Eventos

Etiquetas:
07/05/2024

O Concello de Foz presenta a súa programación cultural para os meses de primavera, que inclúe actividades musicais e teatrais.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “despois dun abril cargado de libros e letras, maio comeza con música cos combos da Escola de Música Arcadio Mon, que serán todos os venres deste mes ás 18.00 horas ao lado da escola, no paseo da Ribeira (en caso de mal tempo serán no CENIMA). Polo medio temos actividades coma a deste próximo venres, na biblioteca municipal, “lettering: debuxar letras”, para a que é necesario anotarse no teléfono 982.140.675, “unha actividade moi bonita para todos aqueles nen@s aos que lles guste facer caligrafías bonitas”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen engade: “a continuación será a poetisa local Natalia Alonso a que nos dea Advertencias para un...

leer más
Etiquetas:
07/05/2024

Guía tu día comezou este ano a facer visitas guiadas polo Monumento Natural da praia das Catedrais para poñer en valor este conxunto de arcos rochosos sito no concello de Ribadeo. 

Esta actividade iniciouse o pasado mes de abril e tralo éxito volve en maio. "Unhas visitas ideais para realizar nesta época xa que o areal está máis tranquilo e aínda se pode acceder con mascotas. Están abertas a todo o mundo", comenta a guía. 

Todas elas terán lugar pola mañá coincidindo co horario de baixamar e cunha duración de hora e media. O xoves 9 de maio será ás 11 horas, o venres 10 ás 11:30 horas e o sábado 11 ás 12 horas. 

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 654 99 68 57.

07/05/2024

O Concello de Barreiros presenta as súas actividades para o mes das letras. A programación de maio comeza este sábado, día 11, coa obra de teatro “Trepa, Tripa e Tropa”, do grupo O Centiño. Será ás 19horas no Centro Sociocultural de San Cosme.

A fin de semana do 17 de maio haberá un obradoiro de ilustración para crianzas; o Concerto das Letras Galegas das agrupacións barreirenses (Coro Airiños do Mar e O Arco da Vella Infantil); unha xornada formativa sobre a velutina e o Mercadiño na Primavera.

No domingo 26 volverá o recital poético musical “Versos na Baixamar”, no que tamén actuará a orquestra infantil do Sinfónico no Rural, na que participan nenos e nenas de Barreiros.

E o peche do mes será cun concerto didáctico dirixido aos centros de ensino que levará a cabo a Escola de Música de...

leer más
Etiquetas:
06/05/2024

A terceira edición do mercado “Aos pés de Cornería” celebrarase na parroquia focega de Vilaronte este domingo, 12 de maio, desde as 10 da mañá. Estaba previsto para o pasado día 5, pero aprazouse debido ás adversas condicións meteorolóxicas.

“Baixo o nome poético de Aos pés de Corneria, coa imaxe de durmir debaixo deste monte mítico da zona de etimoloxía anglosaxona e portador de diversas lendas, celebrase por terceira vez o mercado de proximidade en Vilaronte (concello de Foz) organizado pola Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte. O mercado ten como propósito visibilizar aos produtores, artesáns, iniciativas culturais da comarca, aos autónomos da zona, a arte da vecindade, e dinamizar a parroquia de Vilaronte cargada de historia que comeza a sufrir os efectos da despoboación e concienciar no consumo próximo. É pois o centro de...

leer más
06/05/2024

O pavillón de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, a I Xuntanza Espallando Letras, organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela, e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal.

Ademais haberá racións de pan, touciño, chourizo e bebida, a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello. A alcaldesa quixo darlle os parabéns tanto ás Espalladoras...

leer más
Etiquetas:
04/05/2024

A localidade de Goios, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra da Ascensión os día 10 e 11 de maio.

O venres 10 haberá churrascada veciñal e verbena con DJ Pedro Bermúdez e Disco Bombardero.

E o sábado 11 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne no campo de festa e despois sesión vermú amenizada pola orquestra La Florida Band e Disco Bombardero, que tamén actuarán na verbena.

Etiquetas:
04/05/2024

Muras prepara a VIII Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 25 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento presentouse este mediodía nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez e a concelleira de Cultura Cristina Franco, xunto á artesá Iria Pigueiras e á fotógrafa Mayder Pumiñariño.

A responsable de Cultura de Muras detallou o programa desta nova edición da Romaxe que describiu como “unha festa da artesanía e da cultura galega, que demostra o potencial da tradición como fonte de inspiración e de coñecemento para o presente e o futuro” e destacou “a aposta por unha programación para público novo e familiar, na que persoas de todas as idades atopen algo do seu interese”. Nesa...

leer más
03/05/2024

A asociación de veciños O Torqués, de Marzán (Foz), organiza unha viaxe a Ponferrada para o 11 de maio, sábado. A saída será ás 08:00 horas.

As prazas son limitadas e o prazo para retirar o ticket para participar remata o 6 de maio.

O socios do colectivo organizador deben pagar 35 euros e o prezo para as persoas que non pertencen á asociación é de 40 euros. Inclúe a viaxe de ida e volta de Foz a Ponferrada en autobús, visita ao castelo dos templarios, comida no restaurante La Taberna e entradas aos museos do Bierzo e da radio.

Etiquetas:
03/05/2024

A Festa da Enfariñada cumpre a súa quinta edición este domingo, 5 de maio, con diferentes actividades e un mercado de produtos locais que comezarán ás 12:00 horas na praza do Concello. Haberá tamén actuacións do Cuarteto Tradicional Xaramolos, de Rebeldía e de Breo.

O alcalde, Rubén García, explica que este evento é “unha homenaxe a un prato típico de Trabada como é a enfariñada, con veciños e veciñas que a cociñarán, degustacións, música tradicional e un mercado de produtos de proximidade”.

02/05/2024

O Concello de Viveiro anuncia a programación para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas 2024, dedicado a Luísa Villalta, que se estenderá ao longo de todo o mes de maio.

A alcaldesa, María Loureiro, destacou "a importancia de reivindicar a figura de Luisa Villalta, unha muller que foi poeta, novelista, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga, violinista e moito máis".

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo poñer en valor "a ampla programación en torno a esta data tan sinalada que temos este ano en Viveiro, con actividades de todo tipo".

A programación comezará este sábado, día 4 de maio, coa representación da obra teatral 'O lapis do Martín', de Sarabela Teatro, ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal. Seguirá o día 14 coa...

leer más