Deportes
Esta mañá tivo lugar no Concello de Barreiros a presentación do “Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2022”. Ao acto acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Daniel García; o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e membros das directivas dos equipos locais que colaboran co evento cedendo as súas instalacións.
O campus está dirixido a crianzas de 4 a 16 anos do municipio ou de fóra del que poderán mellorar a súa formación futbolísticas empregando metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Todo acompañado de aprendizaxes referentes á educación integral, aos valores de compañeirismo e superación.
O campus chega a Barreiros na semana do 1 ao 5 de agosto. Do 1 ao 3 no campo de As Valgas e do 4 ao 5 no campo O...
leer másO salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XVI Torneo Internacional de Veteranos que se celebrará os días 28 e 29 de maio. No evento, que organiza a Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC, participan 52 equipos chegados desde Bélxica, Reino Unido, Portugal e diferentes puntos do Estado. Son máis de 1.000 persoas as que de venres a domingo encherán os hoteis e os restaurantes de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “é unha honra para nós, para o Concello de Ribadeo, presentar unha edición máis, a décimo sexta, deste Torneo de Veteranos que organiza esta marabillosa Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC, que sempre intenta bater récords de participación. Desde logo dise moi axiña que conta con 52 equipos de diferentes lugares de Galicia, do Estado e da Unión Europea: de Portugal, de Bélxica, do...
leer másO Pavillón da Veiga acollerá o VI Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” este próximo sábado 28 de maio.
O edil de Deportes, David Rodríguez, visitou ao alumnado e aos monitores desta disciplina que forma parte da oferta deportiva das Escolas Deportivas Municipais para presentar a competición “que pon punto e final a un curso excepcional” no que contamos coa participación de medio cento de mozos e mozas –sen ter en conta a categoría sénior que se integrou no C.D. San Ciprián e que sumou uns trinta rapaces/as máis-.
O edil aproveitou para felicitar ao equipo humano que dirixe os adestramentos que “son parte importante do éxito que tivo esta disciplina”, e que souberon contaxiar a súa paixón por este deporte aos/ás máis novos/as; sen dúbida é unha gran nova para Cervo -engadiu- “que o deporte, en calquera das súas...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta circular polo monte Rebollín, en Salas (Asturias), o día 12 de xuño.
A saída será ás 7:00 horas de Foz e ás 7:15 h. de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 8 de xuño nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 37 euros para os federados, 41 para os socios non federados e 45 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
As escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo ofertan un total de 91 prazas en catro modalidades: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. O prazo de inscrición estará aberto do 24 ao 31 de maio. En caso de haber máis demanda que prazas ofertadas o acceso será por sorteo, que tería lugar o 2 de xuño. As escolas foron presentadas hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
O edil ribadense dixo que “outro ano máis convocamos as Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo. Hai catro especialidades: pesca deportiva, surf, piragüismo e vela. En total son 91 prazas e a matrícula estará aberta do 24 ao 31 de maio. O prezo da matrícula son 40 euros. Se en calquera desas especialidades hai máis solicitudes que prazas sortearanse o día 2 de xuño”. E engadiu que “as escolas...
leer másOs días 21 e 22 de maio disputarase en Ribadeo o XIII Torneo Infantil da SD Ribadeo, que reunirá a 400 nenos de 21 equipos de Galicia, Asturias e Cantabria. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello. No acto interviñeron o xefe territorial de Deportes, Manuel Otero, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, o concelleiro de Deportes ribadense, Jorge Díaz, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e o técnico municipal de Deportes, Iván Rodríguez.
Manuel Otero tivo palabras de agradecemento para os equipos e clubs participantes e tamén para as firmas colaboradoras e para os patrocinadores: “en especial para o Concello de Ribadeo por esa forte aposta lúdico deportiva que desenvolve ao longo dos 365 días de cada ano. E noraboa á SD Ribadeo por converter un torneo, que xa é todo un referente non so no ámbito provincial e...
leer másEsta tarde presentouse en Foz unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas que se celebrarán en Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Lugo e Foz entre maio e setembro.
A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piraguismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas.
Un aliciente que os representantes dos clubs reunidos esta tarde en Foz -Jesús Fernández do Club de Piragüismo Urban Hotel Viveiro, Iván González do Club de Piraguismo San Ciprián, José Ángel Fernández do Club Altruán de Ribadeo, Nacho Romillo do Club Kayak de Foz e Domingo Fernández do Cidade de Lugo- coincidiron en sinalar...
leer másImdecum segue coa celebración das XI Xornadas Formativas para os alumnos do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
Este xoves, día 19 de maio, organiza unha xornada titulada Xadrez, primeiros pasos, que será impartida por Julio Delgado. A actividade terá lugar na aula de usos múltiples do IES Monte Castelo, a partires das 12:20 horas.
A Vicepresidencida da Deputación de Lugo, a través da súa Área de Deportes, colabora na organización deste evento.
Esta actividade propón un percorrido de 6 quilómetros con estacións de adestramento o próximo 29 de maio.
O Concello de Viveiro colabora na primeira edición de “Walkfit”, unha actividade de adestramento ao aire libre impulsada pola adestradora Lorena Díaz. A iniciativa celébrase o próximo domingo 29 de maio, ás 10:30, percorrendo a vila de Viveiro con diferentes exercicios.
“Walkfit” é un camiño de adestramento en grupo ao aire libre que combina ao longo do seu recorrido, estacións de adestramento dirixidas por adestradores profesionais.
Este tipo de experiencias de benestar desenvólvense nun contexto urbano, neste caso, no propio centro de Viveiro e a súa periferia. Polo tanto, a vila de Viveiro convértese no propio ximnasio.
A iniciativa propón deste modo...
leer más