locais hostaleiros xa que estas actividades crean un moi bo ambiente no pobo”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima a “dar un paseo por Foz e desfrutar da cultura gastronómica e musical local”.
A axenda foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil lembrou que “xa comezamos a axenda cultural do 2º trimestre disfrutando esta primeira fin de semana de abril da música e dos monólogos. E seguiremos disfrutando das audicións da EMMeD. Ao longo das diferentes semanas o alumnado e o público xeral pode asistir a interpretacións variadas, de corda, vento metal, acordeón, música tradicional, danza , piano, canto e guitarra…para rematar no mes de San Xoán co festival de fin de curso”.
Begoña Sanjurjo contou que “á música tradicional e á que dedica a Asociación Amigos da Gaita o seu festival infantil para as diferentes exhibicións do seu alumnado. Contaremos tamén en maio cun musical que percorre os éxitos dos 80 e 90, e con Coco para os pícaros e pícaras. A parte audiovisual é especialmente...
leer másO Concello de Foz alcanza os 400 usuarios na súa canle de información de Whatsapp. En pouco máis de 120 días consolidouse como unha áxil canle de difusión do Concello mantendo á veciñanza ao día das novidades municipais.
A aplicación de mensaxería instantánea converteuse nunha das principais vías de comunicación do Concello de Foz cos seus veciños e veciñas. E é que os usuarios poden consultar as noticias municipais de maneira inmediata desde os seus teléfonos móbiles para estar informados do día a día municipal de primeira man.
O concelleiro de Relacións Institucionais e Comunicación, Carlos García, valora moi positivamente o crecemento e aumento de usuarios inscritos nesta rede que conta cun fluxo de información inmediata, nítida e puntual do concello. Para o concelleiro “a comunicación clara permite axudar a...
leer másO colectivo Memoria da Mariña organiza un Paseo polo Mondoñedo republicano este domingo, 14 de abril
O colectivo Memoria da Mariña organiza unha actividade denominada “Paseo polo Mondoñedo republicano” este domingo, 14 de abril.
As actividades comezarán ás 12:00 horas, coa saída desde a praza de San Xoán, xunto á escultura Leiras Pulpeiro. Os asistentes poden participar de palabra ou lendo algún texto (propio ou alleo). E ás 14:30 horas empezará o xantar de confraternidade, que se celebrará na Casa da Penela, en Vilamor.
As persoas interesadas poden obter máis información e reservar para participar nos teléfonos 683.148.757 ou 608.987.474.
Ás 12:30 horas haberá unha recepción na Casa da Cultura, e as persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairá ás 13:30 horas.
A partir das 14:00 horas haberá comida e baile no pavillón dos Institutos.
Poden participar no Día da 3ª Xuventude as persoas empadroadas en Burela con máis de 65 anos ou con 60 anos cumpridos sempre e cando sexan pensionistas da Seguridade Social. Poderán vir acompañadas pola súa parella.
A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello de Burela, e o prazo para anotarse estará aberto dende mañá, 11 de abril, ata o 24 de abril.
Para o domingo 28 de abril a asociación de veciños e veciñas de San Pedro de Mor (Alfoz) organiza unha excursión a Meira, Castro de Rei e Friol.
A organización explica que esta actividade “está aberta a todo o mundo. Sairase dende Alfoz en autobús, facendo a primeira parada na popular feira de Meira. A continuación visitarase o Museo e Castro de Viladonga, en Castro de Rei, catalogado como Ben de Interese Cultural. A comida será no restaurante Río Lea, en Castro Ribeiras de Lea. Xa pola tarde haberá unha visita guiada á Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol”.
Dende a asociación animan a anotarse “para gozar dunha agradable xornada visitando algún dos lugares máis salientables da nosa provincia”.
O prezo da excursión é 25 euros para os socios, 35 euros para os non socios e 15 euros para os nen@s...
leer más