Eventos
A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza unha festa para celebrar o seu décimo aniversario e pechar a tempada de actividades da tempada 2023-24. Será o día 20 de abril, sábado, no seu local social a partir dar 13:00 horas.
Haberá sesión vermú, amenizada por Sandra, e despois comida, sorpresas e sorteos.
A inscrición para participar pode facerse a través do WhatsApp +34722105850 ata o 16 de abril.
Mondoñedo celebrará a Festa da Árbore este sábado, 13 de abril. Esta actividade, que se vén realizando na cidade mindoniense desde o ano 1569, está organizada nesta ocasión pola asociación cultural O Pasatempo e será no xardín da escola infantil A Galiña Azul.
As actividades comezarán ás 12:00 horas con xogos cooperativos e talleres infantís. Ás 13:15 horas farase unha plantación de árbores e haberá un recital de poemas con acompañamento musical. A continuación entregarán os premios do XII Concurso da Árbore. Os debuxos participantes neste certame estarán expostos durante a festa.
O Concello de Trabada organiza un ano máis o seu Encontro dos nosos maiores, unha cita festiva e de lecer ao que están convidados tódolos veciños e veciñas maiores de 65 anos e o seu respectivo cónxuxe ou familiar.
“Despois dunha vida intensa de traballo, as persoas maiores merecen o noso recoñecemento e por iso o concello organiza esta xornada tan especial, unha homenaxe e un día de fraternidade e reencontros, no que xuntamos a diferentes xeracións e a veciños e veciñas de todas as parroquias”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.
O xantar dará comezo ás 14:00 horas no pavillón municipal de Trabada, con entrega de agasallos e baile posterior.
As persoas interesadas deben inscribirse á maior brevidade posible e, en todo caso, antes do día 24 de abril (mércores) de forma presencial...
leer másLa guía mariñá Ana continúa organizando diversas actividades para poner en valor nuestro patrimonio.
En este caso organiza varias visitas guiadas al monumento natural playa de As Catedrais, en Ribadeo, uno de los recursos más atractivos de la comarca. "Conoceremos como se ha formado la playa, por qué es el conjunto de arcos rocosos más importante de la península ibérica y otras curiosidades", explican desde Guía Tu Día.
Estas rutas están adaptadas al horario de bajamar, momento perfecto para visitarla. Tendrán lugar durante el mes de abril: miércoles 10 a las 11:00 horas, jueves 11 a las 12:00 horas, miércoles 24 a las 10:30 horas y jueves 25 a las 11:00 horas (para otras fechas consultar).
"Aquellas personas que tengan mascota pueden traerla, ya que de momento sí está permitido el...
leer másLa presidente da Acisa, Carmen Cruzado, señala que “la venta de entradas para la celebración del 35 aniversario de Acisa marcha a buen ritmo. Las tarjetas puedan adquirirse en nuestra oficina hasta el día 25, pero animamos a todas aquellas personas que deseen asistir, sean socias o no de Acisa, a que las vayan retirando a lo largo de los próximos días. El precio es de 35 euros”.
Cruzado Iglesias destaca que “será una jornada de celebración, para compartir experiencias y momentos entre el sector empresarial ribadense. La última Gala de Acisa se celebró en 2020, justo unos días antes del confinamiento. Por eso pensamos en la directiva que ya tocaba reunirse y qué mejor que hacerlo para celebrar el 35 aniversario de la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos”.
El gerente de Acisa, Jesús...
leer másO Concello de Cervo retoma este ano o tradicional Encontro de Palilleiras, que xa vai pola XVII edición e que se celebrará o próximo 25 de maio, na carpa instalada na Praza dos Campos, tal e como informou a edil de Servizos Sociais e Educación, Pilar Armada.
As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57). A actividade complementarase cunha feira de artesanía e coa instalación de postos de venta de produtos relacionados coa actividade.
A primeira ruta a cabalo organizada pola asociación Cabaleiros do Ouro desenvolverase polos municipios de Alfoz e O Valadouro o día 20 de abril, sábado, desde ás 10:30 horas.
Haberá pinchos na metade da ruta e xantar ao rematar o percorrido. Tamén farán sorteos e reparto de agasallos. A música correrá a cargo do DJ Pedro Brmudz.
O prazo para inscribirse está aberto ata o 17 de abril.
Alfoz celebrará a primeira edición do Día da Veciñanza o 12 de maio, domingo. Está organizado por asociacións parroquiais do municipio e pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.
Será no pavillón polideportivo e as actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú, haberá comida a partir das 14:00 horas e despois baile e sorteos. A música correrá a cargo do dúo Explosión.
Para asistir a este evento hai que mercar os tickets, que estarán á venda ata o 6 de maio.
Os organizadores anuncian que será “un día para compartir un bo momento con amigos e veciños”.
Trabada celebrará a Festa da Primavera o domingo 21 de abril cunha comida baile organizada pola asociación cultural O Picato.
Será no pavillón municipal de Trabada a partir das 13:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. Haberá sorteos despois da comida.
Os tickets para asistir están á venda no Mesón Camiño Norte ata o 19 de abril.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, renovou a totalidade dos cargos da directiva, que agora está formada por: presidente, José María Fernández Vázquez; vicepresidenta: Nuria Fernández García; secretaria, Mercedes García Pérez; tesoreira, Xenia Uz Quirós; e os vogais son Julio González Romeu, María Concepción García Fernández, Servanda Yanes Cancio, Anastasia Quintana Fernández, Ana Varela Teijo e Thor Alberich Gómez.
...
leer másO Concello de Cervo será o escenario da I Ruta Cabalar o próximo domingo 14 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora, na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira.
A saída está prevista para as 10:00 horas do pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta, sesión vermú e baile no polideportivo da mar de Dismo Móbil Conxuro, e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito. O prezo será de 26 euros para os adultos e de 13 euros para os nenos, e poden asistir tanto os participantes da ruta como o resto de persoas que o...
leer más