Viveiro
O complexo cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, acolle a exposición Xoias Rurais, con pinturas de Marisa Walsh Iglesias. Esta mostra poderá visitarse ata o 11 de febreiro de 2023.
Corría o ano 1964 cando Marisa veu por primeira vez a Galicia para visitar á súa avoa e, en palabras súas, con tan só 15 anos de idade quedouse totalmente prendada do lugar. Marisa é de nai galega e pai británico.
Vivindo en Londres descubriu o seu amor pola arte ós “trintaetantos” e apuntouse entón a Escola de Artes Putney. En 2014 prexubilouse e veu vivir a Mañón (A Coruña). Mercou unha casa na aldea, onde era visitada a cotío polos cabalos e vacas da veciñanza. Foi así como comezou o seu romance coa vida no campo. Empezou un diario onde realizaba unha pintura por día. Algúns veciños pedíronlle que retratase os seus...
leer másCARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 11 DE DICIEMBRE
JUEVES 8
-Venus – 18:30 horas
-A todo tren 2 – 18:30 horas
-Mundo extraño – 18:30 horas
VIERNES 9
-Venus – 21:00h oras
-Historias para no contar – 21.00 horas
-La mujer rey – 21:00 horas
SÁBADO 10
-A todo tren – 19:30 horas
-Venus – 22:00 horas
-Mundo extraño – 19:30 horas
-Historias para no contar – 22: 00 horas
-Hopper, el polloliebre – 19:30 horas
-La mujer rey – 22:00 horas
DOMINGO 11
-Venus – 20:00h oras
-Historias para no contar – 20:00 horas
-La mujer rey – 20:00 horas
Na cidade do Landro xa se pode visitar o belén ‘Viveiro ante o berce’, no atrio da igrexa de Santa María. Este belén está considerado como un dos máis importantes de Galicia, tanto pola súa beleza e pola dimensión das pezas que o compoñen, como pola extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.
O acto de inauguración tivo lugar na xornada de onte, 5 de decembro, ao igual que o acendido da iluminación de Nadal.
CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 6 DE DICIEMBRE
VIERNES 2
-Venus – 21:30 horas
-A todo tren 2 – 21:30 horas
-La mujer rey – 21:30 horas
SÁBADO 3
-Venus – 19:30 y 22:00 horas
-A todo tren 2 – 19:30 y 22:00 horas
-Mundo extraño – 19:30 horas
-La mujer rey – 22:00 horas
DOMINGO 4
-Venus – 17:30 y 20:00 horas
-A todo tren 2 – 17:30 y 20:00 horas
-Mundo extraño – 17:30 horas
-La mujer rey – 20:00 horas
LUNES 5
-Venus – 21:30 horas
-A todo tren 2 – 21:30 horas
-La mujer rey – 21:30 horas
MARTES 6
-Venus – 17:30 y 20:00 horas
-A todo tren 2 – 17:30 y 20:00 horas
-Mundo extraño – 17:30 horas
-La mujer rey – 20:00 horas
A compañía Chévere chega o 3 de decembro a Viveiro con “As fillas bravas de Momán”. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. O elenco artístico está composto por: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar.
As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.
Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade frente á violencia machista e as desigualdades.
A reserva de entradas pode facerse no seguinte número de teléfono 982 56 01 62 ou...
leer másO Concello de Viveiro celebra este venres, día 2 de decembro, a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte, nun acto no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas que contará coa presenza do escritor Suso de Toro.
A gañadora desta edición é Irene Rega Jul, coa súa obra ‘Tecendo Redes’, e a novela finalista foi ‘As cartas do desarraigo’, de Francisco Vidal Blanco.
O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpre este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.
“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame, que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro
... leer másCARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 27 DE NOVIEMBRE
VIERNES 25
-Mundo extraño – 21:30 horas
-La mujer rey – 21:30 horas
-As Bestas – 21:30 horas
SÁBADO 26
-Mundo extraño – 18:00 y 20:30 horas
-La mujer rey – 18:30 y 20:30 horas
-Black Panther: wakanda forever – 18:00 horas
-As Bestas – 22:00 horas
DOMINGO 27
-Mundo extraño – 17:30 y 20:45 horas
-La mujer rey – 17:30 y 20:45 horas
-Black Panther: wakanda forever – 17:30 horas
-As Bestas – 20:45 horas
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha dende o este xoves 24 ata o sábado, 26 de novembro, a campaña “Black Friday, Os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Desde o CCH sinalan que “apostamos por reforzar esta campaña e ofrecerlles algo máis aos clientes, facilitando o servizo e farémolo poñendo gratis os envíos a toda a Mariña e Ortegal. Serán 41 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, textiles para o fogar, lencería, ópticas, moblerías, xoierías, xogueterías, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e servizos de masaxes, tendas de telefonía...
leer másContinente María, de Ainé Producións chega o sábado, 26 de novembro, ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A función dará comezo ás 20:30 horas.
Realizar un espectáculo sobre María Casares era algo que tanto o director Tito Asorey como a actriz Melania Cruz tiñan en mente desde hai máis dunha década. As circunstancias, tanto vitais como de produción, fixeron que deran o paso neste momento, no 100º aniversario do seu nacemento, sabedores de que sería óptimo para que fose recibida a súa proposta coa atención axeitada.
Esta montaxe pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, achegándoa ao público, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade.
...
leer másO grupo de Teatro Andanzas de Viveiro representará o 3 de decembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Burela a obra "Baile de Huesos" de Elena Belmonte, autora que obtivo o Premio Lázaro Carreter de Literatura Dramática 2010 con esta obra.
Trátase dunha comedia dramática e tenra á vez que apela á emoción e á esperanza, cuxo obxecto final é unha invitación á reflexión sobre os valores da nosa existencia. É a historia de catro personaxes que viven de costas aos seus soños e á súa realidade, esmagados por unha montaña de frustracións, detidos nun espazo-tempo baleiro e que esperan a chegada da morte, mentres discuten nunha situación inevitable como persoas que desexan vivir ou que desexan morrer. Cando chega a morte, resulta ser unha personaxe á que lle encanta a vida, é moi diferente ao que supoñemos e resulta ser afable e cordial e ata...
leer más