Eventos

14/05/2024

O Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións, programa unha serie de actividades culturais para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano están dedicadas á escritora Luísa Villalta.

O programa foi presentado pola rexedora, Dolores García Caramés, e por representantes de Airiños do Xunco, Cordenaia, As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román, que organizan varias das actividades previstas, coa colaboración da Administración local.

A primeira das citas terá lugar o xoves, 16 de maio na Casa da Cultura. Será unha actuación infantil a cargo de Cristina Collazo baixo o título “Procúrase Pepa a Loba”. Na Casa da Cultura, ás 19:30 horas.

Xa o propio Día das Letras Galega, o venres, 17 de maio, ás 12:00 horas, na Praza do Souto, terá lugar unha particular...

leer más
14/05/2024

O documental titulado “Luísa Villalta. A rebelión da palabra” será presentado no Teatro de Ribadeo este sábado, 18 de maio, ás 20:30 horas.

É una actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, que anuncia: “o sábado 18 de maio imos ter un acto no Teatro para conmemorarmos o Día das Letras Galegas. Imos presentar, da man dunha das súas guionistas, a ribadense Alba López Álvarez, o documental "Luisa Villalta. A rebelión da palabra".

 

13/05/2024

O Concello de Foz celebra o Día das Letras Galegas cunha programación cultural chea de actividades. “Queremos que calquera día sexa o día das nosas letras, pero o día 17 de maio é especial para calquera namorado da nosa fermosa lingua”, destaca o alcalde, Fran Cajoto.

O pasado venres, día 10, o obradoiro para crear letras tivo unha gran aceptación xa que se cubriron todas as prazas. “Os nenos desfrutaron dunha actividade que non só lles ensinou de caligrafía senón tamén a mestura das cores ou o uso de pinceis para escribir”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

Este martes 14 a xornada está dedicada aos colexios, na que se realizarán sesións de teatro para os mesmos, na Casa da Cultura, en varias quendas. A obra, da compañía Trémola Teatro, abunda na vida da homenaxeada neste día das nosas letras,...

leer más
12/05/2024

A Asociación Saúde Mental A Mariña celebrará o seu vixésimo quinto aniversario cunha cea baile solidaria que terá lugar na Praza dos Campos, de San Cibrao (Cervo), o día 18 de maio, sábado, ás 21:30 horas.

As entradas poden mercarse ata o día 13, luns. O prezo é de 35 euros, pero o menores de 12 anos só teñen que pagar 15 euros polo menú infantil. Tamén hai unha Fila 0 para as persoas que non poidan acudir e desexen facer a súa achega.

O evento estará amenizado polo trío Tapyoka e haberá sorteos e sorpresas.

As persoas interesadas en calquera consulta sobre este actividade poden contactar coa organización a través dos teléfonos 982.55.76.92, 982.25.75.06 ou 659. 95.27.21.

Etiquetas:
12/05/2024

O próximo sábado, 18 de maio, Burela acolle un rastrillo de segunda man de 10.00 a 18.00 horas na praza da Mariña.

Aquelas persoas que desexen participar, poden reservar un espazo no rastrillo ata o día 16 de maio no e-mail cultura@burela.org ou de xeito presencial no mostrador de información do Concello.

O rastrillo está organizado polo Concello e Burela.

Etiquetas:
11/05/2024

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024, cunha proposta de actividades que se estenderá durante unha semana. 

“Entre as actividades, destaca o buzón de intercambios de lectura, que instalaremos no parque Rosalía de Castro, unha iniciativa que anima a compartir os nosos libros cos veciños e veciñas”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela. 

Na tarde de onte, venres 10, celebrouse o primeiro evento do programa, cun concerto da Escola de Música no Hospital. Hoxe, sábado 11, actuarán as voces e arpas ‘Luvavai’ ás 20.00. 

O domingo 12, o Auditorio Municipal de Burela recibe ás 20.00 o 32º Festival das Letras Galegas, coa actuación da Coral Parroquial de Landrove (Viveiro), a Coral Polifónica de Cariño e a Coral Polifónica de Burela. 

... leer más
Etiquetas:
10/05/2024

A Asociación Cívico Cultural Obispo Santo organiza a tradicional romaría focega do mesmo nome, que ten 385 anos de historia e celebrarase os días 12, 17, 18 e 19 de maio.

As actividades empezarán este domingo, día 12 de maio, ás 17:00 horas, cando se fará o traslado da imaxe de San Gonzalo dende a basílica de San Martiño ata a ermida do alto da Grela, acompañado polo grupo de gaitas A Subela. Posteriormente haberá unha charla a cargo do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios.

O venres 17 de maio haberá sesión vermú a cargo de Tania Veiras, que tamén actuará na verbena co grupo La Última Legión.

O sábado 18 ás 13:30 horas celebrarase a misa, seguida de sesión vermú coa orquestra Principal. A continuación animará a romaría a banda de gaitas Dambara, de Burela; para as 18:30...

leer más
10/05/2024

Este sábado, 11 de maio, no Conservatorio de Música de Viveiro terá lugar a Foliada do Maio, actividade organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira.

Ás 19:30 horas dará comezo un obradoiro de baile impartido por Ramón do Serrador e ás 21:00 horas será o inicio da foliada, na que actuarán os grupos Bágoas da terra, Saíñas, O son do sor, Cordenaia, As Ferriñas e Espera que vou mexar.

Está é a primeira actividade organizada pola nova directiva do Colectivo Pensamento e Sementeira, que se fixo cargo do mesmo recentemente para revitalizalo.

09/05/2024

O Concello de Ribadeo programa actividades para celebrar o centenario da morte do poeta ribadense-uruguaio El Viejo Pancho, que naceu un día 7 de maio e faleceu un 28 de xullo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “é un programa preparado por persoas de Uruguai e Galicia, co respaldo de ambos gobernos. Este conmemoración xa comezou coa exposición 100 anos sen El Viejo Pancho, preparada polo alumnado e profesorado do obradoiro e que podemos ver na Sala do Campo. Pode ser visitada por todos aqueles que o desexen pero ademais o alumnado de Ribadeo, desde educación infantil ata secundaria, gozará cos traballos manuais, as xincanas, os percorridos pola vila, as creacións literarias e incluso vídeos de TikTok preparados para cada grupo de idade. Os centros escolares recibirán tamén unha unidade didáctica para...

leer más
09/05/2024

O Concello de Barreiros celebra una nova edición dos seus mercadiños estacionais. Será na Praza do Concello e o horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.

Neste caso o Mercadiño na Primavera achegará ata a Praza do Concello produtos de calidade e proximidade en máis de 30 postos que encherán a praza de vida acompañados de actividades durante todo o día. Aos postos, que van desde alimentación a artesanía ou ornamentación, acompañaranos diferentes actividades e actuacións en directo durante a xornada.

O horario previsto para as mesmas é o seguinte:

Ás 12:30 horas actuación do grupo Os Mustélidos, que interpreta versións de temas coñecidos. Á mesma hora comezarán degustacións, de balde ata rematar existencia, tanto de minihamburguesas de Porco Celta, a cargo das ganderías Celtagal...

leer más