Deportes
A asociación Os Sendeiros de Foz comeza os Andareiros de Verán o 9 de xullo cunha ruta ao Pico da Lebre, en Foz.
A saída será ás 9:00 horas diante do Concello.
As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 670 369 017 e 606 718 482 ou en ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 4€ para os non federados e a actividade é de balde para os federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
O Concello de Cervo abrirá este venres, 1 de xullo, a piscina de Río Cobo.
Así o anunciaron o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado pola tenente-alcalde, Dolores García Caramés e polo edil de Deportes, David Rodríguez, supervisou os traballos de mantemento e acondicionamento que se levaron a cabo durante estes meses pasados para que a veciñanza poida desfrutar dela neste verán.
Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo incrementa a súa oferta de ocio de cara a unha tempada estival “con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten”.
A instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas.
Os traballos de acondicionamento da piscina veñen sumarse...
leer másO 9 de xullo celebrarase o I Día da Bicicleta no Valadouro. Será unha ruta de 14 quilómetros. Desde o Concello sinalan: “lembrámosvos a celebración o 9 de xullo do I Día da Bicicleta, que organiza a Delegación de Deportes do Concello do Valadouro dirixida polo concelleiro Eliseo Teijeiro”. E engaden: “trátase dunha actividade de lecer para disfrutar con toda a familia e amigos, que consistirá nunha ruta sinxela de 14 quilómetros con avituallamento e sorteos de lotes de produtos entre todos os participantes”.
A inscrición de balde pódese efectuar nas oficinas da Casa da Cultura ata o 2 de xullo de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A retirada de camisetas e dorsais será o mesmo día 9 de xullo a partir das 16:00 horas no Local Social do Parque Concepción Arenal.
A piscina municipal abre as súas portas desde día 1 de xullo e ata o 31 de agosto con entrada de balde e en horario de 12:00 a 20:00 horas, cunhas instalacións remozadas e con dous vasos (un de xuvenil e adultos e outro de infantil).
Tamén o ximnasio municipal modifica os seus horarios de cara ó verán para poder disfrutar do bo tempo e abrindo as súas portas de luns a venres de 19:00 a 23:00 horas e os martes e os venres de 10:00 a 13:00 horas.
Uns prezos económicos para poder disfrutar del por 10,00€/mes individual, e 9,00€/mes máis por cada familiar que forme parte do bono e se se decide ir por días soltos, 2,00€/día.
Para obter máis información ou para facerse socio hai que poñerse en contacto coas oficinas municipais no 982574000 de 9:00h. a 14:00h. de luns a venres e para cuestións...
leer másA deputada Mónica Freire participou este mediodía na presentación da novena edición da Subida á Pontenova, que se disputará a vindeira fin de semana nas estradas do concello, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 7.000 euros á organización do evento, a cargo da Escudería APontenova.
A proba, que puntúa para o Campionato Galego de Montaña, conta con 4.8 quilómetros de percorrido pola estrada LU-P-4803, que sae desde a zona do Camiño da Feira da Pontenova cara a Augaxosa (Riotorto). O trazado pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte para facilitar a afeccionados e afeccionadas o desprazamento polo percorrido.
A Praza dos...
leer másDesde a organización animan á participación: “non dubides en apuntarte e crear un equipo cos teus amigos para pasalo ben co mellor deporte. Haberá premios en metálico para os gañadores”. E haberá trofeos para os máximos goleadores, para os mellores porteiros e para o xogador máis veterán.
Os partidos serán no Campo Boavista Folgueiro.
Os eventos están organizados pola Unión Deportiva Folgueira e colaboran o Concello do Vicedo e a Deputación de Lugo.
O Concello de Cervo volverá acoller o campus de baloncesto EntreNos, entre o 26 de xuño e o 2 de xullo.
O pavillón da Veiga, que é o escenario no que se desenvolverá a actividade deportiva, acolleu a presentación da IV edición, da man do rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.
O Campus, en réxime interno, está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).
O equipo técnico estará formado por Cristino Menor, Nacho Mota, Zaida Iglesias , Juanma López , Merche, Javier Cal, Gonzalo Faya e Juan Carlos Paz.
Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket,...
leer másO Concello de Cervo acollerá esta fin de semana o Campionato Galego Alevín de Natación que se celebrará na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, David Rodríguez, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras.
No campionato, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Cervo, participarán uns 200 nadadores, pertencentes a 24 clubs galegos.
O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller unha competición deste nivel, que supón un escaparate de primeira orde, xa que prevemos que preto de 1000 persoas visitarán o noso municipio ao longo de toda a...
leer másLos días 23 y 24 de julio, en A Pontenova, se celebrará una prueba del Campeonato de España de Carrilanas F.D.I.
El 23 de julio, en el parque cerrado, tendrán lugar las verificaciones y dará comienzo la prueba. Además se celebrará una ruta barítima mágica, la cena y actuaciones musicales.
El 24 de julio tendrá lugar la prueba, y posteriormente se procederá a la entrega de premios y habrá una sesión vermú. A las 20:00 horas, en la Casa de la Cultura, se celebrará una gala de magia con las actuaciones de Mago Joel (ganador de Got Talent Magic España, Samuel Moreno (semifinalista de Got Talent España) y Roberto Lolo.
Organiza este evento Motoreo de A Pontenova con la colaboración de la Federación Española de Deportes de Inercia, Concello de A Pontenova y Diputación de Lugo.
No Concello de Burela tivo lugar a presentación do Memorial “Heroes do Orzán” Rodrigo Maseda Lozano. O torneo de Fútbol Sala Base organizado pola Fundación Imdecum en recordo do policía burelao Rodrigo Maseda Lozano e dos seus compañeiros Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez finados en 2012 na praia coruñesa do Orzán tentando rescatar a Tomas Velicky que tamén faleceu no mar coruñés.
Na presentación, xunto ao presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna Almarza e o director técnico do Memorial, Alfonso Mera Río, participaron o alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, o Inspector Xefe Accidental da Comisaría Local do Corpo Nacional de Policía de Viveiro, o concelleiro de Deportes de Cervo, David Rodríguez Pernas, en representación da Cruz Vermella Sonia Fraga...
leer más